Calendario
Info da proba

Riveira

08/07/2018 11:00 - 11:45
Regulamento Carreira popular urbana accesible e inclusiva.
Próximamente mais información


IV CARREIRA POLA DIVERSIDADE
ÍNDICE:
Art. 1): PRESENTACIÓN
Art. 2): MODALIDADES
Art. 3) CATEGORÍAS
Art. 4) INSCRICIÓNS
Art. 5) CLASIFICACIÓN E PREMIOS
Art. 6) CONTROL DE CARREIRA
Art. 7) SERVIZOS
Art. Molón PROBAS INFANTÍS
Art. 9) SORTEO DE AGASALLOS
Art. 10) SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL











REGULAMENTO
Art. 1) PRESENTACIÓN
a) A “Asociación AMBAR dás Persoas con Diversidade Funcional” organiza a III Carreira pola Diversidade o día 08 de Xullo no Concello de Riveira. Trátase dunha proba con circuíto urbano con saída ás 11:00 do polideportivo de Coroso.
Ojo morado A carreira terá un carácter popular e inclusivo e poderán participar nela todas aquelas persoas maiores de 14 anos.
Tamén se realizarán probas infantís (art. Molón
Art. 2) MODALIDADES
Existen 5 modalidades de carreira e os participantes deberán optar a unha das seguintes opcións:
 Modalidade 5.000 m Zapatilla absoluta.
 Modalidade 5.000 m Zapatilla inclusiva. Poderán inscribirse en esta categoría todas as persoas con diversidade intelectual, sensorial ou motriz que non se inclúan en ningunha das outras modalidades.
 Modalidade 5.000 m Hand Bike.
 Modalidade 5.000 m “Cadeira de atletismo”.
 Probas infantís: Percorridos adaptados segundo idades. Sen carácter competitivo.

Art. 3) CATEGORÍAS
1. Establécense as seguintes categorías para ambos os xéneros, masculino e feminino, con trofeo para os 3 primeiros postos de cada unha:
 Zapatilla: Home/Muller
o Sub 23: desde 14-23 anos.
o Sénior: 24-34.
o Veterano 1: 35-44
o Veterano 2: Desde 45 anos.
 Zapatilla Inclusiva: Home/muller.
 “Silla de atletismo”: Home/Muller
 Handbike: Home/Muller

2. Os tempos alcanzados polos participantes con dorsal 000 non se terán en conta na clasificación final.

Art. 4) INSCRICIÓNS
A cota de inscrición é de 5 €. A recadación será destinada a programas de deporte inclusivo.
O tope de inscritos será de 300 adultos no total das distintas modalidades.
A inscrición nas modalidades de Silla de atletismo e handbike darán dereito a hospedaxe do deportista e un acompañante a noite do día 07/07/2018, por orde de inscripción ata fin de existencias.
A inscrición poderá facerse na seguinte web:
 Páxina web: http://diversidade.galitiming.com/

Ademais, nesta mesma conta, existe a posibilidade de facer a inscrición do “Dorsal 0” (trátase do abono dunha cota solidaria), debendo indicar no concepto “Carreira dorsal 0”. Tamén se poderá adquirir na mesa de dorsais o propio día da proba.
Os dorsais recolleranse no punto de Información e avituallamento preto da saída, a partir das 10:15 h. Cada dorsal irá acompañado dun detalle conmemorativo.
A data límite de inscrición termina o día 05 de Xullo ás 23:59 horas.
A partir desta data só poderase formalizar a inscrición con dorsal 0 nos teléfonos 981875475/981874480, ou o propio día no punto de repartición de dorsais.
Art. 5) CLASIFICACIÓN E PREMIOS
A clasificación será por categorías, de modo que recibirán trofeo os 3 primeiros participantes de cada categoría, tanto masculina como feminina.
Art. 6) CONTROL DE CARREIRA
A carreira estará controlada ao longo do seu percorrido polo persoal correspondente (apertura e peche de carreira, sinalizacións, etc.). O control de chegada pechará ás 11:45 h.
Art. 7) SERVIZOS
A proba conta con seguro de responsabilidade civil así como con servizo de ambulancia e médico. Tamén estarán a disposición dos participantes vestiarios e duchas no Centro de Raqueta (Pavillón de Coroso) e no IES. Nº 1 adxacentes ao lugar de realización da carreira.
Art. Molón PROBAS INFANTÍS:
Ao terminar a III Carreira pola Diversidade, realizaranse varias probas infantís, baixo as seguintes condicións:
- Inscrición gratuíta. Efectuarase nos mesmos puntos que a proba de adultos. Data límite de inscrición 05 de Xullo ás 23:59 horas.
- Tope de inscritos 200 nenos.
- Non se realizarán clasificacións das probas infantís, todos os participantes recibirán unha medalla conmemorativa.
- Inicio do primeiro grupo ás 11:30 h.
- Percorridos accesibles, e adaptados aos grupos de idade sendo:
o 3-5 anos 75 m ás 12:00 h.
o 6-8 anos 600 m ás 11:50 h.
o 9-13 anos 1.200 m ás 11:30 h.
As categorías e percorridos poderán ser modificados se non se acada un mínimo de 15 nenos inscritos por categoría.
Art. 9) SORTEO DE AGASALLOS:
Ao finalizar a entrega de trofeos farase un sorteo de distintos agasallos doados por entidades da comarca. Incluiranse no sorteo os dorsais 000. Os agasallos sortearanse entre os presentes.
Art. 10) SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL
Esta proba dispón de un seguro de responsabilidade civil e de accidentes, polo que para poder desfrutar do mesmo é imprescindible que os corredores se inscriban na páxina web e fagan constar todos os datos que nela se solicitan.
A organización non se fará responsable nos casos que os datos sexan falseados pola persoa inscrita, nin en aqueles participantes que asistan á proba sen realizar a correspondente inscripción oficial.

Asociación AMBAR, Xuño 2018.