Calendario
Info da proba

Goián

24/06/2018 10:00 - 12:00
Regulamento Goián prepárase para unha nova edición da 10K Virxe dos Remedios, a cal este ano se engade tamén unha nova proba de 5K.

As inscricións están xa abertas de maneira presencial en "Espazo en Forma" de Goián, na Av. Ordóñez nº55 baixo, tamén se poden facer realizando o pagamento no nº de conta da carreira.

Os dorsais entregaránse a partires das 9:00 h, na mesma praza Pintor Antonio Fernández do centro de Goián.

A carreira será cronometrada e contará con avituallamento na metade e remate da mesma. Ao igual que o ano pasado, contamos co pavillón multiusos para cambio de roupa e ducha.

Esta edición contará co mesmo percorrido que o ano pasado, con saida e chegada na praza Pintor Antonio Fernández tanto para o 10K coma o 5K.

Percorrido: saida dende a dita praza pola Avenida Ordoñez ata chegar o Forte de San Lourenzo, desvío a esquerda en dirección a finca Pazo da Torre, depuradora de Goián e a Ponte Internacional, pasando por debaixo desta última cara o río e pola senda peonil ata o lugar do "Ariño" e volta polos camiños que percorren a comunidade de montes de Goián, cara o Espazo Fortaleza e regreso pola estrada de subida a Avenida Ordoñez hacia a meta chegada.