Calendario
Info da proba

O Barco de Valdeorras

27/10/2018 9:30 - 12:30
Regulamento
Empezan a caer as follas, sinal que comeza o outono… e que chega un ano mais a andaina & trail de outono do Barco de Valdeorras, este ano celebramos a 13ª edición.

A data será o 27 de outubro en O Barco de Valdeorras, o lugar de encontro será o Malecón, xunto ao arroio Cigüeño. Este año tenemos TRAIL CURTO, cun percorrido de 15 Km (800m+) e será o mesmo para a ANDAINA e para los máis preparados o TRAIL LONGO de 22 km (1350m+) .

HORARIOS:
08:30 Entrega de dorsais
09:30 Saída de Andarines
10:00 Saída de Corredores de Trail Longo
10:30 Saída de Corredores de Trail Curto
14:30 Pinchada
15:00 Entrega de trofeos e sorteo de regalos

INSCRICIÓNS:
• Na web do clube ata ás 23:59 do día 21/10/2018. Prezo: 10 – 15 € (o importe varía dependendo si eres socio e federado ou non).
– FORMULARIO DE INSCRICIÓN E PAGAMENTO CON TARXETA

• Tamén podéis facer a inscrición presencial en “TriSport” (A Rúa – O Barco), “Tienda Décimas” ou en “Deportes y Bicis Chapi” ata ás 23:59 do día 21/10/2018. Prezo: 12 – 20 € (o importe varía dependendo si eres socio e federado ou non).

O importe de inscrición dá dereito ao seguro de accidente, bolsa de corredor con camiseta, duchas no pavillón municipal, atención sanitaria e picada ao acabar. A participación está limitada a 250 participantes por orde de inscrición.

PUNTOS DE CONTROL:
Durante o percorrido haberá uns puntos de control donde persoal da organización controlará o paso dos participantes por dito lugar, o non pasar por ditos puntos será motivo de descalificación.

AVITUALLAMENTOS:
Habilitaranse 3 puntos de avituallamentos, 1 líquido e 2 sólidos e líquidos durante a proba, e ao finalizar uno líquido na meta.

SERVIZOS MÉDICOS
A organización dispondrá de SERVIZOS MÉDICOS e AMBULANCIA dende a hora de comezo da carreira e ata media hora despois de pechar o acto deportivo.

PERCORRIDOS:
Percorridos señalizado de 15 Km para a Andaina é o Trail Corto, e de 22 km para o Trail Largo

PREMIOS:
Para veterans e senior (feminino e masculino) no trail curto e longo. Además en la Andaina haberá trofeo para as dúas persoas máis regulares, para o máis novo e o máis vello.

REGULAMENTO:
Idade: maiores de 18 anos o de 10 anos acompañados dun familiar.
Os que abandonen deben seguir as indicaciones do persoal dos controis.
A organización declina toda responsabilidade polos daños que podan sufrir ou causar os participantes. Estando por tanto exenta de calquera tipo de indemnización. O feito de facer a inscrición leva aceptar este regulamento e permitir á organización o uso das imaxes que se realicen durante a actividade.

Por seguridade, todolos participantes terán unha tarxeta/chip Sportident para controlar o seu paso por os diferentes controis. Obrigatorio pasar por meta e realizar a descarga da tarxeta SportIdent ao finalizar a actividade.
• En caso de abandono, obrigatorio pasar por meta e descargar a tarxeta.
• No caso de pérdidas de tarxetas, será necesario pagar o seu coste (20 €).

Os esperamos !!