Calendario
Info da proba

Burela

21/07/2018 21:30 - 24:00
Regulamento Regulamento “ III Carreira 5K/10k Nocturna Burela
Bonita”.
Artigo 1: Organización e denominación da proba. O Concello de Burela organiza a “ III Carreira 10
km Nocturna Burela Bonita”, cunha distancia de 5.000 metros (1 volta) e 10.000 metros (dúas voltas)
Artigo 2: Entidades colaboradoras. Colaboran na organización da proba o Concello de Burela,
Champion Chip Norte, as entidades deportivas locais , Agrupación de Voluntarios de Protección Civil
do Concello de Burela, Policia Local e marcas comerciais.
Artigo 3: Participantes. Na carreira 5 k / 10 k nocturna Burela Bonita poderán participar persoas con
maioria de idade e de ámbolos sexos.(masculino/feminino).
Artigo 4~: Inscricións. As inscricións son persoais e intransferibles e cunha cota de 8 €. No momento
de realizar a inscrición suponse a aceptación do regulamento da III Carreira 10k Nocturna Burela
Bonita.
Non se aceptarán devolucións
Prazo de inscrición na proba realizarase ata o 19 de Xullo de 2018.
As formas e lugares de inscrición son as seguintes:
- Na web www.championchipnorte.com
Artigo 5: Data, proba , horarios e peche control. A III Carreira Noctura Burela Bonita realizarase o
Sábado 21 de Xullo de 2018 ás 22:30 horas, cerrando o prazo de recollida de dorsais trinta minutos
antes da proba. O peche de control terá un tempo máximo de unha hora e media. O horario da proba
estará comprendido de ¿¿horas.
Artigo 6: Dorsais. Os dorsais poderán ser recollidos na Praza de Abastos de Burela nos seguintes
horarios:
Venres 20 de xullo de 18:00h a 20:30h
Sábado 21 de Xullo de 19:00h a 21:00h
É necesaria a presentación do DNI para a recollida dos dorsais.
Artigo 7: Dorsal acreditativo visible. O dorsal acreditativo deberá levarse en todo momento á altura
do peito, e claramente visible na súa totalidade. A participación sen dorsal, con dorsal non oficial, ou
co dorsal correspondente a outro corredor implica a expulsión inmediata da proba por parte da
Organización.
O/a corredor/a debe indicar no reverso do dorsal calquera circunstancia a ter en conta en caso de
atención médica urxente durante a proba ( alerxia a medicamentos, etc )
Artigo 8: Control técnico de carreira. O control da carreira realizarase a través de
Championchipnorte, Protección Civil, Policia Local e Voluntarios.
Artigo 9: Médico. O médico da proba, en coordinación co control técnico de carreira poderá
descalificar a aquel participante que ó seu xuizo manifeste incapacidade para continuar a proba con
seguridade
Artigo 10: Descalificacións.Serán descalificados os participantes que non respeten as indicacións da
Policía Local, Protección Civil, Xuíces, Servizos Médicos ou membros da organización dos, así como
os que non realicen todo o circuito da carreira, non leven o dorsal ou o manipulen, ou falsifiquen datos
personales.
Artigo 11: Circuito.. No circuito o tráfico estará totalmente pechado ás persoas alleas á proba nos
seguintes termos: dende trinta minutos previos á proba e durante a celebración da mesma ,tendo os/as
deportistas o uso exclusivo da vía entre o vehículo de apertura e o de peche, e sendo só os vehículos
autorizados os que poderán seguir a proba.
A carreira realízase pola calzada de tráfico rodado sen invadir as aceras reservadas para peóns, con
excepción dos espazos peonís que se inclúen no circuito. A non observancia desta norma, así como
recortar sobre o trazado oficial poderá supoñer a descalificación na proba.
Circuito cunha distanza de 5 KM, segundo a seguinte folla de ruta:
Saida da praza da mariña,rua manuel murguia,rua curros enriquez,rua pardo bazan,rua eijo garay,
avenida da mariña, paseo maritimo ,playa urbana ,avenida da mariña,rua eijo garay,rua rio masma,rua
lamestra,rua castelao e plaza da mariña.
5k unha volta a o circui
Probas de menores
• 21:30 – PITUFOS (2011 E POSTERIORES) 150 metros
• 21:35 – SUB 10 (2009-2010) 600 metros
• 21:40 – SUB 12 (2007-2008) 1200 metros
• 21:50 – SUB 14 (2005-2006) / SUB 16 (2003-2004) 1800 metros
Artigo 13: Clasificacións. Establencense as seguintes clasificacións :
Clasificacion por categorias masculina e feminina.
Clasificacion : Mellor local clasificado.
As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non más tarde de 30 minutos despois
de comunicarse oficialmente os resultados. Se son desestimadas por éste poderase presentar
reclamación por escrito e acompañada dun depósito de 60 euros ao Xurado de Apelación.
Artigo 14: Cando un participante non se atope en condicións de cumplir o tempo máximo previsto
dende o inicio da carreira ou o sobrepase, será superado polo vehículo con bandeira verde, que indica
o final da zona de competición, e deberá abandonar a vía e en todo caso a partir de ese momento será
considerado un usuario normal da vía, debendo cumprir as normas e señais.
Artigo 15: Premios e trofeos.
CATEGORIA MASCULINA :
PRIMEIRO CLASIFICADO------------100€ + TROFEO
SEGUNDO CLASIFICADO------------50€ + TROFEO
TERCEIRO CLASIFICADO------------+ TROFEO
CATEGORIA FEMININA :
PRIMEIRO CLASIFICADO------------ 100€ + TROFEO
SEGUNDO CLASIFICADO------------50€ + TROFEO
TERCEIRO CLASIFICADO------------ + TROFEO
Trofeo para os tres primeiros de cada categoría (os premios serán acumulativos)
MELLOR CORREDOR LOCAL DO CONCELLO--------100€
MENORES (haberá premios para os tres primeiros de cada categoría)
Artigo 16: Tódolos corredores polo feito de inscribirse aceptan a publicación do seu nome e imaxen
na clasificación, medios de comunicación e Internet para promoción da proba, e consenten
expresamente a cesión dos seus datos para todo o relacionado ca participación na proba ás entidades
que a organización encomende os procedementos de inscrición, clasificación, reclamacións,
aseguramento dos atletas, etc. indicándose nese momento a forma e lugar para exercer os dereitos de
acceso, rectificación, cancelación e oposición se fora o caso.
Artigo 17: Suspensión da proba. A organización poderá decidir a suspensión da proba con carácter
previo ou durante o transcurso da mesma por calquer causa que afecte á seguridade na celebración da
mesma ( alertas de temporais, etc ), non xenerándose dereito algún cara aos inscritos.
Artigo 18: Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de Competición da FGA,
RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.