Calendario
Info da proba

Carballedo

09/06/2018 17:00 - 19:09
Regulamento IV CARREIRA POPULAR CARBALLEDO
"ENTRE CARBALLOS CENTENARIOS"

Ven á IV Carreira Popular de Carballedo e desfruta dun percorrido único, comezando na vila de A Barrela e seguindo polos fermosos camiños que nos adentrarán no interior do concello gozando dunhas paisaxes únicas a carón de pequenos ríos e regatos que alimentan aos numerosos carballos e demais vexetación autóctona.

Por todo isto e moito máis, non dubides en achegarte a correr á IV Carreira Popular de Carballedo o día 9 de xuño!!!

Data: sábado, 9 de xuño de 2018
Hora:
Categoría de menores: 17:00h
Categoría absoluta: 18:00h
Lugar: A Barrela, Carballedo, Lugo
Distancia: dende 100 a 10000 m (distancia aproximada).
Organiza: Concello de Carballedo
Patrocina: Concello de Carballedo
Colabora: Xunta de Galicia



REGULAMENTO DA PROBA:
- Poderán participar na proba todos aqueles que o desexen.
- A saída e a meta estarán situadas na praza do concello en A Barrela Praza V. Portomeñe.
- Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.
- O dorsal deberá estar sempre visible, colocado na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer ningunha modificación nel.
- Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe subministrado pola organización excepto para os propietarios do chip amarelo que poden utilizar o seu. Este, debe estar atado á zapatilla ou no nocello, mediante unha cinta.
- Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non poderá optar aos trofeos nin obsequios; tampouco estará amparada polos seguros da proba.
- O percorrido estará debidamente sinalizado en tódolos cruces e camiños mediante cintas plásticas, spray e/ou persoal voluntario.
- Os participantes obedecerán as instrucións dos membros da organización e dos controis de paso, tanto no inicio da ruta, como nos cruces nas estradas comarcais ou locais.
- É obrigatorio que cada corredor deposite o lixo nos lugares sinalizados pola organización, co fin de evitar ensuciar e degradar o medio polo que transcorre o itinerario.
- Deberase prestar auxilio a calquera participante que sufra algún accidente e informar no control máis próximo.
- Non se poderá obstaculizar voluntariamente a outro corredor.
- En caso de abandono, é obrigatorio avisar nun control ou a un membro da organización e facer a entrega do dorsal.
- Será de obrigado cumprimento a recollida de dorsais antes da hora de peche do stand habilitado para os efectos.
- Todos os participantes polo feito de inscribirse, aceptan a publicación tanto do seu nome coma da súa imaxe nas clasificacións da proba, nos medios de comunicación e na internet.

- A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.

- A organización disporá dos seguros pertinentes segundo a normativa vixente.

- A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.

- Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións.

- A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.

- O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.

CARREIRAS:
CATEGORIAS DE MENORES
Disputaranse a partires das 17:00 da tarde nos arredores da Praza V. Portomeñe de A Barrela.

Establécense as seguintes categorías (masculinas e femininas) coas distancias (aproximadas) correspondentes:

CHUPETES: nados/as en 2013 e posteriores - 100 metros (17:00).
INFANTIL: nados/as entre 2012 e 2008 - 400 metros (17:10).
XUVENIL : nados/as entre 2007 e 2003 - 800 metros (17:20).

CATEGORIAS DE ABSOLUTA:
PROMESA: nados/as entre 2002 e 1998.
SENIOR