Calendario
Info da proba

Santiago - Esclerose

20/05/2018 10:00
Regulamento
[align=left]IV Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple
REGULAMENTO XERAL
[/align]

Art.1) A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (A.C.E.M.), organiza a “IV Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple”, o domingo 20 de maio de 2018, na localidade de Santiago de Compostela, baixo o control técnico de Galitiming.
Art.2) Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha clasificación conxunta. A cronometraxe e control da carreira estarán a cargo de Galitiming.
Art.3) CATEGORÍAS
Masculina e Feminina:
 Pitufos: ano nacemento (2013-actualidade)
 Escolares A: ano nacemento (2009-2012)
 Escolares B: ano nacemento (2006-2008)
 Escolares C: ano nacemento (2005 ata os 16 anos)
 Absoluta:
- Sub 23: 17-23 anos
- Senior: 24-34 anos
- Veteranos 1: 35-44 anos
- Veteranos 2: dende os 45 anos
 ANDAINA: todas as idades
Art.4) DISTANCIAS E HORARIOS
 Pitufos: 150 metros. Saída: 12:50
 Escolares A: 500 metros. Saída: 11:00
 Escolares B: 2,5 km. Saída: 11:15
 Escolares C: 5 km. Saída: 11:15
 Absoluta (Sub23-Senior-Veteranos 1 e 2): 5 km. Saída: 12:00
 ANDAINA: 2,5 km. Saída: despois da saída da carreira absoluta
Art.5) LUGAR DE SAÍDA E PERCORRIDO
A saída e a meta da proba terán lugar no estanque da Residencia Universitaria (Avenida de Antonio Raimundo Ibáñez). O seu percorrido desenvolverase ó longo da Alameda e a Residencia.
Art. 6) INSCRICIÓNS (lugar, data límite e prezo)
O custo da inscrición é de 6 euros.
A inscrición será efectiva dende o momento en que se faga o ingreso da cuota, que poderá realizarse nas formas seguintes:
 Na Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, sita na rúa Queixume dos Pinos s/n (Salgueiriños) en Santiago de Compostela, en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
 A través da web http://polaesclerose.galitiming.com
O prazo de inscrición 02/04/2018 e rematará:
- o mércores 16 de maio ás 14h para as inscricións presenciais en A.C.E.M.
- o xoves 17 de maio ás 16h para as inscricións online (polaesclerose.galitiming.com)
Non se aceptarán inscricións por teléfono nin inscricións fóra dos prazos indicados.
Art.7) RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS (lugar e hora)
A retirada dos dorsais, poderá realizarse de dous xeitos:
1) De forma anticipada en Decathlon Santiago de Compostela (Rúa de Polonia, 2. Polígono da Costa Vella) o sábado 19 de maio nos seguintes horarios: de 11 a 14h e de 16 a 20h.
2) O mesmo día da carreira no lugar de saída (Estanque da Residencia), dende as 9:45 e ata 30 minutos antes do comezo de cada unha das carreiras e da andaina.
Art. Molón PREMIOS
Individuais:
Ós/ás tres primeiros/as corredores/as de cada categoría, tanto masculina como feminina (agás na categoría Pitufos, que recibirán todos un agasallo). No caso de que algunha categoría non teña suficientes corredores, a organización resérvase o dereito de unila a outra.
Haberá un gañador absoluto e unha gañadora absoluta da Carreira, que corresponderán á mellor marca de tempo.
Grupos:
Premios por Club: Premio ós tres primeiros clubs absolutos. A clasificación será establecida a través dos 6 primeiros/as corredores/as en cruzar a liña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade. En caso de empate, gañará o equipo que mellor clasifique o seu 6º compoñente. Os equipos poderán ser mixtos (homes e mulleres). Será imprescindible que cada atleta indique o nome do club na súa inscrición individual.
Art. 9) DATOS
Os datos obrigatorios para inscribirse son: nome, apelidos, NIF ou pasaporte, data de nacemento completa, xénero (masculino ou feminino), teléfono. Rexeitarase calquera inscrición á que lle falte algún dos datos sinalados.
Aqueles/as atletas que proporcionen datos falsos, serán descalificados.
Art. 10) CLASIFICACIÓN
A clasificación será absoluta, por categorías (agás Pitufos).
Art. 11) CONTROL DA CARREIRA
A carreira absoluta estará controlada a través dun chip RETORNABLE, que se entregará a cada corredor/a, que deberá levar colocado na zapatilla e que terá que entregar o terminar a carreira no lugar establecido para o mesmo. Todo corredor/a que non entre na liña de meta co seu dorsal, ben visible, colocado por diante ou que incumpra as normas establecidas, será descalificado.
A organización contará coa axuda dos organismos oficiais competentes que regularán o tráfico ó longo de todo o percorrido.
O control da chegada pechará 50 minutos despois de que entre en meta o primeiro corredor da categoría absoluta.
Art. 12) VEHÍCULOS
Non estará permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización. Nin mascotas, bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que
poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos ós participantes.
Debido ás características da proba, permitiranse as cadeiras de rodas con ou sen motor.
Art. 13) RECLAMACIÓNS
As reclamacións ós resultados oficiais, deberán formularse verbalmente na zona de meta non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.
Art. 14) SERVIZOS
Contarase con servizos de ambulancia, médico, vehículos de sinalización e escoba. Contarase con duchas (pavilllón do Colexio Pio XII) e garda-roupa.
Haberá avituallamento ao final das carreiras e da andaina.
A proba conta tamén cun seguro de Responsabilidade Civil e un Seguro de Accidentes Deportivos para todos os participantes (carreiras-andaina).
Art.15) PROTECCIÓN DE DATOS
Todos os participantes, polo feito de formalizar a inscrición, dan o seu consentimento para que a Organización e a entidade MUTUA CATALANA, por si mesmos ou por terceiras entidades, traten informaticamente e coa finalidade exclusivamente aseguradora e deportiva, os seus datos de carácter persoal, de acordo coas opcións contidas na inscrición.
De acordo co que establece a Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, o participante poderá exercer o seu dereito de acceso a estes ficheiros co obxecto de rectificar ou cancelar de forma parcial ou total o seu contido. Para exercitar este dereito deberá solicitalo nas direccións indicadas na ficha de inscrición.
Art. 16) OUTROS
Todo o non previsto no presente regulamento resolverase de acordo co regulamento da RFEA e IAAF en vigor.