Calendario
Info da proba

Valdoviño

23/09/2018 11:15 - 12:45
Regulamento VII Milla Urbana – Concello de Valdoviño
REGULAMENTO
1.-ORGANIZACIÓN
Un ano máis o Concello de Valdoviño organiza a VII Milla Urbana baixo o control técnico da
Federación Galega de Atletismo, a través da súa delegación en Ferrol.
É unha proba incluida no Calendario Oficial da FGA con distancia non homologada.
Este ano ademáis quérese darlle un carácter solidario polo que a recadación íntegra irá a
parar a Cáritas.
Terá lugar o 23 de setembro no Paseo da Lagoa, (Valdoviño) a partir das 11:00h
2.-PARTICIPANTES
A participación está aberta a todas as persoas federadas ou non indepentemente da súa
edade cunha clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da
Federación Galega de Atletismo.
Cada corredor participa baixo a súa responsabilidade e dispón dun nivel de condición física
suficiente para afrontar a proba.
3.-CATEGORÍAS
CATEGORÍAS NADOS/AS
Biberón 2011 e posteriores
Sub 10 2009-2010
Sub 12 2007-2008
Sub 14 2005 -2006
Sub 16 2003 -2004
Sub 18 2001-2002
Sub 20 1999-2000
Sub 23 1996-1998
Senior 1984 - 1995
Máster 1 1978 – 1983
Máster 2 1969 – 1977
Máster 3 1959– 1968
Máster 4 1958 e anteriores
4.-LUGAR, HORA DE SAÍDA E PROBA
O percorrido será ao longo do paseo da lagoa nun circuito de ida e volta de iguais dimensións
sobre o que iranse cubrindo as distancias de cada unha das categorías. O lugar de saída será enfrente
a caseta de socorrismo no parque da praia da Frouxeira.
CATEGORIAS SEXO HORA DISTANCIA
Sub 10 Mulleres 11:10 500m
Sub 10 Homes 11:20 500m
Sub 12 Mulleres/Homes 11:30 800m
Sub 14 Mulleres/Homes 11:40 1000m
Sub 16/Sub 18 Mulleres/Homes 11:50 1609m
Sub 20/Sub 23/Sen/M 1 Mulleres/Homes 12:00 1609m
M 2/M 3/M 4 Mulleres/Homes 12:10 1609m
Biberóns Mulleres/Homes 12:30 100m
5.-INSCRICIÓNS
As inscricións faranse a través da páxina www.carreirasgalegas.com, remantando o prazo ás
23:59 horas do xoves 20 de setembro ou de xeito presencial no servicio de deportes do Concello en
horario de mañán. Non poderán tramitarse incricións o mesmo día da proba.
A inscrición terá un custo de 3€ para as categorías Sub 20, Sub 23, Senior e Máster e será
gratuita para o resto de categorías. O importe íntegro da recadación irá destinado a Cáritas.
Así mesmo dentro da propia páxina web, será posible, colaborar con:
- Dorsal 0: Para todas aquelas persoas que desexen colaborar, e que non poden participar na carreira.
- Donativo: Todas aquelas persoas participantes na proba que desexen realizar un donativo a Cáritas,
poderán facelo dentro da propia inscrición da carreira.
6.-RETIRADA DE DORSAIS
A retirada de dorsais será o mesmo día da proba na caseta de socorrismo ata media hora antes de
cada proba. O dorsal estará situado no peito e terá que ser visible ao longo de toda a proba.
7.-SERVIZOS
A organización dispondrá a asistencia sanitaria con ambulancia. Ó finalizar cada carreira
haberá servicio de avituallamento para cada participante. A proba conta cun seguro de
Responsabilidade Civil e un seguro de accidentes deportivos para os participantes.
8.-TROFEOS E PREMIOS
Os premios serán repartidos da seguinte maneira:
- Medallas conmemorativas para todos/as na categoría Biberón.
- Medallas para aos/ás 1º, 2º e 3º clasificados/as en cada categoría tanto en masculinos como
femeninos dende Sub 10 ata Máster 4.
- Trofeo ao gañador e a gañadora absoluta da proba, así como ao atleta mais xove e ao máis veterán.
9.-VEHÍCULOS
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización. Nin
bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar
ritmos ós participantes.
10.-RETIRADAS E DESCALIFICACIÓNS
Todo corredor/a que non entre na liña de meta co dorsal ben visible colocado na zona do
peito ou que incumpla as normas establecidas no regulamento da Federación Galega de Atletismo
e da RFEA referente a probas en ruta, poderá ser descalificado.
O servizo médico da competición está facultado para retirar da carreira a calquer atleta que
manifeste un mal estado físico.
As reclamacións ós resultados oficiais, deberán formularse verbalmente ó Xuíz Arbitro da
Competición non mais tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos
Todo o non previsto no presente regulamento resolverase de acordo co regulamento da FGA,
RFEA e IAAF en vigor.
11.-OUTRAS DISPOSICIÓNS
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización; nin bicicletas, patíns
ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos aos participantes.
ASISTENCIA MÉDICA: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de saída/meta. Os
servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar da carreira a calquera participante
que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e accidentes
deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da
proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecimiento latente, imprudencia ou inobservancia das
leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao
lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a
continuación se expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación
no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados
e demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á
organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída na carreira,
aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir alguna situación non prevista no
mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador e polas normas da FGA, RFEA e IAAF en
vigor.
LOPD: Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións,
medios de comunicación e/ou internet.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da FGA e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente
que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros
obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licencia de día de ranking popular e probas de
ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus
dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega
de Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008 A Coruña.