Calendario
Ver carrera

Lugo Monumental

16/12/2018 11:00 - 13:30

[ Go Back ]

Descripción REGULAMENTO OFICIAL
XVI EDICIÓN DA CARREIRA POPULAR LUGO MONUMENTAL 2018
GRAN PREMIO CAIXABANK
A saída terá lugar as 12:00 h na Ronda da Muralla na zona da Mosquera e
fronte o monumento da conmemoración da designación da Muralla de Lugo como
Patrimonio da Humanidade, e discorrerá polo seguinte percorrido cunha distancia
aproximada de 10 km:
Saída fronte á Mosquera na Ronda da Muralla na dirección da circulación
discorrendo pola Ronda ata chegar á altura da Rúa do Teatro xiro a esquerda e
subida - Santo Domingo-xiro a esquerda rúa da raíña-paso por LIÑA DE META-xiro a
dereita baixando pola rúa da Praza Maior-xiro a esquerda por Bispo Aguirre a carón
do Círculo das Artes . xiro á dereita cara a rúa Vilalba enfilando recto ata a Avda
Ramón Ferreiro ata a altura da rúa Pintor Corredoira . cambio de sentido de novo
pola Avda Ramón Ferreiro – xiro á dereita en dirección a Anxo López Pérez a en
dirección á ronda da Muralla discorrendo por ela ata a altura da Porta de Santiago,
onde os corredores desviaranse cara á rúa Recatelo, rúa Ribadeo (meta voante El
Progreso), rúa Xeral Tella, Praza de Avilés, xiro a dereita Dtor Portela ida e volta
seguindo recto en dirección Avda Rodríguez Mourelo, xiro á dereita cara á avda.
Ramón Ferreiro, xiro á esquerda (180º) á altura de Pintor Corredoira, para voltar pola
avda. Ramón Ferreiro, rúa Anxo López Pérez, praza da Constitución, ronda da Muralla
ata a altura da Porta de Santiago, onde os corredores subirán ao adarve da Muralla
pola rampla fronte á Catedral para xirar á esquerda e afrontar unha volta polo adarve
da Muralla ata chegar de novo á rampla, onde os corredores baixarán cara á praza Pío
XII, rúa Bo Xesús, praza Sta. María, Alférez Provisional, rúa do Colexio dos R.R.P.P.
Franciscanos (praza Maior), e chegada á Meta situada ao carón da Casa do Concello.
Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de
vehículos de axuda nin o acompañamento durante a proba de carros de bebe ou
cans de compañía polo risco que supón de cara a outros/as atletas, máis tendo en
conta a estreiteza do percorrido polo adarve da Muralla como derradeira parte do
percorrido. A non observancia desta norma implicará a inmediata descualificación
dos atletas acompañados.
Estableceranse controis de cronometraxe de chip por todo o percorrido co fin
de verificar que todos/as ós/ás atletas percorren a totalidade do circuíto. Estes
controis rexistrarán tamén os tempos de paso parciais e totais. POR TANTO, É
OBRIGATORIO PASAR POR ENRIBA DAS ALFOMBRAS DE CRONOMETRAXE
DISPOSTAS Ó LONGO DO PERCORRIDO. Os atletas que non reúnan todos os rexistros
serán descalificad@s.
O control da carreira pecharase 1h despois da chegada do primeiro clasificado.
XVI LUGO MONUMENTAL-G.P. CAIXABANK Página 2
Ao rematar a proba os/as corredores/as, unha vez entregado o CHIP de
cronometraxe ( os que non o teñan en propiedade e o alugaran )poderán acceder á zona
reservada para eles onde recollerán o seu avituallamento.
CATEGORIAS ABSOLUTAS
Masculinas e Femininas:
Xuv/Xunior/Promesa Nados entre 1997-2003
Senior 1996 ata 34 anos
Veteran 1 de 35 ata 44 anos
Veterán 2 de 45 ata 54 anos
Veterán 3 de 55 ata 64 anos
Veterán 4 de 65 ata 74 anos
Veterán 5 de 75 anos en diante
INSCRICIÓNS LIMITADAS A 1.500 ATLETAS-FINALIZA O MARTES 11 DE DECEMBRO
En www.championchipnorte.com
Dende a apertura das inscricións haberá distintos tramos de prezos en función da data
de inscrición:
 Ata ó 30 de Novembro
• Pago de 5 € + 2 € Aluguer Chip Non Propietarios Chip Amarelo
• Recollida Dorsais no DECATHLON LUGO entre os dias 13 e 16 de Decembro
en horario de apertura.
 Do 01 ó 07 de Decembro
• Pago de 8 € + 2 € Aluguer Chip Non Propietarios Chip Amarelo
• Recollida Dorsais no DECATHLON LUGO entre os dias 13 e 16 de Decembro
en horario de apertura.
 Do 08 e 11 de Decembro
• Pago de 10 € + 2 € Aluguer Chip Non Propietarios Chip Amarelo
• Recollida Dorsais no DECATHLON LUGO entre os dias 13 e 16 de Decembro
en horario de apertura.
XVI LUGO MONUMENTAL-G.P. CAIXABANK Página 3
HABILITARANSE 3 CAIXÓNS DE SAÍDA EN FUNCION DA COR E O NOME DO DORSAL
ASIGNADO POLA ORGANIZACIÓN.
M Dorsal AZUL ELITE “CAIXABANNK”
o Homes: Marca acreditada igual ou inferior a 00:36:00 en 10 km
o Mulleres: Marca acreditada igual ou inferior a 00:40:00 en 10 km
M Dorsal NEGRO AMATEUR “EL PROGRESO”
o Homes: Marca acreditada entre 00:36:01 e 00:40:00 en 10 km
o Mulleres: Marca acreditada entre a 00:40:01 e 00:45:00 en 10 km
M DORSAL BERMELLO POPULAR “COCA COLA”
o Homes: Marca superior a 00:40:01 en 10 km
o Mulleres: Marca superior a 00:45:01 en 10 km
A ORGANIZACIÓN RESERVARASE O DEREITO DE REVISAR OS TEMPOS
MARCADOS E DE RECOLOCAR A AQUELES/AS ATLETAS QUE NON SE
CONSIDERE QUE REALMENTE MERECEN O DORSAL QUE SOLICITAN,
UBICÁNDOOS NO CAIXÓN QUE LLES PERTENCE.
O dorsal deberá de ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a
corredor/a, sen poder facer modificación algunha nel de ningún xeito.
- DADO O ESPÍRITO ESTRITAMENTE DEPORTIVO E POPULAR DESTA PROBA
NON SE ADMITIRÁN RECLAMACIÓNS. A PARTICIPACIÓN LEVA IMPLÍCITA A
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO DA PROBA
- A comisión organizadora e os seus colaboradores non se fan responsables
dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen
os participantes nas carreiras.
- A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera
aspecto ou circunstancia non contemplada no presente regulamento.
ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE PARA A PROBA
- Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse:
• Recollida Dorsais DECATHLON LUGO dende o xoves 13 ata ó Domingo 16
de Decembro dia da carreira inclusive.
No seu horario de apertura da tenda.
Lembremos que o centro da cidade se pecha a partires das 11:00 h.
INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA
- APARCADOIROS: os atletas que se despracen en grupo e veñan en autobús
disporán dunha zona de estacionamento ubicada na explanada do Pavillón
Municipal (rúa Santiago).
-GARDARROUPA: Os atletas que queiran poderán dispoñer do servizo de
gardarroupa nunha carpa habilitada para elo na zona de META
-DUCHAS: os atletas unha vez rematada a carreira terán á súa disposición ás
duchas das Pistas de Atletismo da Cidade Cultural (Parque Rosalía de Castro)
e os vestiarios do Pavillón Municipal dos Deportes (Rúa Santiago)
INFORMACIÓN E RESULTADOS:
Publicación no diario ELPROGRESO e na sua paxina web www.elprogreso.es
PREMIOS DA CARREIRA ABSOLUTA
- 1º/1ª CLASIFICADO/A..........................Trofeo e Mada de Grelos
- 2º/2ª CLASIFICADO/A.........................Trofeo e Mada de Grelos
- 3º/3ª CLASIFICADO/A.........................Trofeo e Mada de Grelos
PREMIOS POR CATEGORÍAS ADULT@S
- Primeir@ clasificad@ de cada categoría:.......................Trofeo
- Segund@ clasificad@ de cada categoría:.......................Medalla
- Terceir@ clasificad@ de cada categoría:..........................Medalla
- Primeir@ - no paso pola Meta Voante GRAN PREMIO DIARIO EL PROGRESO fronte
á sede do diario na Rúa Ribadeo !!!
(Obrigatorio entrar na clasificación final entre @s 20 primeir@s)
- Mellora da marca volta á muralla categoría
Masculina........................................................................................................TROFEO
(Gustavo Platas, 11 de decembro de 2005………06:34 )
(Obrigatorio entrar na clasificación final entre @s 20 primeir@s)

- Mellora da marca volta á muralla categoría
Feminina.......................................................................................................TROFEO
(Nancy Kiprop,11 de decembro de 2005 …..…07:44)
(Obrigatorio entrar na clasificación final entre @s 20 primeir@s)
TROFEO CAIXABANK
ó atleta máis veterán masculino e a máis veterana feminina da carreira Absoluta
chegad@s a Meta.
AGASALLO ESPECIAL E OFICIAL DA CARREIRA , AVITUALLAMENTO PARA
TODOS/AS ÓS/ÁS ATLETAS CHEGAD@S Á META, NO LUGAR HABILITADO
POLA ORGANIZACIÓN.

[ Go Back ]