Calendario
Info da proba

Touro

09/06/2018 18:45 - 20:45
Regulamento VI CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE TOURO
Sábado, 9 de xuño de 2018, Touro

A partir das 18:45 horas

Consultas sobre a Popular de Touro neste tema do foro



REGULAMENTO
1.- As probas disputaranse na localidade de Touro (A Coruña). A saída e chegada de cada proba farase na rúa Isabel II, a carón da casa do Concello e o circuíto correspondente a cada categoría estará debidamente sinalizado.

2.- Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

3.- A inscrición da proba absoluta (de sub 20-sub 23 a máster) poderá realizarse na web www.emesports.es ata o mércores 06 de xuño ás 23:59 horas.

A inscrición das carreiras escolares (de pitufo a sub 18) farase a través da páxina web www.emesports.es ; a data límite de inscrición será o mércores 06 de xuño de 2018 ás 23:59 horas.

PREZOS DA INSCRICION
CATEGORIAS ESCOLARES (de pitufo a sub 18 incluídos): GRATUITA

PROBA ABSOLUTA (de sub 20 – sub 23 a máster): 5 € por participante

* O pago da inscrición poderá realizarse pola pasarela de pago da páxina web www.emesports.es. Para calquera dúbida co proceso de inscrición poderán poñerse en contacto cos teléfonos 654 285 692 (de martes a venres de 09:00 a 15:00) ou 981 504 029 en horario de 09.00 a 14.00 horas de luns a venres ou no em@il info@emesports.es.
Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da carreira.

4.- Os dorsais retiraranse na secretaría da organización ubicada na Casa do Concello, a carón da SAIDA das probas, con prazo límite 30 minutos antes de cada proba correspondente.

5.- PREMIOS
Percibirán trofeos:
- Os 3 primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida no presente regulamento, masculinos e femininos, agás a categoría pitufo que non Terán clasificación, e tamén os tres primeiros/as clasificados/as da proba absoluta masculino e feminino.
- Os tres primeiros atletas locais da proba absoluta, tanto masculinos como femininos tamén recibirán trofeo. Para optar a este trofeo será imprescindible estar empadroado no Concello de Touro.
- O primeiro club masculino e o primeiro club feminino na clasificación final, establecida pola suma dos seis primeiros clasificados e seis primeiras clasificadas do club na clasificación individual final. Nesta clasificación só se admitirá a participación de clubs federados que deberán inscribir os seus atletas de xeito individual marcando a opción de “participa na clasificación de clubs” en cada inscrición.

Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún corredor/a poderá recibir dous trofeos. A entrega de trofeos farase ao rematar a carreira.

6.- Todo/a corredor/a que chegue á meta sen o seu dorsal ou non o leve colocado de xeito correcto na zona anterior do corpo, será automaticamente descualificado. Nas probas cronometradas con chip deberán efectuar a súa devolución unha vez crucen a liña de meta.

7.- Os participantes deberán colocarse na zona de saída 10 minutos antes do comezo da súa proba.

8.- Os atletas que obteñan algún premio poderáselles solicitar que acrediten a súa idade coa presentación do DNI ou pasaporte.

9.- As reclamacións aos resultados oficiais formularánselle ao xuíz árbitro da competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos resultados.

10.- O horario das saídas poderá ser modificado, a criterio do xuíz árbitro da proba, en función do número de participantes de cada categoría.

11.- Os participantes, autorizan a facer uso das fotografías do evento nos diversos medios nos que puidese aparecer, xa sexan en soporte dixital ou texto escrito.

12.- Todo o non recollido neste regulamento resolverase de acordo co Regulamento da FGA e RFEA para probas en ruta en vigor.

Categorías e horarios


Consultas sobre a Popular de Touro neste tema do foro