Calendario
Info da proba

Vigo

23/09/2018 10:00 - 11:00
Regulamento III CARREIRA DESAFÍO SANTANDER - ISLAS CÍES
Domingo 23 de setembro de 2018 – 10h – Praia do Vao
Organiza:
Asociación Aguas Abiertas de Galicia
Lodeco S.L.U.
Patrocina:
Banco Santander
Colabora:
Concello de Vigo
Secretaría Xeral para o deporte
Regulamento:
Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos
de axuda. A non observancia desta norma implicará a descalificación dos atletas
acompañados.
O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder
facer ningunha modificación nel.
Na proba absoluta será obligatoria a utilización do chip de cronometraxe suministrado
pola organización excepto para os propietarios de chip amarelo que poden utilizar o seu.
Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións. A
participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.
A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou
materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.
A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou
circunstancia non contemplada neste regulamento
Percorrido:
A saída e a meta serán na Praia do Vao e será de unha volta cunha distancia de 7 km
INSCRICIÓNS:
Prezo: 9€ Limitadas a 350 plazas
Inscricións on-line na páxina www.championchipnorte.com
Peche de inscricións o martes 18 de setembro.
.Para poder inscribirse serán obrigatorios os seguintes datos:
-DNI
- Nome
-Apelidos
-Data de nacemento
-Sexo
-Localidade
-Teléfono Móbil
-Correo electrónico
A organización reservarase o dereito de non inscribir a que non cubra correctamente os
datos requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na proba.
Categorías:
Estableceranse as seguintes categorías masculinas e femininas:
Categoría Absoluta
Categoría A……………..nad@s entre 1999 e 2002.
Categoría B……………..nad@s entre 1984 e 1998.
Categoría C……………..nad@s entre 1974 e 1983.
Categoría D……………..nad@s entre 1964 e 1973.
Categoría E……………..nad@s no 1963 e anteriores.
Entrega de dorsais e chips:
Praia do Vao
Sábado 22 de setembro de 16h a 20h
Domingo 23 de setembro de 8h a 9:45h
Premios:
-Trofeos para os tres primeiros/as de cada categoría
-Camiseta oficial da carreira , avituallamento final e desconto para comida ou merenda
na carpa habilitada para todos/as os/as atletas.
Información de interese para o atleta:
-Gardarroupa: todos aqueles que o desexen poderán facer uso do servizo gardarroupa
habilitado pola organización.
-Duchas: unha vez rematada a proba estarán a disposición dos atletas as duchas nas
instalacions do campo de fútbol de Coruxo.
-Información e resultados:
www.championchipnorte.com