Calendario
Info da proba

Baños de Molgas

28/07/2018 19:00 - 21:00
Regulamento XI CARREIRA POLULAR DO SAN SALVADOR - CONCELLO DE BAÑOS DE MOLGAS

Data: Sábado 28 de xullo de 2018.
Hora: a partir das 19.00 h.
Lugar: saída e chegada nas piscinas municipais do Parque Ansuíña.
Distancias: 150, 750, 2.300 e 7.000 m.
Organiza: Concello de Baños de Molgas.
Inscrición: a partir do luns, 25 de xuño. Data límite o 26 de xullo ou ao chegar a 300 inscritos na proba absoluta en www.championchipnorte.com.

Os pitufos deberán anotarse, pero poderán inscribirse directamente na Casa do Concello de Baños de Molgas ou no teléfono 988 430 000

Web: www.concellodemolgas.es


REGULAMENTO DA CARREIRA:

1º - PERCORRIDO:
Circuíto urbano con saída e chegada nas Piscinas Municipais do Parque Ansuíña.

2º - HORARIOS:
Os horarios da carreira serán os seguintes:
- 19:00: Pitufos
- 19:15: Benxamín/Alevín
- 19:30: Infantil/Cadete
- 20:00: Xuvenil, Promesa, Senior e Veteranos

3º - CATEGORÍAS
As categorías da carreira serán as seguintes:
- Pitufos: nacidos no 2013, 2014, 2015 e 2016.
- Benxamín: nacidos no 2009, 2010, 2011 e 2012.
- Alevín: nacidos no 2007 e 2008.
- Infantil/cadete (M-F): nacidos no 2003, 2004, 2005 e 2006.
- Xuvenil (M-F): nacidos no 1999, 2000, 2001 e 2002.
- Promesa (M-F): nacidos no 1996, 1997 e 1998.
- Senior (M/F): nacidos no 1995 até veteranos A.
- Veteranos A (M/F): de 35 a 44 anos.
- Veteranos B (M/F): de 45 a 54 anos.
- Veteranos C (M/F): máis de 55 anos.

4º - DISTANCIA:
As distancias da carreira serán as seguintes:
- 150 m Pitufos.
- 750 m Benxamíns e alevíns.
- 2.300 m Infantís e cadetes (1 volta).
- 7.000 m Resto de categorías (3 voltas).

5º - PREMIOS:
Poderán verse os premios da carreira na versión en PDF do regulamento (ver Foro)

¡¡¡OS TROFEOS NON SERÁN ACUMULATIVOS!!!

- Bebidas e froita e demais agasallos, ao remate de cada proba.

6º -INSCRICIÓNS:
A partir do luns, 25 de xuño.
Faranse por medio da páxina web: www.championchipnorte.com
Será obrigatorio, Nome e apelidos, data de nacemento, localidade, DNI ou pasaporte, sexo, nº licenza federativa (os federados), nome do club, teléfono de contacto e correo electrónico.
O custo de inscrición será de 6 € para os participantes da carreira de 7 Km, sendo para o resto dos participantes totalmente gratuíta.
O prazo de inscrición na Carreira Popular Absoluta (7 Km.) remata o xoves, 26 de xullo, ás 24 horas ou ao completar 300 inscritos.

OS PITUFOS DEBERÁN ANOTARSE!!!
(Pero poderán facelo directamente nas oficinas municipais ou no 988 430 000)

7º -DORSAIS:
Entrega o Sábado 28 de xullo, de 18:00 a 19:30 horas, para os participantes da carreira dos 7 Km, nas Piscinas Municipais do Parque Ansuíña, debendo os atletas levar o dorsal visible e sen dobreces no peito.
Nas categorías menores recollida do dorsal o sábado até 30 minutos antes da saída da proba.

8º -CHIP:
Os atletas, dende benxamín, estarán ademais, identificados a través dun chip que se entregará en aluguer a cada corredor e que deberán colocar nas zapatillas antes da saída.
Chegar á meta sen chip, será obxecto de descalificación.
Todos os participantes teñen a OBRIGA de devolvelo ao finalizar a proba, nos puntos sinalados ao pasar a meta, agás os posuidores do chip amarelo.

9º -DUCHAS E VESTIARIOS:
Nas instalacións das Piscinas Municipais.

10º -SERVIZO DE AMBULANCIA e PROTECCIÓN CIVIL
Contaremos coa colaboración de varias agrupacións de voluntarios de Protección civil e dunha ambulancia medicalizada durante o evento.

11º -A ORGANIZACIÓN DECLINA TODA RESPONSABILIDADE respecto ós incidentes físicos ou psicolóxicos, inmediatos ou posteriores, que lle poidan acontecer ós participantes desta carreira.

12º -DESCALIFICACIÓNS:
Serán motivos, entre outros, os seguintes:
- Non realizar todo o circuíto da carreira.
- Non levar dorsal ou levalo manipulado.
- Falsear os datos persoais.

13º -CONTROL:
A Carreira Popular será controlada polos Xuíces da Organización que terán como máximo responsable ao Xuíz Arbitro.
Ao longo do percorrido, a organización establecerá os controis que estimen oportunos, os cales poderán ser descalificantes para aquel/a que cometa algunha irregularidade.
Dado o carácter estritamente popular, festivo e deportivo desta proba, a organización agarda de tódolos/as participantes o mellor espírito deportivo.

14º -INFORMACIÓN:
Para a Carreira: 699 92 08 92/678 81 82 64
Para outro tipo de información: Concello de Baños de Molgas (988 43 00 00 de luns a venres, de 9 a 14 horas).