Calendario
Info da proba

Ames

21/10/2018 10:30 - 13:00
Regulamento XIX Carreira Pedestre Popular Concello de Ames
DATA: 21 de outubro de 2018
LUGAR: Rúa Alcalde Lorenzo de Bertamiráns (Inmediacións da Casa do Concello)
REGULAMENTO DA PROBA
1. O Concello de Ames organiza co control técnico da Federación Galega de Atletismo, o domingo
21 de outubro a décimo novena edición da Carreira Pedestre Popular Concello de Ames. Esta proba
pertence ao VI CIRCUITO PROVINCIAL DE CARREIRAS POPULARES DA DEPUTACIÓN.
2. As probas disputaranse o domingo, 21 de outubro, na localidade de Bertamiráns. A saída e
chegada de cada proba farase na Rúa Alcalde Lorenzo de Bertamiráns (inmediacións da Casa do
Concello). O circuíto da proba absoluta estará debidamente sinalizado, contará con indicacións en
cada quilómetro e estará homologado na distancia de 10 km pola Real Federación Española de
Atletismo.
3. Na carreira poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza
federativa. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de
Atletismo.
4. As inscricións da carreira en todas as súas categorías realizaranse a través da web
www.emesports.es enchendo o formulario de inscrición. Tamén se poderá realizar
presencialmente na seguinte tenda deportiva:
- Deportes Amesport: Avenida da Maía 83 Baixo (Bertamiráns- Ames)
O prazo de inscrición para a carreira popular rematará o mércores 17 de outubro ás 23:59 horas.
PREZOS DA INSCRICION
Categorías escolares (de pitufo a xuvenil): GRATUITA
Proba absoluta (de junior a veterano): 6 €
* Poderase formalizar o pagamento a través da pasarela de pago na propia web.
** Non se admitirán inscricións fora do prazo establecido, nin o día da carreira.
NO MOMENTO DA INSCRICIÓN DEBERÁ ACREDITARSE A MARCA NA DISTANCIA DE 10 KM EN
RUTA (SÓ EN PROBAS HOMOLOGADAS)
5. Os dorsais retiraranse na secretaría da organización situada na Casa do Concello (Praza do
Concello nº 2- Bertamiráns) o día anterior á carreira (sábado, 20 de outubro) en horario de 17:00 a
20:00 horas ou no mesmo día da carreira ata media hora antes da proba correspondente. PARA
NON GARDAR COLAS RECOMÉNDASE RECOLLER O DORSAL O DÍA ANTERIOR NO LUGAR
ESTABLECIDO.
6. A carreira estará controlada ao longo de todo o percorrido a través dun chip que se entregará a
cada corredor/a e que deberá entrelazar no cordón dunha das súas zapatillas antes da saída.
Todo/a corredor/a que chegue á meta sen o seu dorsal ou sen o seu chip ou non o leve o dorsal
colocado de xeito correcto, na parte anterior do corpo, será automáticamente descualificado/a.
7. TROFEOS E PREMIOS EN
10. O horarios das saídas poderán ser modificados, a criterio do xuíz árbitro da proba, en función
do número de participantes de cada categoría.
11. Haberá servizo de duchas a disposición dos atletas no Pavillón Polideportivo Municipal de
Bertamiráns.
12. Todo o non recollido neste regulamento resolverase de acordo co Regulamento da FGA e RFEA
en vigor.
SERVIZO DE DUCHAS: PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DE BERTAMIRÁNS
13. Establécense as seguintes categorías, segundo o ano de nacemento:
HORARIOS
CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO DISTANCIA HORARIO
PITUFO FEMENINO nados/as no 2014 e posteriores 200 m aprox
12:00 horas
PITUFO MASCULINO 12:05 horas
PREBENXAMÍN FEMENINO nados/as no 2011, 2012 e 2013 350 m aprox 12:10 horas
PREBENXAMÍN MASCULINO 12:20 horas
SUB 10 FEMENINO nados/as no 2009 e 2010 1.000 m aprox
12:30 horas
SUB 10 MASCULINO 12:40 horas
SUB 12 FEMENINO nados/as no 2007 e 2008 1.000 m aprox 12:50 horas
SUB 12 MASCULINO
SUB 14 nados/as no 2005 e 2006
2.000 m aprox 13:00 horas SUB 16 nados/as no 2003 e 2004
SUB 18 nados/as no 2001 e 2002 5 km (1 volta)
10:30
horas
SUB 20 nados/as no 1999 e 2000
10 km homologados
pola RFEA
SUB 23 nados/as no 1996, 1997 e 1998
SENIOR nados/as en 1995 e ata os 34 anos
MASTER 1 MASC/FMNO de 35 a 40 anos cumpridos o día da proba
MASTER 2 MASC/FMNO de 41 a 49 anos cumpridos o día da proba
MASTER 3 MASC/FMNO de 50 a 59 anos cumpridos o día da proba
MASTER 4 MASC/FMNO a partir de 60 anos cumpridos o día da proba
PERCORRIDOS
Sub 18 (1 volta) sub 20, sub 23, sénior e máster 1, máster 2, máster 3 e máster 4
(10.000 metros): 10:30 horas
PLANO PROBA ABSOLUTA (2 VOLTAS)