Calendario
Info da proba

Ribeira - Virxe da Guía

16/06/2018 17:00 - 19:30
Regulamento XV Carreira Popular Virxe da Guía
“A carreira de Carreira”
Carreira solidaria a favor de Cáritas Parroquial

Data: Sábado, 16 de Xuño do 2018.
Hora: A partir das 17:00 h.
Lugar: San Paio de Carreira (Ribeira).
Distancias: de 80 a 10.000 m.
Organiza: Asociación de Veciños de Carreira, Atletismo Virxe da Guía e Concello de Riveira.
Cronometraxe: www.galitiming.com
Inscrición: Límite 300 adultos/300 escolares.
Web oficial: www.virxedaguia.org

Consultas sobre a Carreira Virxe da Guía neste tema do foro



A Asociación de Veciños de Carreira, Atletismo Virxe da Guía e o Concello de Riveira, organizan a décimo quinta edición da súa Carreira Popular Virxe da Guía, o sábado, 16 de Xuño na parroquia de Carreira (Santa Uxía de Ribeira), de acordo co seguinte:

REGULAMENTO
1. CATEGORIAS DOS PARTICIPANTES:

CATEGORIA - ANOS DE NACEMENTO

PITUFO - Atletas nados no 2014 e posteriores
PREBENXAMÍN - Atletas nados nos anos 2011, 2012 e 2013
BENXAMIN - Atletas nados no 2009 e 2010
ALEVIN - Atletas nados no 2007 e 2008
INFANTIL - Atletas nados no 2005 e 2006
CADETE - Atletas nados no 2003 e 2004
XUVENIL - Atletas nados no 2001 e 2002
JUNIOR - Atletas nados no 1998, 1999 e 2000
SENIOR - Atletas nados entre 1984 e 1997
VETERANS A - Atletas nados entre 1973 e 1983
VETERANS B - Atletas nados entre 1963 e 1972
VETERANS C - Atletas nados entre 1953 e 1962
VETERANS D – Atletas nados en 1952 ou anteriores.
VETERANAS A - Atletas nadas entre 1973 e 1983
VETERANAS B - Atletas nadas entre 1963 e 1972
VETERANAS C – Atletas nadas no 1962 ou anteriores.

2. HORARIO E DISTANCIA DAS PROBAS
17:00 - BENXAMINS - 600 m.
17:10 - ALEVINS - 1.200 m.
17:25 - INFANTILES - 1.200 m.
17:40 - CADETES - 1.800 m.
18:00 - ABSOLUTA (DE XUVENIL A VETERANS) – 10.000 m.
19:15 - PREBENXAMINS - 120 m.
19:25 - PITUFOS - 80 m.
19:30 - ENTREGA DE TROFEOS

3. INSCRICIONS :
A partires do luns, 7/ Maio /2018 e hasta o xoves, 14/Xuño/2018, ás 14.00 horas.

› PROBAS ESCOLARES (pitufos, prebenxamíns, benxamíns, alevín, infantil e cadete)

Poderán realizalas a través da web www.virxedaguia.org , recheando no cuestionario os datos solicitados.

O tope de inscritos será de 300 atletas escolares.

A inscrición será GRATUITA para estas probas escolares, aínda que se agradecerá a aportación de alimentos non perecedoiros, produtos de aseo ou roupa para nenos/as de entre 3 e 7 anos, que serán entregados directamente ós membros de Cáritas que estarán presentes no evento.

› CATEGORIAS DE ADULTO (xuvenís, junior, senior e veteráns).
As inscricións realizaranse a través da web: www.virxedaguia.org. O prezo da inscrición será de 6 €.

O tope de inscritos será de 300 atletas adultos.

Agradecerase a aportación de alimentos non perecedoiros, produtos de aseo ou roupa para nenos/as de entre 3 e 7 anos, que serán entregados directamente ós membros de Cáritas que estarán presentes no evento.

Admitiranse inscricións ata o xoves, 14 de xuño ás 14 horas, ou ó acadar a cifra tope de inscritos de 300 escolares e 300 adultos. NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS (NIN DE ESCOLARES NIN DE ADULTOS) FORA DO PRAZO ESTABLECIDO NIN O DIA DA PROBA.

Os dorsais recolleranse no lugar da saída que estará situada no Campo da Festa (a 80 metros da Capela da Guía), a partir das 15.30 horas e ata 15 minutos antes do comezo de cada unha das probas.

4. PREMIOS
- Trofeo para os 3 primeiros/as clasificados das categorías que compiten na carreira absoluta.

- Trofeo para os tres primeiros clasificados/as nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.

- Medallas para tódolos participantes nas categorías de prebenxamíns e pitufos.

Os gañadores dos distintos trofeos deberán estar presentes no acto de premiación. En caso de que un premiado non estivera presente, perderá o dereito a reclamalo con posterioridade.

5. AVITUALLAMENTOS :
Auga no km. 5, e líquidos e sólidos na meta.

6. OUTROS SERVIZOS:
Gardarroupa e gardachaves: No momento de retirar o dorsal poderán recollerse bolsas co número de dorsal pegado no que deixar a roupa ou as chaves, que serán custodiadas ata o remate da proba.

7. DUCHAS E APARCAMENTO:
Haberá servicio de duchas no Campo de Futbol A Guía, a 100 metros da liña de meta.
Destinarase unha zona de aparcamento gratuito a 50 metros da liña de saída.

8. HOMENAXE:
Este ano o corredor homenaxeado será TUCHO MARIÑO SANTAMARIA, un dos veteranos habituales en tódalas carreiras que se celebraban ó longo da xeografía galega hasta fai un par de anos nos que unha inesperada doenza fixo que tuvese que abandonar a práctica deportiva, aínda que sigue sendo habitual atopalo como espectador en moitas probas.

Consultas sobre a Carreira Virxe da Guía neste tema do foro