Calendario
Info da proba

Sobrado dos Monxes

11/08/2018 19:30 - 20:30
Regulamento IVCORRETROITACONCELLODESOBRADO
Sábado11deagostode2017
O Concello de Sobrado organiza a cuarta edición da súa carreira popular
“Corretroita” o sábado 11 de agosto na localidade de Sobrado baixo o control técnico
do Comité Galego de Xuices da Federación gallega de Atletismo. As probas rexiranse
polo seguinte
REGULAMENTO
1.- As probas disputaranse na localidade de Sobrado. A saída e chegada da proba
farase diante do mosteiro de Sobrado. O circuíto estará debidamente sinalizado.
2.- Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza
federativa. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación
Galega de Atletismo.
3.- CATEGORÍAS E HORARIOS:
CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO HORA DISTANCIAS
Troitiñas 1 Nados entre 2010 e 2007 19:20 600m aprox
Troitiñas 2 Nados entre 2006 e 2003 19:10 1.200m aprox
Sub 18 - 20 De 2002 ata 1999 19:30 h 7 km aprox.
Sub 23 - Senior De 1998 ata 1984 19:30 h 7 km aprox.
Máster A masculino Nados entre 1983 e 1973 19:30 h 7 km aprox.
Máster B masculino Nados entre 1972 e 1963 19:30 h 7 km aprox.
Máster C masculino Nados no 1962 e anteriores 19:30 h 7 km aprox.
Máster D feminino Nados entre 1983 e 1968 19:30 h 7 km aprox.
Máster E feminino Nados no 1967 e anteriores 19:30 h 7 km aprox.
ENTREGA DE PREMIOS A PARTIR DAS 20:30 horas
4.- A inscrición de todas a as categorías realizarse na páxina web
www.carreirasgalegas.com (información en www.fgatletismo.es/santiago) con
data límite o xoves 9 de agosto ás 14 horas.
PREZOS DA INSCRICION
TROITIÑAS (nacidos dende o 2003 ata o 2010) GRATUITA
PROBA ABSOLUTA (de xuvenil-junior a veteráns): 5 € por participante
* O pago da inscrición (no caso de inscrición de pago) poderá realizarse pola pasarela
de pago da páxina web www.carreirasgalegas.com. Para calquera dúbida co
proceso de inscrición poderán poñerse en contacto co teléfono 981 291 683 ou no
em@il FGAsantiago@gmail.com.
Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día
da carreira.
5.- Os dorsais retiraranse, na zona do Mosteiro de Sobrado onde estará ubicada a
secretaría da organización, dende as 18:30h ata media hora antes do inicio de cada
proba.
6.- PREMIOS e AGASALLOS
Recibirán trofeos os 3 primeiros clasificados de cada categoría establecida no presente
regulamento, masculinos e femininos e tamén os tres primeiros clasificados da proba
absoluta, tanto en homes como en mulleres.
Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún corredor/a poderá recibir
dous trofeos. A entrega de trofeos farase ao rematar a carreira.
Haberá obsequio cortesía da organización para todos os participantes e avituallamento
líquido na zona de meta.
7.- Todo/a corredor/a que chegue á meta sen o seu dorsal ou non o leve colocado de
xeito correcto na parte anterior do corpo, será automáticamente descalificado.
8.- Os participantes deberán colocarse na zona de saída 10 minutos antes do comezo
da proba.
9.- Os atletas que obteñan algún premio poderáselles solicitar que acrediten a súa
idade coa presentación do DNI ou pasaporte.
10.- Aínda que a proba sexa de carácter estrictamente deportivo e popular,
admitiranse reclamacións, pero agárdase un espírito e un comportamento deportivo
por parte de todos os participantes. As reclamacións aos resultados oficiais
formularánselle ao xuíz árbitro da competición non máis tarde de 30 minutos despois
da publicación dos resultados.
11.- O horario da saída poderá ser modificado, a criterio do xuíz árbitro da proba, en
función das circunstancias.
12.- Haberá servizo de duchas a disposición dos atletas no polideportivo municipal de
Sobrado.
13.- A inscrición implica ler, ter entendido e adquirido o compromiso que a
continuación se expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda
responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á organización,
patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores.
14.-Todos os participantes o fan baixo a súa propia responsabilidade e polo feito de
saír acepta o presente regulamento.
15.- Seguro: todos os participantes estarán amparados por unha póliza de
Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, excluídos os casos derivados de un
padecemento latente, imprudencia o inobservancia das leis, da normativa da
competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento; o
lugar da competición ou dende o mesmo. Non se permitirá a existencia no percorrido
de ningún vehículo axeno a organización, estando estes últimos debidamente
identificados.
16.- A organización dispoñerá de SERVICIOS MÉDICOS E AMBULANCIA dende 30min
antes do comezo da carreira e ata media hora despois de pechar o acto. Os Servicios
médicos, están facultados para retirar da carreira a calquera participante que
manifestase un mal estado físico durante o desarrollo da mesma. Así mesmo,
recomendase a todos os inscritos, leven a cabo antes de tomar parte na carreira un
recoñecemento de aptitude médico-deportivo que descarte calquera patoloxía que
impida a súa participación.
17.- Todo o non recollido neste regulamento resolverase de acordo co Regulamento
da RFEA e FGA para probas en ruta en vigor.