Calendario
Info da proba

Rianxo

11/08/2018 21:30 - 23:30
Regulamento BASES ORGANIZATIVAS
III CARREIRA - ANDAINA NOCTURNA BENÉFICA
CASTELO DA LÚA
Artigo 1.
O Concello de Rianxo, Barbantia Roda e o Club Atletismo Rianxo organizan a “III
Carreira-Andaina nocturna benéfica “Castelo da Lúa”, o sábado 11 de agosto de 2018.
A proba organízase a beneficio da Asociación Benéfico Social Callejeros Barbanza,
que recibirá o 100% do recadado a través das inscricións.
Artigo 2.
Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha clasificación conxunta.
O control da carreira estará a cargo do Comité de xuíces da Federación Galega de
Atletismo.
Artigo 3. Categorías
Carreira
• Xoubas 2013-2014-2015. 3 saídas, agrupadas por ano de nacemento.
• Sardiñas 2011-2012.
• Benxamín (sub 10) 2009-201
Artigo 4. Distancias e horarios
Carreira
Categoría Distancia Horario Percorrido Nº voltas
Xoubas 100 m 21:30 h Amarelo – 100 m 1
Sardiñas 750 m 21:45 h Verde – 750 m 1
Benxamín 750 m 21:55 h Verde – 750 m 1
Alevín 1.500 m 22:05 h Verde – 750 m 2
Infantil 1.500 m 22:15 h Verde – 750 m 2
Cadete 6.500 m 22:30 h Vermello 1
Xuvenil/Júnior/
Promesa/Sénior
e Veteranos
6.500 m 22:30 h Vermello 1
Andaina
Categoría Distancia Horario Percorrido Nº voltas
Todas 4.500 m 22:30 h Branco 1
Artigo 5. Lugar de saída e percorrido
Saída e chegada
Praza Castelao
Establécense 3 percorridos, aos que se darán as voltas indicadas na táboa de distancias.
1. Percorrido amarelo: 100 m
2. Percorrido verde: 750 m
3. Percorrido vermello: 6.500 m
Artigo 6. Inscricións
Prazo
Carreira
Inscrición en liña, ata o xoves 9 de agosto de 2018 ás 24:00 h. Non se aceptarán
inscricións fóra de prazo ou con datos incompletos.
Andaina
Inscrición en liña, ata o xoves 9 de agosto de 2018 ás 24:00 h.
Presencial: na Praza Castelao ata 15 minutos antes do inicio da proba.
Enderezo web
emesports.es
Prezo
Carreira (obrigatorio facer a inscrición en liña)
• 5 € nas categorías xuvenil, júnior, promesa, sénior e veterano.
• Gratuíto para as categorías de xoubas a cadete.
Andaina
É obrigatorio inscribirse e retirar o dorsal para a andaina, agás as nenas e
nenos que xa participaran na carreira, que utilizarán mesmo dorsal.
• 5 € nados no 2000 e anteriores (inclúe o dorsal de adulto e os dorsais
precisos para as menores acompañantes que non participaran na
carreira).
• Gratuíto para os nados no 2001 e posteriores (acompañados dunha
persoa adulta con dorsal).
Os prezos de inscrición aprobaranse na Xunta de Goberno Local do Concello de Rianxo.
Dorsal solidario: doazón da cantidade desexada a través da pasarela de pago ata o 9 de
agosto de 2018 ás 24:00 h, ou na Praza Castelao o día de celebración da proba.
Límite de prazas: haberá un límite de 500 inscricións na categoría absoluta da carreira
(xuvenís e posteriores). A andaina non ten límite de prazas.
Artigo 7. Retirada de dorsais e chips
Na Praza de Castelao o mesmo día da proba, a partir das 19 h e ata o inicio da mesma.
Control por chip na carreira
Agás as participantes nas categorías xoubas e sardiñas, as demais persoas estarán
controladas a través dun chip que se entregará a cada participante xunto co dorsal.
Deberá colocarse na zapatilla antes da saída.
Artigo 8. Premios e agasallos
Agasallos
Agasallos para todas as participantes na carreira e na andaina (ata fin de existencias), de
todas as categorías.
Trofeos da carreira
Trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoría feminina e masculina.
Artigo 9. Servizos
Servizo de gardarroupa
No Pavillón polideportivo de Rianxo desde as 20:45 h.
Vestiarios e duchas
• Masculino: Pavillón polideportivo desde as 20:45 h.
• Feminino: Piscina Municipal desde as 20:45 h.
Aparcadoiros
Aparcadoiro Público Municipal (gratuíto), arredores do pavillón polideportivo e nas
inmediacións da zona portuaria.
Publicación dos resultados
carreirasgalegas.com
emesports.es
concelloderianxo.gal
Artigo 10. Outras consideracións
A proba conta cun seguro de responsabilidade civil e un seguro de accidentes coas
coberturas mínimas esixidas no Real Decreto 849/1993, subscritos ambos pola
Federación Galega de Atletismo.
A proba conta cun servizo médico-sanitario, que constará dunha ambulancia e un médico
para aquelas probas que non superen os 750 participantes.
A organización da proba resérvase o dereito a modificar horarios e ou percorridos, así
como aprazar ou suspender a carreira se así o estima oportuno por razóns de seguridade.
No caso de que para o día da celebración da proba se decrete unha alerta laranxa, a
proba será suspendida automaticamente. Buscarase unha data adecuada para
desenvolvela e non se devolverán os cartos da inscrición.
As persoas que durante o transcurso da carreira/andaina circulen por fóra do espazo
delimitado polos vehículos de sinalización e/ou monitores para a carreira ou andaina,
considéranse a todos os efectos usuarias normais da vía.
Toda persoa que corra/ande sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non
poderá participar de trofeos nin obsequios. Tampouco estará amparada polos seguros da
proba.
Poderanse efectuar reclamacións ante o Xuíz Árbitro da proba. A participación é libre e
leva implícita a aceptación do Regulamento Xeral da proba. Todo o non previsto neste
regulamento resolverase de acordo, por esta orde, coas normas da FGA, RFEA e IAAF
en vigor.
O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder
facer ningunha modificación no mesmo.
A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou
materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen as participantes na carreira.
O únicos vehículos que poderán seguir a proba serán os autorizados pola organización, e
non está permitido o acompañamento das persoas participantes mediante o uso de
vehículos de apoio. A non observancia desta norma implicará a descualificación dos
atletas acompañados.
Descualificacións:
• O Xuíz Árbitro da proba está facultado para retirar durante a proba a calquera
atleta que manifeste un mal estado físico por indicación do servizo médico.
• Calquera participante que non realice o percorrido completo.
• O participante que manifeste un comportamento non deportivo ou se reitere en
protestas ante a organización.