Calendario
Info da proba

A Pobra do Caramiñal

26/08/2018 10:45 - 13:15
Regulamento X CARREIRA POPULAR CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL – III CIRCUÍTO DE CARREIRAS POPULARES AROUSA NORTE

X CARREIRA POPULAR CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL
III CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES AROUSA NORTE

O domingo 26 de agosto terá lugar no Concello da Pobra do Caramiñal a 10ª edición da Carrreira popular deste Concello, que será á súa vez a 1ª proba do Circuíto de carreiras populares Arousa Norte 2018. Esta proba pertence tamén ao VI Circuito provinicial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.

As probas poderán disputalas tanto atletas federados/as en atletismo como non federados/as e estarán baixo o control técnico do Comité de Xuices da Federación Gallega de Atletismo e seguirán o seguinte regulamento:

1- CATEGORÍAS DE COMPETICIÓN:
As categorías de competición serán as seguintes:
CHUPETE 2013 e anteriores
PREBENXAMÍN anos 2011 e 2012
SUB 10 H/M anos 2009 e 2010
SUB 12 H/M anos 2007 e 2008
SUB 14 H/M anos 2005 e 2006
SUB 16 H/M anos 2003 e 2004
SUB 18 H/M anos 2001 e 2002
SUB 20 H/M anos 1999 e 2000
SUB 23 H/M anos 1996, 1997 e 1998
SENIOR H/M de 1995 ata máster
MASTER 1 H/M de 35 a 40 anos
MASTER 2 H/M de 41 a 49 anos
MASTER 3 H/M de 50 a 59 anos
MASTER 4 H/M de 60 anos en diante



2- HORARIO DAS PROBAS:
As probas seguirán o seguinte horario:

HORA CATEGORÍA ANOS DISTANCIA
10.45 h. PREBENXAMIN 2011 – 2012 250 m. aprox.
11:00 h. SUB 10 2009 – 2010 650 m. aprox.
11:10 h. SUB 12 –SUB 14 2005-2006
2007 – 2008 1300 m. aprox.
11:30 h. SUB 16 De 2003 a 2004 4.000 m. aprox.
(1 volta ao circuíto)
11:30 h. SUB 18 – SUB 20 – SUB 23 – SENIOR – MÁSTER 1, 2, 3 e 4
2002 e anteriores 7.600 m. aprox.
(2 voltas ao circuíto)
12:15 h. CHUPETES 2013 e anteriores 200 m. aprox.
13.00 h. ENTREGA DE PREMIOS

3- INFORMACIÓN E INSCRICIÓN:

As inscricións realizaranse online a través da páxina web www.emesports.es .
Os prezos de inscrición serán os seguintes:

Escolares (de chupete a sub 16) GRATUÍTO
Adultos (de sub 18 a máster) 6 €
Todos/as aqueles/as atletas inscritos no Circuíto Arousa Norte 2018 non terán que formalizar a inscrición nesta proba.

INFORMACIÓN
Para máis información poderán acudir ao Dpto. de Deportes do Concello da Pobra do Caramiñal, na Casa da Cultura e Xuventude “Raquel Fdez. Soler” no horario de 9:30h. a 14:30h.
Para información telefónica, poderán empregar o telf./fax: 981832590/981831545 ou o teléfono móvil 619229946.
Tamén poden consultar información relativa a proba e ao Circuíto na páxina web http://www.arousa-norte.es .
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o xoves 23 de agosto ás 14 horas.
4- RECOLLIDA DE DORSAIS:
Os dorsais de competición poderán recollerse na Praza Alcalde Segundo Durán da Pobra do Caramiñal ata MEDIA HORA ANTES DO INICIO DE CADA CARREIRA.

5- SAÍDA E CHEGADA DAS PROBAS.
A saída das probas estará ubicada na rúa da Paz. A meta estará ubicada no interior da Praza Alcalde Segundo Durán na localidade de A Pobra.

6- PREMIOS E AGASALLOS
A entrega de trofeos realizarase no lugar de meta a partir das 13:30h.
Outorgaranse os seguintes trofeos:
 Trofeos aos/as tres primeiros/as clasificados/as por categoría (agás na categoría Chupete.
 Premios en metálico e agasallos aos/as cinco primeiros/as clasificados da xeral
 Medalla para todos/as participantes de Chupete a Benxamín.
 Camiseta técnica para os participantes na proba absoluto (7.800 m. aprox.) ata final de existencias.

PREMIOS EN METÁLICO PROBA ABSOLUTA

HOMES MULLERES
1º) 175 € 1ª) 175 €
2º) 125 € 2ª) 125 €
3º) 75 € 3ª) 75 €
4º) 50 € 4ª) 50 €
5º) 30 € 5ª) 30 €

Aos atletas gañadores/as dos premios en metálico poderáselle requerir documentación acreditativa da súa identidade (DNI ou permiso de circulación en vigor)
7- SERVIZO DE DUCHAS E VESTIARIOS
Haberá servizo de duchas e vestiarios no Edificio de Usos Náuticos.

8- SERVIZOS MÉDICOS E FISIOTERAPIA
A organización disporá dos servicios médicos obrigatorios, seguro de accidentes deportivos e responsabilidade civil e servizo de fisioterapia na zona de chegada.
9- RECLAMACIÓNS
Todas as reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro da competición, ubicado na zona de meta, non máis tarde de 30 minutos despois da publicacións dos resultados oficiais que serán expostos en lugar visible pola organización.

10- DESCUALIFICACIÓNS
Os xuíces da proba e membros da organización reservaranse a facultade de descalificar ao infractor/a que, comprobada calquera irregularidade: non leve visible o seu dorsal, manipule ou ceda a outro, altere os datos facilitados á organización ou ao xuízz árbitro con respecto aos que figuran no seu DNI ou ficha federativa, non completar o percorrido completo, manifeste un mal estado físico, non facilite á organización a documentación que se lle requira, ou incumpra calquer outra norma contemplada nas normas de competición vixentes da FGA e RFEA para probas en ruta.
Serán descualificados os/as corredores/as que non respeten as indicacións da Policía Local, Protección Civil, Garda Civil, Xurado, Servicios Médicos ou membros da Organización debidamente identificados.
Os/as corredores descualificados perderán o dereito a recibir calquera premio en metálico ou trofeo.

11- RESPONSABILIDADE
A organización non se fará responsable dos danos que puidesen causar ou causarse os participantes por imprudencias ou neglixencias destes. Igualmente, o participante declara polo feito de inscribirse, baixo a súa responsabilidade, terse realizado o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, eximindo á organización da devandita responsabilidade.
A organización dispón dun seguro de responsabilidade civil e accidentes deportivos que cubrirá as incidencias inherentes á proba.

12- PARTICIPACION DE ATLETAS DE OUTRAS FEDERACIONS AUTONÓMICAS E EXTRANXEIROS
Nesta proba a participación de atletas extranxeiros e de outras federacións autonómicas rexirase de acordo co disposto no artigo 3.4. do "Reglamento para las competiciones de la temporada de campo a través, marcha, carreras en carretera, y reuniones de pista cubierta y aire libre” da tempada 2017-2018. Máis información de esta norma no ligazón:

http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento2017/03_reglamento_comp.pdf
13- ARTÍGO 23: LOPD
Todos/a osas corredores/as ao realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.

CONSIDERACIÓN FINAL
Todo o non reflexado no presente regulamento rexirase polas normas vixentes da FGA e RFEA.

NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o/a interesado/a pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow ,13 - 15008 A Coruña.