Calendario
Info da proba

Eurocidade 10 (Tui-Valença)

10/06/2018 11:00 - 13:00
Regulamento VII Eurocidade 10 (Tui-Valença)

Data: domingo, 10 de xuño de 2018
Hora: 11:00 (hora española, 10:00 hora portuguesa)
Lugar: saída e chegada en Tui
Distancia: 10.000 m.
Organiza: CLUB ATLETISMO TUI-THERMALIA en colaboración co Concello de TUI e a CÁMARA MUNICIPAL DE VALENÇA DO MINHO.
Inscrición: ata o día 7 de xuño ás 23:59 horas en championchip ou lap2go
Web oficial: eurocidade10
Acreditacións e entrega de dorsais: de 9.00h ata as 10.30h (hora española) en Tui

Consultas sobre o Eurocidade 10 neste tema do foro



REGULAMENTO:
Art.1.- A VII EUROCIDADE10 está organizada polo CLUB ATLETISMO TUI-THERMALIA en colaboración coa CÁMARA MUNICIPAL DE VALENÇA e co CONCELLO DE TUI. Os anos impares a saída e chegada será en VALENÇA e os anos pares en TUI.
Art.2.- O circuíto constará de 10 km. Nesta 7ª edición a saída será de TUI pasando pola PONTE INTERNACIONAL e polas rúas de VALENÇA e volvendo a TUI.
Art.3.- A saída darase o Domingo 10 de xuño ás 10 a.m. (PT) / 11.00 a.m. (ES) dende o PASEO DA CORREDOIRA, quedando a meta instalada no mesmo punto. O tempo máximo de duración da proba será de 1 hora 30min.
Art.4.- A organización dispón dun seguro de responsabilidade civil segundo a lexislación actual. Todos os participantes non federados dispoñerán dun seguro de accidentes, que non cobre lesións, soamente para o día da carreira, contratado pola organización. Estarán excluídos os derivados dun padecemento latente, imprudencia, neglixencia, inobservancia das leis, etc. Tamén quedarán excluídos os producidos por desprazamentos a/o desde o lugar no que se desenvolva a proba.
Art.5.- Tense previsto efectuar CATRO clasificacións independentes de acordo coas seguintes categorías:
SUB 23
Desde o día que cumpran 18 anos ata 23 anos
SENIOR
Desde o día que cumpran 24 anos ata 34 anos
VETERANOS/AS A
Desde o día que cumpran 35 anos ata 49 anos
VETERANOS/AS B
Desde o día que cumpran 50 anos en adiante

Tamén haberá unha clasificación absoluta.

Art.6.- Poderán participar calquera persoa que o desexe sen importar condición, sexo ou nacionalidade e de acordo cas normas RFEA e/ou IAAF.

Art.7.- Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non poderá recibir trofeos nin obsequios. Tampouco estará amparado polos seguros da proba.

Art.8.- O percorrido estará debidamente sinalizado pola organización. Existirá un posto de avituallamento, aproximadamente no quilómetro 5, máis o especial de meta.

Art.9.- Os servizos sanitarios e as ambulancias, estarán situados cerca da zona de Saída/Meta, e pechando a carreira xunto ao coche escoba. Calquera corredor con problemas médicos (alerxia, atencións especiais etc.) deberá facelo constar no reverso do dorsal da proba.

Art.10.- Os únicos vehículos que poderán seguir a proba, serán os autorizados pola organización e estarán debidamente sinalizados.

Art.11.- Durante a proba levarase o dorsal na parte dianteira, de forma visible e sen dobrar. A non observancia deste artigo será causa de descualificación.

Art.12.- Os dorsais e o chip entregaranse o día da proba a partir das 08:00h. (PT) – 09:00 (ES) ata as 09:30 (PT) - 10:30h (ES), é dicir, 30 min. antes do comezo da mesma. Para retirar o dorsal e o chip é obrigatorio presentar o D.N.I. ou pasaporte.
IMPORTANTE: Ao finalizar cada unha das probas é obrigatorio a entrega do chip nunha zona habilitada tras cruzar a liña de meta.
• A carreira estará cronometrada cun sistema CHAMPIONCHIP.
• Existirán controis do tempo ao longo do percorrido. Só aparecerán na clasificación aqueles participantes que realicen a carreira co chip que facilita a organización.
• O chip entregado pola organización tense que devolver obrigatoriamente á mesma ao finalizar a carreira, así como no caso de retirada ou non participación na proba. No caso de que non se devolva, o organizador cobrará 10 euros ao participante pola súa perda ou non devolución. Propietarios de chip amarelo ChampionChip, deberán participar có seu chip.

Art.13.- Descualificacións:
a. O servizo médico da competición e os xuíces árbitros están facultados para retirar durante a proba a calquera atleta que manifeste un mal estado físico.
b. Todo atleta que non realice o percorrido completo.
c. Todo atleta que non leve visible o dorsal ou que dobre o mesmo.
d. O atleta que manifeste un comportamento non deportivo .

Art.14.- Dado o carácter deportivo e Popular non se admitirán reclamacións. A organización reservase o dereito a modificar este regulamento se as circunstancias así o aconsellan (informando oportunamente), e o non recollido no mesmo resolverase segundo o criterio da mesma, sendo as súas decisións inapelables.

Art.15.- Todos os participantes, polo feito de tomar a saída na Carreira, aceptan o presente Regulamento, e no caso de dúbida ou de aparecer algunha situación non reflectida no mesmo, se estará ao que dispoña o Comité Organizador.

Art.16.- Outórganse trofeos aos primeiro e primeira da carreira. Ademáis, haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría e premios para os tres primeiros e as tres primeiras atletas da Eurocidade.

Art.17.- Todo o non previsto na presente normativa rexerase polas normas de Competición da RFEA e IAAF para a presente temporada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.

Art.18.- Outros servizos a disposición dos participantes:
1. Duchas: Pavillón Municipal de Tui.
2. Avituallamento: Habilitado nunha zona concreta ao pasar meta.
3. GARDARROUPA.
4. APARCAMENTO.
5. Entrega de Premios: A partir de la 12.00 horas (PT) – 13.00 horas (ES) na zona da saída/meta
6. Bolsa Regalo: Para cada participante que acabe a proba.

Art.19.- Inscricións
As inscricións poderanse realizar ata o xoves 7 de xuño, ás 22.59 horas (PT) - 23.59 horas (ES).
PREZO
• 4€ INSCRICIÓN + 1€ ALUGUER DO CHIP EN CASO DE NON SER PROPIETARIO DO CHIP “AMARELO”.
• A INSCRICIÓN FARASE A TRAVÉS DE https://clubatletismotui.wordpress.com/eurocidade10/ (para España utilizarase a plataforma de championchipnorte e para Portugal a de lap2go)
• Unha parte da inscrición será doado a unha organización de tipo social do entorno.

As persoas que se inscriban pola Web, non quedarán correctamente inscritas se non finalizan o proceso de pago.
A carreira, será cronometrada por ChampionChip e o chip ten que ser colocado atado nos cordóns das zapatillas e ten que ser devolto ao finalizar a proba. @s propietari@s de chip ChampionChip, teñen que competir con o seu chip.

Consultas sobre o Eurocidade 10 neste tema do foro