Calendario
Info da proba

Rinlo - Ribadeo

18/08/2018 20:00 - 23:00
Regulamento II CARREIRA NOCTURNA RINLO-RIBADEO
SÁBADO 18 DE AGOSTO DE 2018 ÁS 21:45
REGULAMENTO DA PROBA
- A carreira está organizada polo Club Atletismo Ribadeo.
- Poderán participar na proba todas aqueles que o desexen sempre que nados no 2002 e anos
anteriores.
- Establecese un límite de 600 participantes na suma de tódalas categorías.
- Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de
axuda. A non observancia desta norma implicará a descualificación dos atletas acompañados.
- O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder
facer ningunha modificación nel.
- O circuíto será controlado pero non pechado ó tráfico polo que se roga os participantes
tomar as debidas precaucións.
- Na proba absoluta será obrigatorio a utilización do chip de cronometraxe fornecido pola
organización excepto para os propietarios de chip amarelo que deben utilizar o seu.
- Todos os participantes polo feito de inscribirse, aceptan a publicación tanto do seu nome
como da súa imaxe nas clasificacións da proba, nos medios de comunicación e na internet.
- Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións. A
participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.
- Será obrigatorio o uso de frontal de luz e aconsellable o uso de reflectores.
- A entrada en meta pecharase as 23:00. Todo atleta que non entrase en meta a esa hora
deberá abandonar o circuíto e se decide continuar farao baixo a súa responsabilidade.
- Nas probas de menores será obrigatorio cubrir o modelo de autorización polos titores legais
dos mesmos.
- Disporase de servizo de autobús para desprazar aos atletas dende a vila de Ribadeo (Meta)
ate a vila de Rinlo (Saída), debendo ter que anotarse, todo o que desexe utilizalo, no momento
da inscrición. Os horarios e punto de partida publicarase na páxina de facebook do club
(www.facebook.com/clubatletismoribadeo).
- Calquera outra información de inte
- A organización da proba reservase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou
circunstancia contemplada ou non neste regulamento.
CARREIRAS DE MENORES
Disputaranse a partires das 20:00 no entorno do Parque de San Francisco e a Casa do Concello.
(zona do Cantón), agás as categorías Infantil e Cadete cuxa saída será no Faro de Illa Pancha.
As categorías, distancias e horarios son os seguintes:
Categoría de Pitufos: 2013 e posteriores 60 metros 20:00
Categoría de Prebenxamín: 2011/2012 150 metros 20:05
Categoría de Benxamín: 2009/2010 350 metros 20:15
Categoría de Alevín: 2007/2008 600 metros 20:25
Categoría Infantil: 2005/2006 2.500 metros 21:30
Categoría Cadete: 2003/2004 2.500 metros 21:30
CATEGORÍA ABSOLUTA
Disputarase as 21:45 e a saída será na vila de Rinlo e a meta diante da Casa do Concello da vila
de Ribadeo, pechándose a entrada en meta as 23:00 e un percorrido dúns 8,7 kms. (Aprox.).
As categorías, tanto no apartado masculino como feminino, son as seguintes:
Xuvenil: 2000/2002
Junior: 1997/1999
Senior: 1984/1996
Veteranos/as A: 1974/1983
Veteranos/as B: 1964/1973
Veteranos/as C: 1954/1963
Veteranos/as D: 1953 e anteriores.
INSCRICIÓN:
Categoría de menores: as inscripcións faranse na seguinte web
www.championchipnorte.com .
A carreira nas categorías de menores será de balde.
Carreira Absoluta: As inscricións faranse na páxina www.championchipnorte.com .
A inscrición na Carreira Absoluta terá un custe de 8,00 € dende o inicio da inscrición ata o 5 de
Agosto. Do 6 de Agosto ata o 15 de Agosto o custe será de 10,00 €. Os non propietarios de chip
amarelo terán que abonar 1,00 € en concepto de aluguer, tendo que devolver o chip o rematar
a proba.
As inscrición pecharanse o día 15 de Agosto as 23:59 horas.
PREMIOS:
Categoría de menores: Na categoría de Pitufos recibirán una medalla e nas demais categorías
medalla ou trofeo.
Carreira Absoluta. Terán premios (trofeo ou medalla):
- Os tres primeiros absolutos tanto masculino como femenino.
- Os tres primeiros de cada categoría tanto masculino como femenino.
- Primeiro Ribadense (terá que levar como mínimo 5 anos censados no concello de Ribadeo).
- Primeira Ribadense (terá que levar como mínimo 5 anos censada no concello de Ribadeo).
- Tres primeiros equipos, que estarán formados como mínimo por cinco atletas, tendo que ser
dous atletas de distinto sexo ( equipo mixto ). Para a clasificación contarán os tres mellores
tempos obtidos polos/as atletas dun sexo e polos dous mellores tempos dos/as atletas do
outro sexo.
PERCORRIDO
A carreira terá un percorrido duns 8,7 km aproximadamente. A saída terá lugar na Praza de
Santa Catalina na vila de Rinlo e discurrirá pola estrada entorno a costa ata a vila de Ribadeo,
pasando antes pola Illa Pancha, Cargadoiro e entrará na vila pola Avenida Calvo Sotelo, Rúa
Rodríguez Murias e rematará diante da Casa do Concello.
ENTREGA DE DORASAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE CHAMPIONCHIP.
Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba. O lugar e horas de entrega
publicarase no facebook do clube (www.facebook.com/clubatletismoribadeo ).
INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA
As duchas serán nos pavillóns deportivos do Concello de Ribadeo.
INFORMACIÓN DE RESULTADOS
Os resultados da carreira estarán dispoñibles na páxina web oficial da proba
www.championchipnorte.com .
PERCORRIDO DAS PROBAS DE PITIFUFO, PREBENXAMIN, BENXAMIN E ALEVÍN.
FARANSE ENTRONO O PARQUE DE SAN FRANCISCO E CASA DO CONCELLO.
CATEGORIA DE INFANTIL E CADETE.
A SAÍDA SERA NO FARO DE ILLA PANCHA AS 21:30 horas E A CHEGADA DIANTE DA CASA DO
CONCELLO DE RIBADEO. (HABERÁ AUTOBÚS PARA DESPLAZAR OS ATLETAS QUE ASÍ O
SOLICITEN O INCRIBIRSE)
CARREIRA ABSOLUTA
A SAÍDA SERA NA VILA DE RINLO AS 21:45 horas E A CHEGADA DIANTE DA CASA DO CONCELLO
DE RIBADEO. (HABERÁ AUTOBÚS PARA DESPLAZAR OS ATLETAS QUE ASÍ O SOLICITEN O
INCRIBIRSE)