Calendario
Info da proba

Esgos

10/06/2018 11:00 - 13:00
Regulamento XII Subida Rocas - O Eirado, Esgos
Proba incluida no Campionato Galego de Carreiras de Montaña.

Consultas sobre a Subida Rocas - O Eirado neste tema do foro



Podese consultar toda a información da proba nos seguintes enlaces: atletismo.gal e www.carreirasgalegas.com

A proba terá lugar en Esgos (581 m) o domingo día 10 de xuño de 2018 e dará comezo ás 11:00 h.
A chegada é no O Eirado (1.163 m).
A distancia total a percorrer será de 13 km, cun desnivel de 582 m positivos.
Unha moto de trial irá abrindo a carreira a unha distancia de seguridade apropiada para sinalar o camiño e non entorpecer os corredores.
A entrega de dorsais realizarase o día 10 de xuño dende as 8:30 h ata as 10:45 h

As inscricións comezan o día 20 de abril e péchanse o día 08 de xuño.
O custo da inscrición será de 10 €.
A inscrición dá dereito a:
– Participar na carreira
– Camiseta conmemorativa
– Avituallamentos
– Transporte de roupa de abrigo á meta
– Transporte da Meta á Saída
– Seguro
– Comida ao termo das probas
– Sorteos

Non se poderá correr co número doutra persoa.

Toda a persoa que participe sen estar inscrita e sen número ou falseando os datos da inscrición, faino baixo a súa responsabilidade e sen ter dereito ningún os servizos e produtos aos que teñen dereito os corredores inscritos oficialmente e poderá ser retirado da proba por calquera membro da organización.

Os números deberán estar visibles en todo momento.

Estableceranse 2 puntos de control de proba polos que será obrigatorio o paso dos participantes.

O percorrido estará sinalizado con anacos de cinta de plástico de cor viva e frechas. Haberá referencias quilométricas cada 2 km.

Haberá 4 avituallamentos líquidos e o da chegada tamén sólido.

Os puntos de control médico establecidos inicialmente son: Saída/Meta e Virxe do Monte, a estes puntos poden sumarse outros aleatorios durante todo o percorrido.

É a nosa obriga concienciar e obrigar a que os participantes e organizadores poidamos deixar a montaña da mesma forma que estaba antes da carreira, por iso deberemos ser respectuosos co medio e depositar o lixo xerado nas papeleiras establecidas para iso nos puntos de avituallamento e na chegada.

En caso de incumprilo poderá dar lugar á descalificación do corredor.

Quedará descalificado o que non cumpra o regulamento, non complete a totalidade do percorrido, non pase polos puntos de control establecidos, deteriore ou ensucie o entorno, non leve o número ben visible ou desatenda as indicacións da organización ou os xuíces.

A participación no evento por parte do corredor supón a aceptación de todas as normas propostas pola Organización e as que se houbesen de propoñer para o bo desenvolvemento da proba.

A organización resérvase o dereito a realizar modificacións no itinerario que considere necesarias en función das diferentes condicións metereolóxicas ou outras causas de forza maior.

A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente, lesión ou neglixencia así como dos obxectos de cada participante.

Os corredores participan baixo a súa responsabilidade na competición e por iso exoneran de toda responsabilidade a organización da proba e conveñen en non denunciar a entidade organizadora, colaboradores, patrocinadores e outros participantes, así como tampouco iniciar ningunha reclamación de responsabilidade civil contra as citadas partes.

Polo mero feito de inscribirse, todos os participantes declaran estar en perfecto estado de saúde e aptos para a proba.
A inscrición na proba tamén implica que o participante AUTORIZA á organización da Subida Rochas – O Eirado á gravación da súa participación nesta e presta o seu consentimento para que poida ser utilizada a súa imaxe na promoción e difusión da proba e cede os dereitos relativos á explotación comercial e publicitaria que a organización considere oportuna.

O percorrido realizásese exclusivamente a pé. Os únicos vehículos autorizados para seguir a proba polo percorrido oficial son os designados e acreditados pola organización.

Queda totalmente prohibido seguir ou acompañar aos corredores polo percorrido oficial a pé, en coche, moto, bicicleta ou levando animais atados dado o perigo que poida supoñer para a seguridade destes.

Os participantes teñen a obriga de prestar socorro a outro participante que este en perigo ou accidentado e está obrigado a comunicalo ao control máis próximo.

Os participantes deben comportarse deportivamente e mostrarse respectuosos con outros participantes, voluntarios e membros da organización.

Dacordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal, todos os datos dos participantes recollidos no formulario de inscrición serán incluídos nun ficheiro privado propiedade de Concello de Esgos, organizador da Subida Rocas – O Eirado con fins exclusivos de xestión da proba. Todos os interesados poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos seus datos persoais mediante correo electrónico a info@concelloesgos.com.

Consultas sobre a Subida Rocas - O Eirado neste tema do foro