Calendario
Info da proba

Noia

01/09/2018 21:00 - 23:00
Regulamento XXII CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE NOIA
O Concello de Noia coa colaboración do Clube Atletismo Noia (CAN) organizan conxuntamente a
XXII edición da súa Carreira Pedestre Popular o sábado 1 de setembro de 2018 na localidade de
Noia baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago). Esta proba
formará parte do VI CIRCUITO PROVINCIAL DE CARREIRAS POPULARES DA DEPUTACIÓN DA
CORUÑA e se rexirá polo seguinte:
REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados, haberá unha sola clasificación conxunta. O
control técnico das probas estará a cargo do Comité de Xuices da Federación Galega de Atletismo.
2. CATEGORÍAS E DISTANCIAS DOS PARTICIPANTES:
CATEGORÍA ANOS DE NACEMENTO DISTANCIAS APROX.
CHUPETE* nados/as en 2014 e posteriores 250 metros aprox.
PITUFO* nados/as en 2011-2012-2013 350 metros aprox.
SUB 10 nados/as en 2009-2010
1000 metros aprox.
SUB 12 nados/as en 2007-2008
SUB 14 nados/as en 2005-2006
SUB 16 nados/as en 2003-2004 3000 metros aprox.
SUB 18 nados/as en 2001-2002
SUB 20 nados/as en 1999-2000
8 km aprox.
SUB 23 nados/as en 1996-1997-1998
SENIOR nados/as entre 1984 e 1995
MASTER 1 MASC/FMNO nados/as entre 1978 e 1983
MASTER 2 MASC/FMNO nados/as entre 1968 e 1977
MASTER 3 MASC/FMNO nados/as entre 1958 e 1967
MASTER 4 MASC/FMNO nados/as en 1957 e anteriores
*As categorías CHUPETE e PITUFO non son categorías federativas.
REGULAMENTO
XXII CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE NOIA
Pág 2 de 4
3. HORARIO DAS PROBAS
Todos os participantes deberán colocarse na liña de SAÍDA 5 minutos antes do inicio de cada proba,
sita a mesma na Alameda de Noia e a carón da Casa do Concello.
HORA CATEGORÍA
21:00 h Chupete (250 metros aprox.)
21:07 h Pitufo (350 metros aprox.)
21:15 h Sub 10 (benxamín) e Sub 12 (alevín) (1000 metros aprox.)
21:30 h Sub 14 (Infantil), Sub 16 (Cadete) e Sub 18 (Xuvenil) (3000 metros aprox.)
22:00 h Sub 20 (Junior), Sub 23 (Promesa), Senior e Máster (Veteráns) (10 km aprox.)
23:15 h ENTREGA DE PREMIOS (ALAMEDA)
4. As INSCRICIONS DAS PROBAS ESCOLARES (de chupete a sub 18) realizarase a través da web
www.emesports.es rellenando os datos indicados no formulario de inscrición online.
As INSCRICIONS DA PROBA DE ADULTOS (de Sub 20 a máster) realizaranse tamén a través
da web www.emesports.es. Establecerase un prezo de inscrición de 6 € por participante que poderán
formalizar a través da pasarela de pago na propia web.
O prazo de inscrición rematará o xoves 30 de agosto ás 23:00 horas. NON SE ADMITIRÁN
INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO.
Os dorsais de competición recolleranse na zona da Alameda, a carón da SAIDA das probas ata
media hora antes do inicio de cada proba. Teléfono de información: 981 842 100 e 654 28 56 92 (De
Martes a Venres de 09:00 a 15:00).
Os atletas da categoría sub 18 que desexen tomar parte na proba absoluta (10 km aprox.)
deberán comunicalo previamente no correo electrónico santiago@atletismo.gal onde se lle
indicará como deben proceder.
5. TROFEOS E PREMIOS EN METÁLICO
Estableceranse os seguintes prêmios:
 Tres primeiros clasificados masculinos e femininos da proba absoluta (adultos).
 Tres primeiros clasificados de cada categoría estabelecida no presente regulamento, tanto
masculinos como femininos.
 Primeiro/a atleta local classificado/a da proba absoluta, tanto masculino como feminino.
REGULAMENTO
XXII CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE NOIA
Pág 3 de 4
 Trofeo para os 3 primeiros clubes da clasificación final.
Os trofeos non serán acumulativos, agás o dos atletas locais.
Na clasificación por clubes puntuarán os 6 primeiros atletas de cada clube, dándolle 1 punto ao
1º, 2 puntos ó 2º, etc ... o clube que menos puntos acade será o vencedor. O empate resolverase
segundo o disposto na normativa da IAFA. Para poder obtar a este prêmios os equipos deberán estar
federados en atletismo, feito que deberán xustificar así
como a composición de cada equipo, co certificado federativo ou da delegación correspondente no
seu defecto. Os clubes poderán ser mixtos.
Nas categorías CHUPETE e PITUFO daranse medalla a todos os participantes. Non haberá
trofeos para estas categorías nin se farán clasificacións.
PREMIOS EN METÁLICO
PROBA ABSOLUTA (De sub 20 a máster).
PREMIOS INDIVIDUAIS
1º Clasificado: 300 € 1ª Clasificada: 300 €
2º Clasificado: 175 € 2ª Clasificada: 175 €
3º Clasificado: 125 € 3ª Clasificada: 125 €
PREMIOS A CLUBES
1º Clube Clasificado: 200 €
2º Clube Clasificado: 100 €
3º Clube Clasificado: 75 €
Os premios en metálico serán aboados por transferencia bancaria con posterioridade ás probas. Para
elo tódolos atletas e clubes gañadores dos mesmos deberán acreditar a súa identidade coa presentación
do DNI, CIF, carnet de conducir ou pasaporte e deberán aportar o seu nº de conta.
REGULAMENTO
XXII CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE NOIA
Pág 4 de 4
6. Os atletas da carreira absoluta correrán cun CHIP que lle será entregado no momento da recollida do
dorsal. Todo atleta que chega a liña de meta sen o seu dorsal ou non o leve colocado de xeito visible
na zona anterior do corpo será automáticamente descualificado.
7. Nesta proba a participación de atletas extranxeiros e de outras federacións autonómicas rexirase de
acordo co disposto no artigo 3.4. do "Reglamento para las competiciones de la temporada de
campo a través, marcha, carreras en carretera, y reuniones de pista cubierta y aire libre” da
tempada 2017-2018. Máis información de esta norma no ligazón:
http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento2017/03_reglamento_comp.pdf
8. Haberá dous puntos de avituallamento: un situado aproximadamente a metade de percorrido, e
outro situado na liña de meta.
9. Habera servizo de duchas no polideportivo municipal de Noia disposición de tódolos atletas ó finalizar
as probas. Tódolos atletas que logren concluir a proba recibirán unha camiseta conmemorativa do
evento.
10. As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó xuíz árbitro da Competición
non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.
11. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo cos regulamentos da FGA e
RFEA en vigor para probas en ruta.