Calendario
Ver carrera

Zas

10/02/2019 9:00 - 14:00

[ Go Back ]

Descripción III TRAIL DA FILLOA DE ZAS
10 de febreiro. Praza do concello de Zas.
9:15 H. TRAIL LONGO 29K 1450 m+ aproximados
10:00 TRAIL CURTO 17K 700 m+ aproximados.
10:10 ANDAINA 10K 300 m+ aproximados.
Apertura de inscripcións 24 de decembro 2018 en www.galitiming.com
Mas info en facebook: @traildafilloazas ou en www.galitiming.com
E como non, Filloas da pedra de zas!!!

1. LUGAR, DATA E HORA:
Zas de Carreira ( A Coruña) Praza do Concello de Zas
Domingo, 10 de Febreiro do 2019
Trail Longo: saída ás 9:15 horas
Trail Curto: Saída ás 10:00 horas
Andaina: Saída ás 10:10 horas
2. A PROBA:
Proba NON competitiva con saída e chegada no pobo de Zas de Carreira. Realizarase un percorrido polos montes da zona. Sendo o ascenso ó monte Brondo o centro da proba. Pasaremos por varias ribeiras de ríos, carballeiras, soutos , etc. Descubriremos unas das carballeiras máis bonitas e descoñecidas da zona.
O ascenso a Pico de Meda e ó monte Brondo polos cortalumes con gran desnivel e moi técnicos, serán momentos que os corredores recordarán. Chegaremos ós dous picos onde as vistas son espectaculares.
Para rematar pasaremos polos irmáns pequenos do monte Brondo, o monte Pión e o monte Castro. E así chegar de novo a Zas
Non o dubidedes. Apuntadevos ó noso trail que seguro que repetiredes para o ano. Hai dous percorridos:
TRAIL LARGO 28 KM. 1450 m+ (aproximados)
TRAIL CURTO 17 KM . 700 m+ (aproximados)
ANDAINA de 10 kms (Aproximados)
O mal tempo non será impedimento para a celebración da carreira. A organización poderá interrumpir a proba en calquer punto se considera que poda haber serio perigo para a integridade física dos corredores, ou en casos de forza maior.
3. CATEGORÍAS:
ABSOLUTA
SENIOR: participantes ata 40 anos no 1 de xaneiro do 2019
VETERANOS: participantes de 40 anos para adiante no 1 de xaneiro do 2019
Os participantes teñen que ter cumpridos os 16 anos para participar no trail Curto, e ter cumpridos 18 anos para participar no trail Longo.

Na andaina poden participar menores de idade sempre acompañados dun adulto.
Os menores de idade que queiran participara no trail ou na andaina deberán entregar unha autorización firmada polos pais ou titores.
4. INSCRICIÓNS:
Na web www.galitiming.com
5. DORSALES:
Podense recoller o sábado 9 de febreiro de 19:00 h a 22:00h no restaurante Tivoli. (opción recomendada pola organización).
Tamen se poden recoller o domingo 10 de febreiro no edificio do Concello de Zas unha hora antes da Saida de cada proba.
Será obrigatorio a presentación do Dni para retirar dito dorsal.
6. PREZO:
TRAIL CURTO
Ata o 1 de Febreiro do 2019 ás 00:00 horas: 12 Euros
A partir do 1 de Febreiro do 2019 ata o 6 de Febreiro ás 24:00 horas: 15 Euros
TRAIL LONGO
Ata o 1 de Febreiro do 2019 ás 00:00 horas : 15 Euros
A partir do 1 de Febreiro do 2019 ata o 6 de Febreiro ás 24:00 horas: 18 Euros.
Disporanse de ata 500 prazas entre as duas probas.
ANDAINA
Ata o 1 de Febreiro do 2019 ás 00:00 horas: 8 Euros
A partir do 1 de Febreiro do 2019 ata o 6 de Febreiro ás 24:00 horas: 10 Euros
Disporanse de ata 200 prazas.
Ata o 3 de febreiro podérase anular a inscripción tendo dereito á devolución da mesma (gastos de devolución: 3 Euros). A partir do 3 de febreiro non se poderá anular a inscripción.
Todos os participantes contarán con seguro de accidentes durante a proba. A inscripción da dereito a participar na proba, seguros, avituallamentos, gardarroupa, duchas, obsequios e pinchos ofrecidos pola organización.
O Concello de Zas pon a disposición dos corredores un servicio de duchas no Pabellón Deportivo Municipal de Zas e no campo de futbol San Andrés.
A organización disporá de tres zonas de aparcamento, no parking do pabellón deportivo, no parking do campo de futbol e no parking da casa da cultura.
7. SINALIZACIÓN E CONTROIS:
O percorrido estará sinalado con cinta de balizar e sinais, sendo obrigatorio o paso polos control establecido no Pico de Montebrondo e no Pico de Meda
8. RETIRADAS:
A carreira longa contará con un punto de corte no kilómetro 16. Os corredores que superen as 3 horas e media en dito punto, deberán abandoar a proba, ou pasar á proba curta. Así mesmo os Corredores Escoba teñen a potestade para retirar da proba a calquera corredor se o seu estado de saude así o aconsella.
9. AVITUALLAMIENTOS:
Primeiro avituallamento líquido e sólido
Trail curto e longo no km 6
Segundo avituallamento sólido e líquido
Trail curto e longo no km 12
Terceiro avituallamento sólido e líquido
Trail longo no km 19
Cuarto avituallamento sólido e líquido
Trail longo no km 25
Avituallamento final líquido e sólido na Praza do Concello.
Haberá Filloas á Pedra de Zas acompañadas de caldo e chourizos no Pabellón Polideportivo. Os acompañantes podrán disfrutar deste avituallamento final por un prezo de 3 Euros.
Os avituallamentos encontranse en lugares visibles e señalizados. En ningún dos avituallamentos se disporá de vasos de plástico, polo que todo corredor terá que levar sistema de hidratación propio. A organización entregará na bolsa de corredor un vaso plegable a cada corredor.
Disporase de contenedores para residuos orgánicos e envoltorios de plástico. Non existirá ningún punto para depositar basura pasado o control de avituallamento. Está prohibido o avitullamento e a axuda externa durante o desarrollo da carreira de calquer persona, non participante. Así mesmo está prohibido sair da zona de avituallamento con calquer tipo de envase ou envoltorio
10. SERVICIO SANITARIO:
Haberá persoal médico-sanitario con potestade para retirar o dorsal a calquer corredor cando considere que a sua saude está en perigo.
11. TROFEOS:
Entregaranse os seguintes trofeos:
Ós tres primeiros clasificadas/os da categoría absoluta, tanto femenino coma masculino.
Ó máis veterana/o.
Ó primeira/o, tanto femenino como masculino, do Concello de Zas (necesario estar empadroada/o)
Os tres primeiros clasificadas/os da categoría Senior e categoría Veteranos recibirán unha medalla conmemorativa, tanto femenino coma masculino.
NOTA: Os postos non son acumulativos. A entrega de trofeos realizarase no Pabellón Deportivo de Zas unha vez finalizada a proba. O non estar presente na mesma, anularáse o dereito a recibir os mesmos.
12. DESCALIFICACIÓN:
Será descalificado todo o corredor que non cumpra o presente regulamento,non complete a totalidade do percorrido, deteriore ou emporque o entorno, non leve o seu dorsal ben visible ou desatenda as indicaciós da organización
13. PARTICIPANTES:
Para participar na proba cada deportista deberá levar o dorsal no peito de forma visible para facilitar o labor de control da proba. Así mesmo facilitarase un chip para control de tempos que deberá colocarse correctamente na zapatilla. Se non se coloca correctamente é posible que apareza reflexado nos postos finais, non admitíndose reclamación algunha ó respecto.
Tódolos participantes están obrigados a auxiliar ós accidentados e a respetar as normas de circulación nos cruces e estradas.
É aconsellable utilizar roupa e calzado adecuado para carreiras de montaña, autorizándose a utilización de bastóns. De elexir levar bastóns , éstos deberan ser portados durante toda a proba, non podendo desprenderse deles durante todo o percorrido.
Os participantes corren baixo a sua responsabilidade. Sobre eles recae a decisión da salida e realización da carreira. É responsabilidade de cada participante estar fisicamente preparado para realizar a proba. Os participantes eximen á organización das reclamacións ou demandas basadas en supostas accións ou non acción dos participantes u outros que actuen ó seu favor, así como das demandas resultantes dos danos que poidan sucederlles a eles como ó seus materiais.
Os participantes deberan firmar os documentos que se requiran para evidenciar máis claramente este apartado do reglamento.
14. VOLUNTARIOS:
Prestarán asistencia e facilitaran información ós corredores un grupo de voluntarios claramente identificados, situados en cruces, avituallamentos e zoas perigosas.
15. SERVICIO DE GARDERIA
A organización pon a disposición dos participantes un servicio de gardería, totalmente gratuito, previa reserva de dito servicio.

16. A ORGANIZACIÓN:
Correrá a cargo do Concello de Zas e a A.D. Monte Brondo. Resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a sua suspensión en caso de condicións meteorolóxicas adversas
Os participantes exoneran á organización de toda responsabilidade en caso de accidente ou lesión.
O percorrido non estará pechado ó trafico polo que hai que respetar o código de circulación e extremar as precaucións ó cruzar calquera estrada ou ó chegar a un cruce.
A organización reservase os dereitos exclusivos sobre as imaxes, vídeo e información da proba, nas que poidan aparecer participantes, e para utilizar este material para a publicidade, relacións públicas ou outros fins xornalísticos ou promoción do evento. Calquera proxecto multimedia ou publicidade ten que ter o consentimento previo da organización. Para todo o non especificado no regulamento a Comisión Organizadora disporá unha solución o antes posible.
17. MODIFICACIÓNS DO REGULAMENTO
O regulamento pode ser modificado en calquer momento pola organización po previsión meteorolóxica ou por calquer tipo de circunstancia necesaria

[ Go Back ]