Calendario
Info da proba

Villalba

18/08/2018 20:30 - 23:00
Regulamento IV EDICIÓN “SAN RAMÓN”
CARREIRA POPULAR NOCTURNA
VILALBA ANO 2018
O Clube Atletismo Vilalba organiza a cuarta edición da Carreira Nocturna San Ramón,
correspondente ao ano 2018. O evento terá unha duración aproximada de 3.5 horas dende as
20:30 h. da tarde, ata as 12h. da noite do 18 de agosto de 2018.
En tódalas probas (categoría menores e absoluta) será de uso obrigatorio o chip de
cronometraxe fornecido pola organización, exceptuando os propietarios do chip amarelo que
utilizarán o seu. O dorsal debe estar colocado visiblemente na parte dianteira do corredor/a,
sen sufrir manipulación algunha.
A organización e os seus colaboradores non se fan responsables de danos morais ou
materiais que a si mesmos ou outras persoas ocasionen os participantes das carreiras.
A proba celébrase no núcleo urbano, polas distintas rúas de Vilalba, sendo a saída e a
chegada, na Praza da Constitución para todas as categorías. As categorías divídense en dous
bloques:
CATEGORÍA MENORES. (as probas darán comezo ás 20.30 h cos máis
pequenos e sairán de xeito consecutivo, serán cronometradas mediante chip sen custo
para os participantes):
CATEGORÍA +5--------------------nados/as entre 2013 y 2012 (ambos incluídos)
CATEGORÍA +7--------------------nados/as entre 2011 y 2009 (ambos incluídos)
CATEGORÍA +10------------------nados/as entre 2008 y 2006 (ambos incluídos)
CATEGORÍA +13------------------nados/as entre 2005 y 2003 (ambos incluídos)
PERCORRIDOS:
Categoría + 5 ------------------250 metros (aproximadamente)
Categoría + 7 ------------------600 metros (aproximadamente)
Categoría + 10 -----------------900 metros (aproximadamente)
Categoría +13 -----------------1600metros (aproximadamente)
CARREIRA ABSOLUTA. (5000 m. aproximadamente) Para corredores nados
en 2002 e anteriores e sen límite de idade.
CATEGORÍA XUVENIL---------------------de 16 a 18 anos de idade (ambas incluídas)
CATEGORÍA SENIOR-----------------------de 19 a 34 anos de idade (ambas incluídas)
CATEGORÍA VETERANOS A--------------de 35 a 44 anos de idade (ambas incluídas)
CATEGORÍA VETERANOS B --------------de 45 a 54 anos de idade (ambas incluídas)
CATEGORÍA VETERANOS C---------------de 55 anos de idade en adiante.
PERCORRIDO: Saída ás 22.00 horas da Praza da Constitución →Rúa Galicia → Rúa
Nova → Praza de San Xoan → Rúa Roxeira → Praza Coronel Pena → Rúa Valeriano
Valdesuso → Praza Sta. María → Rúa Porta de Cima → Rúa As Pontes → Rúa Cidade
de Vivero → Rúa Castelao → Campo Redondo ata inmediacións Polígono Industrial
Sete Pontes, onde se realizará un xiro de 180 grados para retornar por Campo
Redondo → cruzar Rúa Campo de Ponte →Rúa Muras → Rúa Cospeito → Rúa da
Revolta → Rúa Ribadeo → Rúa Basanta Silva e meta na Praza da Constitución.
INSCRICIÓNS.
Dous xeitos de facer as inscricións:
1. INSCRICIÓNS “EN LIÑA” na páxina web de CHAMPION CHIP NORTE
www.championchipnorte.com
Poderanse facer ata o mércores 15 de agosto (incluído), para todas as
categorías.
2. INSCRIPCIÓN PRESENCIAL dende o 16 de xullo de 2018, e ata o mércores 15 de
agosto (incluído) en:
- Tenda de deportes MoveT, sita en rúa Benxamín Paz 7 Baixo, 27800 Vilalba (Lugo),
en horario comercial.
PREZOS DE INSCRICIÓN:
As categorías menores serán gratuítas.
A Carreira Absoluta terá un custo de 3 euros (máis aluguer do chip quen non o
teña en propiedade).
ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE:
Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba (18 de
agosto de 2018) dende as 17:30h nos mostradores da Praza da Constitución ata as
20:30h.
PREMIOS CATEGORÍAS MENORES:
• Medalla de participación para todos os nenos das categorías +5, +7.
• Categorías:
-1º/1ª CLASIFICADO/A ------------TROFEO.
-2º/2ª CLASIFICADO/A ------------TROFEO.
-3º/3ª CLASIFICADO/A ------------TROFEO.
PREMIOS CARREIRA ABSOLUTA:
-1º/1ª CLASIFICADO/A -----------------------TROFEO + 150€.
-2º/2ª CLASIFICADO/A -----------------------TROFEO + 100€.
-3º/3ª CLASIFICADO/A -----------------------TROFEO + 50€.
-1º/1ª CLASIFICADO/A VILALBÉS ----------TROFEO.
-2º/2ª CLASIFICADO/A VILALBÉS-----------TROFEO.
-3º/3ª CLASIFICADO/A VILALBÉS-----------TROFEO.
TROFEO ós tres primeiros clasificados de cada unha das cinco categorías da
carreira absoluta.
ENTREGA DE TROFEOS: farase unha vez rematada a carreira absoluta as 23:15
horas.
BOLSA DO CORREDOR para tódolos participantes da carreira absoluta.
AGASALLO para os 150 primeiros inscritos da carreira absoluta, na modalidade
de “INSCRICIÓN EN LIÑA” na páxina web de CHAMPION CHIP NORTE
www.championchipnorte.com
INFORMACIÓN DE INTERESE:
-GARDARROUPA: Todos os corredores poderán facer uso do servizo de gardarroupa
habilitado pola organización.
-DUCHAS: Rematada a proba estarán a disposición dos participantes as duchas dos
vestiarios do Pavillón Municipal de Deportes sito no Campo da Feira.
-AVITUALLAMENTO : Ó remate das probas haberá zona de avituallamento para mitigar
o cansazo.
-APARCADOIROS: Zona de aparcadoiro no Campo da Feira, Rúa Benxamín Paz, Rúa
Abadín e Rúa Guitiriz.