Calendario
Info da proba

Ames-Asanog

22/09/2018 11:00 - 12:30
Regulamento Reglamento
II CARREIRA e ANDAIDA DA FAMILIA 2018 EN FAVOR DE ASANOG

23 de xuño de 2018 a partir das 11:00 horas

A carreira-andaina da FAMILIA 2018 é un actividade organizada polo Concello de Ames a través
da súa Concellería de Deportes. Consistirá nunha carreira e andaina a pé que se celebrará
xunto cun programa de actividades no cal tomarán parte asociacións e clubs do Concello de
Ames.

A participación será individual ou en familias monoparentais ou de máis integrantes,
compostos por avós/aboas ou pai/nai e fillos/as.

Toda a recadación do día irá destinada a ASANOG, “Asociación de Ayuda a Niños Oncológicos
de Galicia”, unha asociación sen ánimo de lucro que nace en 2012 para contribuir no ámbito
da nosa comunidade a mellorar o estado dos nenos oncolóxicos e as súas familias.

Toda a información sobre esta asociación pódese consultar no ligazón http://asanog.org/wp/.

O evento tamén terá actividades paralelas de ocio que se levarán a cabo na rúa do Buxo,
(aparcamento da Travesía do Porto) a carón do Centro Comercal NOVO MILLADOIRO. A
participación estará aberta a todo o mundo e este ano para animar a mais familias tamén
poderase participar cunha andaina con participantes de calquera idade. Os participantes
menores de 10 anos deberán ir obrigatoriamente acompañados dun adulto.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES
HORA ACTIVIDADE

11:00 h Entrega de dorsais e bolsa regalo na carpa organización
11:30 h Inicio da actividade. Sesión musical, animación, baile e DJ
12:00 h Sesión de quecemento grupal
12:15 h Carreira-andaina da Familia → 3 km aproximadamente
12:45 h ACTIVIDADES LUDICAS PARA A FAMILIA
13:00 h INCHABLES E XOGOS PARA NENOS/AS
13:30 h SORTEO DE AGASALLOS E ENTREGA DE PREMIOS – FIN DE FESTA

O percorrido tanto para a carreira como para a andaina será de 3 km aproximadamente co
obxectivo de que todos os integrantes das familias participantes poidan disputar a proba sen
carácter competitivo.

INSCRICIÓNS

As inscricións levaranse a cabo a través da páxina web www.carreirasgalegas.com ata
o xoves 21 de xuño ás 23.59 horas.

O prezo da inscrición será de 5 € por participante adulto ata os 18 anos e 2 € por
participante menor de 18 anos ata os 8 anos.

A RECADACIÓN IRÁ DESTINADA INTEGRAMENTE A ASANOG


Establecerase no formulario de inscrición a opción “DORSAL 0” no caso de que se
desexe realizar un donativo a Asociación. Tamén o día propio do evento habilitarase
unha carpa da Asociación para poder colaborar e donar o que cada persoa ou familia
desexe.

PREMIOS

Estableceranse os seguintes premios por “chegados a meta” da carreira:

• A familia mais numerosa
• O avó/avoa de máis idade
• 1º e 1ª chegado/a META
• A 1ª familia monoparental
• A 1ª familia de 3 integrantes
• A 1ª Familia de 4 integrantes
• A 1ª Familia de 5 integrantes

A proba formará parte do calendario oficial de probas da Federación Gallega de Atletismo, e
polo tanto, todo o non reflectido no presente regulamento rexerase, por esta orde, polas
normas da FGA, RFEA e da IAAF.

RESPONSABILIDADE

A persoa participante declara, baixo a súa responsabilidade, realizarse o oportuno
recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, e
exime a organización da devandita responsabilidade.
A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá as
incidencias inherentes á proba.

LOPD Todas as persoas corredoras ao realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e
imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet. Mediante a inscrición, o/a
participante consente expresamente que os seus datos sexan utilizados polo Concello de Ames
e a Federación Galega de Atletismo para comunicacións sobre as súas actividades e
publicación de reportaxes sobre a proba.

NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidad Civil así como a xestión da licenza de día de ránking popular e probas de ruta. En todo caso e tal como establece a Lei de protección de datos, a persoa interesada pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avda. de Gasgow 13 15008 A Coruña