Calendario
Info da proba

Meira

11/08/2018 18:00 - 19:00
Regulamento I CARREIRA POPULAR VILA DE MEIRA

DATA: sábado día 11 de agosto de 2018
DISTANCIA: 7,8 km

HORARIO: 18:00h

Organiza:
Concello de Meira
REGULAMETO

Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de
vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará a descalificación
dos atletas acompañados.

O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a,
sen poder facer ningunha modificación no mesmo.

Será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe suministrado pola
organización excepto para os propietarios de chip amarelo que deben utilizar o
seu.

Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións.

A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera
aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento

En caso de cancelación do evento por causas alleas a organizción, non se
devolverá o importe da inscrición.

Non se devolverá a cota de inscrición en caso de non poder asistir.

O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento

DECLARACIÓN D@ PARTICIPANTE

@ participante, polo feito de inscribirse, acepta todas as cláusulas deste
regulamento e manifesta atoparse en perfecto estado de saúde para a proba,
non padecendo enfermidades que lle impidan tomar parte na mesma, sendo o
corredor/a @ únic@ responsable en caso de accidente ó non cumplir a
normativa. A organización declina
das leis e articulado do regulamento, etc. A organización declina toda
responsabilidade polos danos que @s participantes en esta proba poidan
causarse a si mesmos, como a outras persoas polas causas anteriormente
citadas.
CARREIRA ABSOLUTA

INSCRICIÓNS

A través da Web www.championchipnorte.com //
concello.de.meira@eidolocal.com

Presencial : Concello de Meira

Custo da inscrición na carreira absoluta: 3€ de dereitos de inscrición máis 1€
de aluguer de chip para non propietarios de chip amarelo Championchip.
A inscrición da dereito a participar na proba, seguro, así como facer uso de
todos os servizos establecidos pola Organización para os participantes. Na
carreira haberá camiseta técnica coa imaxe do evento para todos os inscritos.

Peche de inscricións o xoves 9 de agosto ás 24:00h

Non se aceptan inscricións por teléfono ou fax

Para poder inscribirse on-line serán obrigatorios os seguintes datos:

- DNI con letra
- Nome
- Apelidos
- Data de nacemento
- Sexo
- Clube (no caso de telo)
- Localidade
- Teléfono móbil
A organización reservase o dereito de non inscribir a quen non cubra
correctamente os datos requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na
proba.
CATEGORÍAS
• SENIOR: NAD@S NO 2002 ATA 34 ANOS
• VETERÁN/A 1: DE 35 A 44 ANOS
• VETERÁN/A 2: DE 45 A 54 ANOS
• VETERÁN/A 3: DE 55 ANOS EN DIANTE
ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE CHAMPIONCHIP

Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba (11 de
agosto) na Prz. do Concello de 12:00 a 16:45h.

PREMIOS
Trofeo para os tres primeiros homes e tres primeiras mulleres da xeral e
trofeo ou medalla para os tres primeir@s de cada categoría

Os premios son acumulables

Avituallamento final para tod@s @s atletas que rematen a proba, na zona
habilitada pola organización.
INFORMACIÓN E RESULTADOS

Na páxina da proba: www.championchipnorte.com

INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA

Duchas: Estarán a disposición d@s atletas nas instalacións do pabillón
muinicipal.