Calendario
Info da proba

Cross Cabanas

29/07/2018 11:00 - 12:50
Regulamento O próximo 29 de xullo, domingo, o Concello de Cabanas organiza o tradicional CROSS POPULAR con motivo das festas de Santa Marta que, como ven sendo habitual, desenvolverase no circuíto do piñeiral da praia de Cabanas. Todo o recorrido estará delimitado con cinta.
As diferentes distancias oscilarán entre os 1.000 mts. e os 7.000 mts, dependendo das categorías distribuídas segundo os grupos de idade – achéganse categorías, anos que comprende cada categoría, distancia a recorrer de cada categoría e hora de saída prevista de cada carreira –.
O recorrido é integramente a nivel do mar e polo interior do piñeiral. Non hai costa algunha aínda que si é posible atoparse zonas de area pero moi “levadeiras”.
As inscricións pódense realizar no número de teléfono do Concello de Cabanas 981 49 59 59 extensión 3 ou na dirección de correo electrónico cultura@cabanas.gal ata ás 14:00 h. do xoves 26 de xullo.
Excepcionalmente, no lugar da carreira, tramitaranse inscricións ata unha hora antes da saída da proba para a que o/a corredor/a solicite participar, na carpa habilitada pola organización na zona de control.
Para inscribirse solicitamos: Nome e apelidos, DNI, data de nacemento (día, mes e ano) e localidade.
Os tres primeiros clasificados de cada categoría recibirán trofeo.
Os vencedores absolutos das categorías masculina e feminina recibirán trofeo adicional.
Os participantes nas categorías de base recibirán, todos/as, medalla.
Ao rematar cada unha das probas proporcionarase, a cada participante, un lixeiro avituallamento. Se non fora suficiente pódese pedir máis, ¡sen pasarse!
A praia dispón de duchas de uso público e esperamos que o aparcamento chegue.
Toda persoa que participe na proba cos datos falseados, sen dorsal, sen inscribirse ou non realice o recorrido da súa categoría ao completo, non terá dereito ao premio e será descalificada.
A organización da carreira, dado o seu carácter eminentemente popular, non pode comprometerse a realizar clasificacións exhaustivas, polo que se facilitará: posto de chegada dos tres primeiros de cada categoría e tempo dos dez primeiros absolutos. O resto dos participantes figurarán na clasificación final por orden de chegada á Meta.



A organización, ao ser unha proba popular e GRATUÍTA – non hai cota de inscrición –, declina toda responsabilidade polos danos que, por libre decisión de participar na mesma, poida sufrir un participante, tanto si son orixinados por si mesmo/a ou por terceiros.
As eventualidades ou discrepancias que puideran acontecer comunicaranse, de maneira verbal, á organización, que se pronunciará de inmediato e o seu ditame será inapelable.
Os participantes, ao inscribirse e tomar a saída, recoñecen e aceptan o presente regulamento
CATEGORÍAS/ANOS METROS HORA DE SAÍDA
A Anos 2008-09-10 1.000 mts. 11:00 h 1 v.p.
B “ 2005-06-07 1.800 “ 11:10 h 1 v.g.
C “ 2002-03-04 3.600 “ 11:20 h 2 v.g.
J “ 1999-2000-2001 7.000 “ 11:40 h 4 v.g.
SE “ 1979 a 1998 7.000 “ 11:40 h 4 v.g.
VA “ 1969 a 1978 7.000 “ 11:40 h 4 v.g.
VB “ 1959 a 1968 7.000 “ 11:40 h 4 v.g.
SV “ Antes de 1959 7.000 “ 11:40 h 4 v.g.

Anos 2011-2012-2013 Primeiros peques 300 mts. 12:40 h
Ano 2014 ata hoxe Resto de peques 100 mts. 12:45 h

NOTAS: As categorías son iguais para MULLERES E HOMES
Coa inscrición facilitar nome e apelidos completos, DNI, data de nacemento (día, mes e ano) e localidade de procedencia
v.p./v.g. = volta pequena / volta grande