Calendario
Info da proba

Santiago

09/06/2018 18:00 - 19:30
Regulamento III MILLA POPULAR DIA DO DEPORTE SOLIDARIO
Con motivo da celebración do IV Día do Deporte Solidario, o Centro Comercial Area
Central organizará, dentro da súa programación do día, a III Milla Popular Solidaria o
sábado 9 de xuño de 2018, proba aberta a atletas federados e non federados.
Toda a recadación irá destinada a ACEM, Asociación Compostelá de ESCLEROSE
MÚLTIPLE.
As probas levaranse desde a Praza de Europa en Área Central a partir das 18:00 horas e
estarán baixo o control técnico do Comité de Xuices da Federación Gallega de
Atletismo. As probas rexiránse polo seguinte:
REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación
conxunta. O control das probas estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación
Galega de Atletismo.
2. CATEGORIAS DOS PARTICIPANTES:
BIBERÓN/FAMILIAR: atletas en 2013 e posteriores e pais/nais (non competitiva)
PREBENXAMÍN: atletas nados/as en 2011 e 2012
SUB 10: atletas nados/as en 2009 e 2010
SUB 12: atletas nados/as en 2007 e 2008
SUB 14: atletas nados/as nos anos 2005 e 2006
SUB 16: atletas nados/as nos anos 2003 e 2004
SUB 18: atletas nados/as nos anos 2001 e 2002
SUB 20: atletas nados/as nos anos 1999 e 2000
SUB 23/SENIOR: atletas nados/as en 1998 ata Máster
MASTER MASC/FMNO: atletas de 35 anos cumpridos o día da proba en adiante
3. HORARIOS:
HORA CATEGORIA DISTANCIA
18.00 h Carreira Biberón e pais–nenos 200 m aprox.
18:15 h Carreira Prebenxamín 400 m aprox.
18.30 h Carreira Sub 10 – Sub 12 mixta 1 km aprox.
18.45 h Milla sub 14 – sub 16 mixta 1609,30 m aprox.
19.00 h Milla sub 18 – sub 20 mixta 1609,30 m aprox.
19.15 h Milla sub 23- senior mixta 1609,30 m aprox.
19.30 h Milla Máster mixta 1609,30 m aprox.
ENTREGA DE PREMIOS AO FINALIZAR AS PROBAS
4. INSCRICIONS
Realizaranse a través da páxina web www.carreirasgalegas.com ata o xoves 7 de xuño ás
23.59 horas (máis información en http://areacentral.es/ e www.atletismo.gal) .
Os dorsais recolleranse ata media hora antes do inicio das probas na tenda de deportes
Centro Deportivo de Área Central.
Non se aceptarán as inscricións fóra de prazo, con datos incompletos ou sen todos os
datos obrigatorios.
> O prezo da inscrición será o seguinte:
* 3 € en concepto de organización só para as millas Sub 18 e superiores.
* DONACIÓN SOLIDARIA NA RECOLLIDA DO DORSAL como mínimo de 2 €
5. PREMIOS E AGASALLOS
Haberá premios para:
* Os tres primeiros clasificados e clasificadas de cada milla (agás na proba de
biberóns) recibirán na entrega final de premios do día do Deporte Solidario un
diploma “solidario”, acto que se fará conxuntamente con outros regalos do Día do
Deporte Solidario.
6. As reclamacións sobre os resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó xuíz
árbitro da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación destes.
Todo o non previsto no presente regulamento resolverase de acordo co Regulamento
da RFEA e FGA en vigor para probas en ruta.
Mais información nas webs:
www.carreirasgalegas.com
www.atletismo.gal
www.areacentral.es
www.correrengalicia.org
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus
datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así
como a xestión da licencia de día de ranking popular e probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer
no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avda. de
Glasgow 13 15008 A Coruña.