Calendario
Info da proba

Curtis

08/07/2018 11:00 - 12:30
Regulamento I CARREIRA POPULAR SOLIDARIA AXUDA CONTRA O
CANCRO DE CURTIS
O Concello de Curtis, a través da súa Concellería de Deportes, em colaboración coa
Asociación de Axuda contra o Cancro, organizarán o domingo 8 de xullo de 2018 a partir das
11 hotas horas, a I Carreira Solidaria de Axuda contra o Cancro que conectará a localidade
de Curtis coa de Teixeiro.
A proba levarase a cabo no Concello de Curtis (A Coruña) e estarán baixo o control técnico
da Federación Galega de Atletismo (Delegación de Santiago) . A probas estará suxeita o
seguinte:
REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha sola clasificación
conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuices da Federación Galega
e Atletismo.
2. SAIDA E META:
A saída da proba será ás 11 horas desde o polideportivo municipal de Curtis, e a meta
estará ubicada na Praza de España na localidade de Teixeiro.
3. CATEGORIAS DE PARTICIPACION
As categorías de competición serán as seguintes:
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
JUNIOR - Sub 20 atletas nados/as no 1999 e 2000
PROMESA - Sub 23 atletas nados/as no 1996, 1997 e 1998
SENIOR atletas nados/as entre 1984 e 1995
MASTER 1 atletas nados/as entre 1978 e 1983
MASTER 2 atletas nados/as entre 1968 e 1977
MASTER 3 atletas nados/as entre 1958 e 1967
MASTER 4 atletas nados/as en 1957 e anteriores
4. DISTANCIAS E HORARIOS
HORA CATE
5. INSCRICIÓNS
Os participantes deberán realizar a súa inscrición na páxina web www.carreirasgalegas.com.
Máis información na web www.atletismo.gal con data límite o mércores 4 de xullo ás 23:59
horas.
PREZOS DA INSCRICION:
- PROBA ABSOLUTA (de junior- sub 20 en adiante): 5,00 €
O pago da inscrición poderá realizarse pola pasarela de pago da páxina
www.carreirasgalegas.com.
6. PREMIOS e AGASALLOS
Outorgaranse os seguintes premios:
• Trofeo aos tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida no
regulamento da proba.
• Trofeo o/a primeiro/a clasificado/a local da carreira absoluta.
• Trofeo ós/ás tres primeiros/as clasificados/as da proba absoluta
• Agasallo conmemorativo para todos/as os/as participantes.
OS TROFEOS NON SERÁN ACUMULATIVOS
7. RETIRADA DE DORSAIS
Realizarase o día da proba na Praza de España da localidade de Teixeiro a partir das 09.30
horas.
O dorsal-chip entregado deberá levarse en toda a súa extensión, colocado na zona anterior do
corpo e de xeito visible. Todo atleta que entre na meta sen o seu dorsal será descualificado.
8. SERVIZO DE AUTOBUSES:
A organización habilitará un servizo de autobuses que trasladará aos atletas dende a Praza
de España (lugar de meta) ata o polideportivo municipal de Curtis (Lugar de saída) a partir
das 10.00 horas.
9. DESCALIFICACIONS
Todo corredor/a que incumpla as normas da competición ou as establecidas nos regulamentos
FGA e RFEA en vigor referentes a probas en ruta, será descualificado a criterio do Xuiz Árbitro
da Competición. TODAS AS RECLAMACIÓNS DEBERÁN SER DIRIXIDAS O XUÍZ ÁRBITRO
DA COMPETICIÓN con prazo máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da
proba en cuestión.
O longo do percorrido, a organización establecerá os controis que estime oportunos estando
autorizados para descualificar a calquer participante que incumpra as ditas normas de
competición ou que cometa algunha irregularidade atentando contra a seguridade individual ou
colectiva durante a proba.
10. Haberá servicio de duchas a disposición dos atletas no polideportivo municipal de Teixeiro.
11. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co Regulamento da
FGA e RFEA en vigor.
12. A participación implica a total aceptación deste regulamento, e o descoñecemento do
mesmo non exime do seu obrigado cumprimento.
OUTRAS DISPOSICIÓNS
ASISTENCIA MÉDICA E SEGUROS: A organización contará con servizos médicos e ambulancia
na zona de saída/meta. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados
para retirar da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o
desenvolvemento da mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil
e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia
directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecimiento
latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén
quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde
o mesmo. A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se
expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da
participación no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou
sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante
cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de
Protección de Datos.