Calendario
Info da proba

Narón

18/08/2018 21:30 - 22:30
Regulamento I CARRERA NOCTURNA CIDADE DE NARÓN - PASA OU ENTORNA

Abiertas inscripciones: INSCRIPCIONES



Articulo 1. O club Pasa ou Entorna, en colaboración co Concello de Narón organiza a I carreira
nocturna Cidade de Narón. Disputarase o 18 de Agosto de 2018 as 21:30, Con saida e chegada na
praza de Galicia, situada no citado concello.
Articulo 2. Inscripcións. Realizaránse na páxina de Prueba-T, ata ó día 14 de Agosto de 2018, o precio
será de 5 € ata o dia 10 de dito mes, e de 7 € ata o día 14 as 23:59 que se pechará o prazo. Non se
admitirán inscripcions posteriores a dita data. Haberá un límite de 500 inscritos.
Articulo 3. Categorías. Todas as categorías sairán ao mesmo tempo, sendo a distribución das mesmas
a seguinte.
Categoría Edades Distancia Hora de salida
Senior 18-34 7.000 21:30
Veterano A 35-44 7.000 21:30
Veterano B 45-54 7.000 21:30
Veterano C 55 en Adiante 7.000 21:30
A Idade será a que se teña o día da celebración da proba.
Articulo 4. Premios. Haberá premios os 3 primeiros/as clasificados na proba, así como os 3
primeiros/as de cada categoría. Non sendo os premios acumulativos.
Haberá asimesmo premio o club mais numeroso que participe na proba ( o club “pasa ou entorna”
NON opta a este premio ).
Haberá tamén agasallo para o participante masculino/femenino de mais Idade.
Todo aquel que cruce a liña de meta obterá unha bolsa do corredor onde verá gratamente
compensado a inscripción e o esforzo realizado para chegar a esta.
Articulo 5. Premio equipos. Crease un premio por equipos. Estes equipos estarán formados por 4
persoas, Terán que ter representantes de ambos sexos ( ao menos un rapaz, e unha rapaza ). Deberán
rematar a proba os 4 membros do equipo. Deberán poñer un nome orixinal a dito equipo a hora de
inscribirse. Na folla de inscripción haberá un campo para poñer o nome do equipo ao que pertenecen
os corredores, os catro membros deben poñer o mesmo nome do equipo ahí. O prazo para inscribir
equipos finaliza o día 10 de Agosto, co primeiro prazo de pago que ten a carreira. A clasificación final
farase sumando os tempos dos catro membros do equipo. Haberá importantes premios para os 3
primeiros equipos.
Articulo 6. Baños/Duchas.
– Haberá baños na zona de saida/chegada, no auditorio municipal.
- Duchas: Unha vez rematada a proba estarán a disposición dos corredores vestiarios con
duchas femininas e masculinas, no local social do Alto, a escasos 300 metros da chegada.
Articulo 7. - Tódolos inscritos participan voluntariamente e declaran, baixo a súa responsabilidade,
realizar o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións físicas óptimas para
realizar a proba, eximindo a Organización de dita responsabilidade. A Organización: -
Responsabilízase dos accidentes que se rexistren dentro do percorrido, pero declina toda
responsabilidade no caso de padecemento latente, accidente por abandono do itinerario establecido
ou neglixencia do participante. - Disporá dos servizos médicos, de acordo coa lexislación vixente e coa
colaboración de Protección Civil e a policía local nos puntos máis estratéxicos do percorrido. - Non se
fai responsable dos danos que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta proba.
- Non se fai responsable das consecuencias que se deriven dunha inscrición defectuosa e /ou errónea
por parte do corredor ou en quen este delegue.
Articulo 8. A recollida de dorsais será o Venres 17 pola tarde, en horario de 17:30 a 20:00, e o Sábado
18, en horario de 10:30 a 13:00 na tenda Decathlon de Ferrol
A tarde do día 18 poderanse recoller na zona de Saida da carreira a partíres das 19:15, e ata
45 mínutos antes de empezar a proba.
Articulo 9. Os participantes deberán correr co dorsal colocado no peito todo o recorrido, seguindo as
indicacions da organización, además deberán levalo a entrega de trofeos e agasallos. Ningún vehículo
alleo a organización poderá acompañar a ningún corredor, xa que supora motivo de expulsión
inmediata da competición.
Articulo 10. RECLAMACIÓNS Todas as reclamacións faranse verbalmente ó Xuíz Árbitro, situado na
zona de meta, non máis tarde de 30 minutos despois de publicados os resultados oficiais.