Calendario
Info da proba

Ares

04/08/2018 11:00 - 12:30
Regulamento Regulamento Completo:
• A proba denomínase XXVII Milla Urbana Concello de Ares.
• E unha proba oficial da FGA, con distancia non homologada.
• Terá lugar o sábado 4 de agosto, dende as 11 horas no Paseo marítimo da vila de
Ares.
• O recorrido e totalmente cha e disponse ao longo do paseo marítimo da vila nun
circuíto de ida e volta de iguais dimensións sobre o que iranse cubrindo as
distancias de cada unha das categorías que son as que seguen. Haberá categorías
tanto masculinas como femininas.
• Ata prebenxamíns, incluídos entregarase unha medalla a cada participante e non
existirá clasificación oficial nesas probas correndo todos os participantes co
Prebiberóns 2015 50 ( liña recta ata a
meta)
11.05
Biberóns 2013-14 100 ( liña recta ata a
meta)
11.07
Prebenxamíns 2011-12 250 ( xiro 125m) 11.10
Benxamíns/Sub 10 2009-10 500 ( xiro 250m) 11.20
Alevíns/Sub 12 2007-08 800 ( xiro 400m) 11.30
Infantís/Sub 14 2005-06 1000 ( xiro 500m) 11.40
Cadetes/Sub 16 2003-04 1600 ( xiro 800m) 11.50
Xuvenís/Sub 18
Xuniors/Sub 20
2001-02
1999-00
1600 ( xiro 800m)
1600 (xiro 800m)
11.50
12.00
Promesa/Sub 23
Senior
1996-98
1984-1995
1600 ( xiro 800m)
1600 ( xiro 800m)
12.00
12.00
Máster 1 1978-1983 1600 ( xiro 800m) 12.00
Máster 2 1977-1969 1600 ( xiro 800m) 12.10
Máster 3 1968-1959 1600 ( xiro 800m) 12.10
Máster 4 1958 e anteriores 1600 ( xiro 800m) 12.10
dorsal número 01.
• Dende benxamíns ata veteráns 4, haberá pódium das probas, con entrega de
medallas aos/ás 1, 2, e 3 clasificados/as en cada categoría tanto en masculinos
como en femininos.
• Haberá trofeo ao gañador absoluto e á gañadora absoluta da proba, así como ao
corredor/a máis xove e ao/á máis veterá.
• As inscricións faranse a través da páxina web da Federación Galega de
Atletismo, rematando o prazo ás 23.59 horas do mércores 1 de agosto. Os
dorsais poderán retirarse o venres 3 de agosto de 9 a 14 horas na Alianza
Aresana, ou o mesmo sábado no mesmo lugar ata media hora antes da proba.
Non poderán tramitarse inscricións o mesmo día.
• As persoas non inscritas oficialmente e que tomen parte da carreira a modo
particular, sin ser autorizadas polo organizador, non están amparadas polos
seguros da proba. A FGA non farase repsonsable dos danos que estas persoas
poidan causar ou causarse.
• As reclamacións referentes aos resultados oficiais, deberán ser feitas
verbalmente ao xuíz árbitro, non máis de 30 minutos despois de comunicarse
oficialmente os resultados.
• Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar
todo o circuito da carreira, non levar dorsal ou manipular este, falsificar datos
persoais, competir co dorsal ou chip de outras persoas.
• Os atletas con licenza pola FGA, deberán competir ca camiseta oficial do seu
Club.
• Os atletas con licenza federativa, terán que aterse ao Regulamento de Disciplina
Deportiva vixente.
• SERVIZOS: persoal sanitario, ambulancia, zona hidratación. A proba conta cun
seguro de Responsabilidade Civil e un seguro de accidentes deportivos para os
participantes.
• Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de
competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o
regulamento por instancias superiores.
ASISTENCIA MÉDICA: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona
de saída/meta. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar
da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o
desenvolvemento da mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade
Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia
directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecimiento
latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan
excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo.
A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no
evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e
demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de
imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e
tomar a saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir
alguna situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité
Organizador e polas normas da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
LOPD: Ao realizaren a inscrición, todos os/as corredores/as aceptan a publicación do seu nome e imaxe
nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da FGA e mediante a súa inscrición o corredor
consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a
compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión
da licencia de día de ranking popular e probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de
Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avda.
de Glasgow 13 15008 A Coruña.