Calendario
Info da proba

Riveira

03/06/2018 10:00 - 12:30
Regulamento RIVEIRA21 CAMPIONATO DE GALICIA DE MEDIO MARATÓN
03 DE XUÑO DE 2018

EXTRACTO DO REGULAMENTO XERAL

SAÍDA
A saída da carreira terá lugar ás 10.00 horas desde a localidade de Aguiño en Riveira (A Coruña). Os corredores serán trasladados en autobuses desde a zona do Malecón de Riveira a partir das 08.45 horas.

CIRCUÍTO
O percorrido consistirá nunha saída desde a localidade de Aguiño, un traxecto lineal ata Riveira e 2 voltas a un circuíto urbano desde o malecón de Riveira ata a zona de Coroso. O circuíto estará medido e homologado pola Real Federación Española de Atletismo (R.F.E.A.).

PECHE DE CONTROL DA CARREIRA
O peche da proba realizarase ás 12.30 h (2 horas e 30 minutos despois da súa saída). Así mesmo, establecerase un tempo de 1 hora e 15 minutos para o paso polo km 10.

CATEGORIAS
Estableceranse as seguintes categorías de competición para o medio Maratón Riveira21:
CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO
Júnior 1999-2000
Promesa 1996-1997-1998
Sénior Desde o 1995 e anteriores ata veterans
Veterans/as 1 De 35 a 39 anos cumpridos no día da proba
Veterans/as 2 De 40 a 44 anos cumpridos no día da proba
Veterans/as 3 De 45 a 54 anos cumpridos no día da proba
Veterans/as 4 De 55 anos cumpridos no día da proba e anteriores

INSCRICIONS E PRAZOS
a) As inscricións realizaranse a través da pasarela da páxina web www.carreirasgalegas.com .
Para o campionato de Galicia realizaranse no ligazón https://isis.rfea.es/sirfea2/ e terán que ser os clubes os que inscriban no campionato aos seus atletas.
Ojo morado Cotas da inscrición:
DO 09 DE ABRIL AO 24 DE MAIO 15,00 €
DO 25 AO 31 DE MAIO 18,00 €


A inscrición no Campionato Galego será gratuíta, pero o atleta que non se inscriba no medio maratón Riveira21 perderá a opción a recibir o agasallo técnico e a optar a calquera tipo de premio da carreira popular.

ENTREGA DE DORSAIS-CHIP
Realizarase o sábado no Complexo Deportivo de A Fieiteira de 17.00 a 20.00 horas, e o domingo 03 de xuño entre ás 08.30 e 09.30 horas na zona do Malecón.

AVITUALLAMENTOS
Realizaranse postos de avituallamento nos kilómetros 5, 10, 15 e meta.

SERVIZOS MÉDICOS
A proba dispoñerá dos servizos médicos conforme a lei vixente para competicións deportivas.

OUTROS SERVIZOS
A organización poñerá a disposición das persoas participantes avituallamento e GARDARROUPA na zona de saída/meta, e duchas e vestiarios no polideportivo municipal de Coroso e Centro Deportivo de A Fieiteira.

CLASIFICACIÓN
Realizaranse as seguintes clasificacións:
- Clasificación Xeral Absoluta
- Clasificación por Categorías Masculina e Feminina
- Clasificación por clubs

PREMIOS
INDIVIDUAIS
CATEGORÍA HOMES / MULLERES
Absoluta 1º/ª 450 €
Absoluta 2º/ª 350 €
Absoluta 3º/ª 150 €
Absoluta 4º/ª 100 €
Absoluta 5º/ª 50 €

CLUBES FEDERADOS EN ATLETISMO
CATEGORÍA CATEGORÍA ÚNICA
Absoluta 1º 300 €
Absoluta 2º 200 €
Absoluta 3º 100 €
Absoluta 4º 50 €

ENTREGA DE PREMIOS
Realizarase ás 13.00 horas no podium situado na zona de meta. En caso de choiva a entrega de premios trasladarase ao auditorio municipal, situado nas inmediacións da zona de meta.

CONSIDERACIÓN FINAL
Todo o non reflectido no presente regulamento rexerase, por esta orde, polas normas da FGA, RFEA e da IAAF.

En caso de discrepaciás entre este extracto e o regulamento publicado na páxina da federación galega prevalecerá o regulamento.