Calendario
Info da proba

Arteixo

11/11/2018 9:30 - 14:30
Regulamento FORMATOS DE CARREIRA:
Trail Curto de 18 km
Trail longo de 28 km
Limite de prazas 400.
Andaina de 15 km
Límite de prazas 50
CATEGORÍAS:
TRAIL LONGO
1. Masculino absoluto
2. Feminino absoluto
3. Veterán masculino, a partir dos 45 anos
4. Veterán feminino, a partir dos 45 anos
A categoría será fixada sobre os anos que o corredor teña a data 11
de novembro do 2018
TRAIL CURTO
1. Masculino absoluto
2. Feminino absoluto
3. Veterán masculino, a partir dos 45 anos
4. Veterán feminino, a partir dos 45 anos
A categoría será fixada sobre os anos que o corredor teña a data 11
de novembro do 2018
A entrega de trofeos con respecto as categorías absolutas
realizaranse conforme a orden de entrada de todos os
corredores participantes en cada distancia.
A entrega de trofeos da categoría de veterans realizaranse
sobre os corredores que cumpran o requisito de idade,
podendo ser acreedores de un trofeo absoluto e un de
veterano de darse o caso.
Este ano tamén habrá unha andaina non competitiva limitada a 50
prazas, a idade mínima para inscribirse será 16 anos, con un
percorrido de mais ou menos 15 kilómetros e +-500m de desnivel
positivo e con unha dificultade técnica e física, media alta, na que
será obrigatorio o uso de zapatillas ou bota de montaña, terá
un prezo de 8 euros que incluen: seguro de accidentes, agasallo,
avituallamentos, duchas e ó finalizar pinchos e isotónico.
DESCRICIÓN DOS PERCORRIDOS.
Trail curto
18 km cun desnivel 800m positivos.
Disporá de 2 avituallamentos sólidos e líquidos máis 1 en meta.
Mínimo 16 anos.
Trail longo
28 km cun desnivel 1800m positivos.
Disporá de 4 avituallamentos sólidos e líquidos máis 1 en meta.
Mínimo 18 anos
Andaina
15 km cun desnivel de 500m positivos
Disporá de 1 avituallamento sólido e líquido máis 1 en meta.
As inscricións para a andaina estarán limitadas a 50 prazas.
Mapa cos percorridos, situación dos avituallamentos e puntos
kilométricos:
Mapa trail longo
Mapa trail curto
Perfil trail longo
Perfil trail curto
PREZOS INSCRICIÓNS ATÉ O 6 DE
Inscrición socios: gratuíta, tanto na andaina como no trail.
Todos os participantes recibirán un agasallo.
O finalizar a proba teremos PINCHOS e bebida isotónica
Para facer a inscrición
http://www.championchipnorte.com
HORARIOS:
Horarios saída: 28km as 09:30 horas
18km as 10:30 horas
Andaina as 09:30
Horario de peche da meta: 14:30 horas
TROFEOS:
Percorrido longo:.
Masculino absoluto: Trofeos para os 3 primeiros.
Feminina absoluta: Trofeos para as 3 primeiras.
Masculino veterano: Trofeos para os 3 primeiros.
Feminina veterana: Trofeos para as 3 primeiras.
Os participantes que fagan podio en todas as categorías estarán
inscritos de balde para a edición do ano seguinte.
Percorrido curto:
Masculino absoluto: Trofeos para os 3 primeiros.
Feminina absoluta: Trofeos para as 3 primeiras.
Masculino veterano: Trofeos para os 3 primeiros.
Feminina veterana: Trofeos para as 3 primeiras.
Os participantes que fagan podio en todas as categorías estarán
inscritos de balde para a edición do ano seguinte.
Haberá sorteo de agasallos.
DORSAIS:
Poderánse recoller en Sherpani nesta dirección avenida do Balneario,
31 Arteixo o venres 9 de novembro de 19:00 a 20:30 e o sábado 10
de novembro de 12:00 a 13:00 horas.
Horario de entrega de dorsais: o propio dia da carreira dende as
08:00 a 09:00 horas trail longo e andaina.
dende as 08:00 a 10:00 horas trail curto.
Deberá levarse na parte dianteira, na camiseta ou porta dorsais.
PECHAMENTO DA META
Pecharase a meta ás 14:30 horas, polo cal os que cheguen mais
tarde desa hora quedarán descualificados.
MEDIO AMBIENTE
A Organización solicita encarecidamente que se manteña o
trazado do percorrido a realizar limpo de desperdicios (envoltorios de
xeles, barriñas, plásticos, papéis, ...).
DUCHAS:
Pazo dos deportes de Arteixo.
REGULAMENTO
É moi aconsellable levar algún tipo de portabidón ou mochila
con recipiente de auga durante a proba, así coma un cortavento en
caso de condicións meteorolóxicas adversas.
O dorsal débese colocar na parte dianteira, na camiseta ou
porta dorsais. No dorsal habrá un teléfono de contacto para
urxencias.
A organización terá o percorrido completamente balizado, e os
participantes deberán seguilo estritamente e nunca atallar; para o
seu control haberá diferentes membros da organización en diferentes
puntos.
Esta proba realizarase nun trazado que non se encontra
pechado ao tráfico; de aí que os participantes terán que respectar en
todo momento as normas de circulación.
Todo participante tenlle que prestar axuda a outro participante
accidentado e comunicarllo ao control que estea máis próximo ou a
calquera persoa da organización.
Todo participante ten que deixar adiantar aos corredores que lle
precedan e pidan paso facilitando a manobra na zona, de forma que
non ocasione risco ningún para os participantes.
Queda estritamente prohibido tirar botellas, vasos, papéis ou
calquera outro desperdicio fóra das zonas habilitadas pola
organización. O non cumprimento desta regra será motivo de
descualificación inmediata.
No caso de que un participante queira retirarse da proba,
deberao comunicar e entregar o seu dorsal. A partir deste momento
asume toda a responsabilidade sobre a súa integridade física,
quedando así a organización libre de toda responsabilidade.
A organización terá un seguro de accidentes para os
participantes o día da proba.
O feito de inscribirse supón a aceptación do regulamento.
Calquera incumprimento do regulamento será motivo de
descualificación.