Calendario
Info da proba

Cangas

16/06/2018 10:30 - 13:30
Regulamento 1ª Carreira de Orientación Concello de Cangas (7ª Proba Liga AROMON ChemaSport 2018)

Desenvolvemento.- A Liga Local AROMON ChemaSport é unha iniciativa do Club AROMON Pontevedra Montañeiros A Roelo que ten como obxectivo iniciar no deporte da orientación a todo aquel que o desexe.

Contaremos con unha única modalidade, que se desenvolverán no entorno da vila de Cangas:
O-Pé: Contará con tres percorridos iniciación nenos (nivel de esixencia físico e técnico baixo, ideal para nenos), iniciación adultos (nivel de esixencia físico e técnica baixo pero orientado a adultos e nenos con experiencia) e avanzado (nivel de esixencia físico e técnico alto, SÓ para federados en orientación)

Custo.-
Menor ≤15 FEDERADO ORI 0,00€
Menor ≤15 NON FEDERADO ORI 2,00€
Socio e FEDERADO AROMON 0,00€
Socio AROMON NON FEDERADO 4,00€
Non socio NON FEDERADO e >16 6,00€
NON SOCIO FEDERADO FEDO e >16 8,00€


Inscricións.- Até o martes 12 de xuño ás 22:00h na oficina do club, ou a través do formulario: https://goo.gl/W5ZDwY. Para formalizar a inscrición podedes facer o pago na mesma na oficina do club ou facer o ingreso na conta de ABANCA ES08 2080 5403 4030 4011 8709 e enviar xustificante de pago a lachs@aromon.es.