Calendario
Info da proba

Zas - Trail Nocturno

18/08/2018 21:30 - 25:00
Regulamento I TRAIL-ANDAINA NOCTURNO A COVA DO LOBO (MONTEBRONDO-ZAS
Regulamento

1. LUGAR, DATA E HORA:
Zas de Carreira ( A Coruña) Praza do Concello de Zas
Sábado, 18 de Agosto do 2018
Trail Nocturno: saída ás 21:30 horas
Andaina Nocturna: Saída ás 21:40 horas
Peketrail:
Categoría A: Saída ás 20:00 horas (Carballeira de Zas).
Categoría B: Saída ás 20:30 Horas (Carballeira de Zas)
2. A PROBA:
Proba NON competitiva con saída e chegada no pobo de Zas de Carreira. Trail nocturno para coñecer unha forma diferente de vivir o monte. Pasaremos polo Monte Pión e o Montebrondo, sendo o ascenso polos cortalumes deste último unha das zonas máis espectaculares. Unha vez coroado este monte, poderedes disfrutar das mellores vistas nocturnas da redonda.
Non o dubidedes. Apuntadevos a esta nova sensación, seguro que repetiredes para o ano.
TRAIL NOCTURNO 14,5 KM. 700 m+ (aproximados)
ANDAINA NOCTURNA 10 KM . 400 m+ (aproximados)
PEKETRAIL, Categoría A: 1 KM ( Aproximados) Categoría B: 2,5 KMS (Aproximados)
O mal tempo non será impedimento para a celebración da carreira. A organización poderá interrumpir a proba en calquer punto se considera que poda haber serio perigo para a integridade física dos corredores, ou en casos de forza maior.
3. CATEGORÍAS:
SENIOR: participantes ata 40 anos no 18 de Agosto do 2018
VETERANOS: participantes de 40 anos para adiante
Os participantes teñen que ser maiores de 16 anos. Os menores de idade deberán entregar unha autorización firmada polos pais.

PEKETRAIL: Os corredores deberán entregar unha autorización firmada polos pais.
Categoría A: 5-10 Anos
Categoría B: 11-15 Anos
4. INSCRICIÓNS:
Na web www.galitiming.com
5. DORSALES:
A recollida farase no concello de Zas de Carreira unha hora antes da saída de cada carreira. A saida encontrase na praza do Concello de Zas. A organización poderá solicitar o DNI para retirar dito dorsal
6. PREZO:
TRAIL NOCTURNO
Ata o 10 de Agosto do 2018 ás 23:59 horas: 12 Euros
A partir do 10 de Agosto do 2018 ata o 15 de Agosto ás 23:59 horas: 14 Euros
Disporanse de ata 200 prazas.
ANDAINA
Ata o 10 de Agosto do 2018 ás 23:59 horas: 8 Euros
A partir do 10 de Agosto do 2018 ata o 15 de Agosto ás 23:59 horas: 10 Euros
Disporanse de ata 150 prazas.
PEKETRAIL
Será gratuito nas duas categorías.
AVITUALLAMENTO FINAL NO PABELLÓNS
Para acompañantes (Paella e bebida): 5,00 Euros.
Ata o 10 de Agosto podérase anular a inscripción tendo dereito á devolución da mesma (gastos de devolución: 3 Euros). A partir do 10 de Agosto non se poderá anular a inscripción.
Todos os participantes contarán con seguro de accidentes durante a proba. A inscripción da dereito a participar na proba, seguros, avituallamentos, gardarroupa, duchas, obsequios e cea ofrecidos pola organización.
O Concello de Zas pon a disposición dos corredores un servicio de duchas no Pabellón Deportivo Municipal de Zas.

7. SINALIZACIÓN E CONTROIS:
O percorrido estará sinalado con cinta de balizar e sinais fluorescentes, sendo obrigatorio o paso polos control establecido no Pico de Montebrondo.
Todo participante ten que dispor de luz frontal e móvil con batería.

8. RETIRADAS:
Os Corredores Escoba teñen a potestade para retirar da proba a calquera corredor se o seu estado de saude así o aconsella.

9. AVITUALLAMIENTOS:
Avituallamento líquido
Trail Nocturno no km 5,5

Avituallamento sólido e líquido
Trail Nocturno no km 9.
Andaina Nocturna no km 6.

Avituallamento final líquido e sólido na Praza do Concello.
Degustación de Paella no Pabellón Polideportivo con festa de peche.
Os avituallamentos encontranse en lugares visibles e señalizados. Disporase de contenedores para residuos orgánicos e envases de plástico. Non existirá ningún punto para depositar basura pasado o control de avituallamento. Está prohibido o avitullamento e a axuda externa durante o desarrollo da carreira de calquer persona, non participante. Así mesmo está prohibido sair da zona de avituallamento con calquer tipo de envase ou envoltorio
10. SERVICIO SANITARIO:
Haberá persoal médico-sanitario con potestade para retirar o dorsal a calquer corredor cando considere que a sua saude está en perigo.
11. TROFEOS:
Entregaranse os seguintes trofeos:
• Ós tres primeiros clasificados de cada categoría, tanto femenino coma masculino.
• Ó máis veterano/a.
• Ó primeiro, tanto femenino como masculino, do Concello de Zas (necesario estar empadroado)
A entrega de trofeos realizarase no Pabellón Deportivo de Zas unha vez finalizada a proba. O non estar presente na mesma, anularáse o dereito a recibir os mesmos.
12. DESCALIFICACIÓN:
Será descalificado todo o corredor que non cumpra o presente regulamento,non complete a totalidade do percorrido, deteriore ou emporque o entorno, non leve o seu dorsal ben visible ou desatenda as indicaciós da organización
13. PARTICIPANTES:
Para participar na proba cada deportista deberá levar o dorsal de forma visible para facilitar o labor de control da proba. Así mesmo facilitarase un chip para control de tempos que deberá colocarse correctamente na zapatilla. Se non se coloca correctamente é posible que apareza reflexado nos postos finais, non admitíndose reclamación algunha ó respecto.
Tódolos participantes están obrigados a auxiliar ós accidentados e a respetar as normas de circulación nos cruces e estradas.
É aconsellable utilizar roupa e calzado adecuado para carreiras de montaña, autorizándose a utilización de bastóns. De elexir levar bastóns , éstos deberan ser portados durante toda a proba, non podendo desprenderse deles durante todo o percorrido.
Os participantes corren baixo a sua responsabilidade. Sobre eles recae a decisión da salida e realización da carreira. É responsabilidade de cada participante estar fisicamente preparado para realizar a proba. Os participantes eximen á organización das reclamacións ou demandas basadas en supostas accións ou non acción dos participantes u outros que actuen ó seu favor, así como das demandas resultantes dos danos que poidan sucederlles a eles como ó seus materiais.
Os participantes deberan firmar os documentos que se requiran para evidenciar máis claramente este apartado do reglamento.
14. VOLUNTARIOS:
Prestarán asistencia e facilitaran información ós corredores un grupo de voluntarios claramente identificados, situados en cruces, avituallamentos e zoas perigosas.
15. A ORGANIZACIÓN:
Correrá a cargo do Concello de Zas e a A.D. Monte Brondo. Resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a sua suspensión en caso de condicións meteorolóxicas adversas
Os participantes exoneran á organización de toda responsabilidade en caso de accidente ou lesión.
O percorrido non estará pechado ó trafico polo que hai que respetar o código de circulación e extremar as precaucións ó cruzar calquera estrada ou ó chegar a un cruce.
A organización reservase os dereitos exclusivos sobre as imaxes, vídeo e información da proba, nas que poidan aparecer participantes, e para utilizar este material para a publicidade, relacións públicas ou outros fins xornalísticos ou promoción do evento. Calquera proxecto multimedia ou publicidade ten que ter o consentimento previo da organización. Para todo o non especificado no regulamento a Comisión Organizadora disporá unha solución o antes posible.
16. MODIFICACIÓNS DO REGULAMENTO
O regulamento pode ser modificado en calquer momento pola organización po previsión meteorolóxica ou por calquer tipo de circunstancia necesaria