Calendario
Info da proba

Frades

12/05/2018 17:00 - 20:00
Regulamento V CARREIRA PEDESTRE POPULAR-CONCELLO DE FRADES 2018

O Concello de Frades celebra a súa V Carreira Pedestre Popular o sábado 12 de maio de 2018 na localidade de Ponte Carreira (estrada Ordes-Ponte Carreira DP-3802) baixo o control técnico da Federación Gallega de Atletismo (Delegación en Santiago). Esta proba pertence ao VI CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA. As probas estarán as suxeitas ó seguinte:

REGULAMENTO
1- Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación. O control da carreira estará a cargo do Comité Galego de Xuíces da Federación Gallega de Atletismo, Delegación Santiago de Compostela.

2- CATEGORIAS DOS PARTICIPANTES, DISTANCIAS E HORARIO DAS PROBAS
O percorrido da carreira será dunha distancia de 8.6 km en ruta. A SAÍDA E A CHEGADA ESTARÁ SITUADA NA PRAZA PÚBLICA DE PONTE CARREIRA.
Todos os participantes deberán colocarse na liña de SAIDA 5 minutos antes do inicio de cada proba.

HORA CATEGORIA ANO DE NACEMENTO DISTANCIAS
17:00 h Pitufo-biberón-Sub 6 Nados en 2013 e posteriores 300 m aprox
(1 Volta á praza)
17:10 h Prebenxamín-Sub 8 Nados en 2011-2012 500 m aprox
17:20 h Benxamín-Sub 10 2009-2010 800 m aprox
17:30 h Alevín-Sub 12 2007-2008 800 m aprox
17:45 h Infantil (M/F) e cadete femenino-
Sub 14 e Sub 16 2003-2004-2005-2006 2000 m aprox
18:00 h Cadete masculino e xuvenil (M/F)
Sub 16 e sub 18 2001-2002-2003-2004 3000 m aprox
18:30 h Junior-Sub 20 Nados en 1999-2000 8600 m aprox
18:30 h Promesa-Sub 23 Nados entre 1996-1997-1998 8600 m aprox
18:30 h Absoluta-Senior Nados entre 1995 ata 1984 8600 m aprox
18:30 h Master 1 Masc/Fem Nados/as entre 1983 ata 1978 8600 m aprox
18:30 h Master 2 Masc/Fem Nados/as entre 1977 ata 1969 8600 m aprox
18:30 h Master 3 Masc/Fem Nados/as en 1968 ata 1959 8600 m aprox
18:30 h Master 4 Masc/Fem Nados/as a partir do ano 1968 8600 m aprox
ENTREGA DE PREMIOS

O percorrido da proba absoluta estará indicado e sinalizado cada kilómetro.


3- INSCRICIÓNS

*PROBAS ESCOLARES (prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil incluido).
Realizaránse a través do formulario online presente nas páxinas www.emesports.es. Data límite ata o xoves 10 de maio ás 23.59 horas. As inscrición para as categorías escolares serán GRATUITAS.

*CATEGORÍAS ADULTOS (junior, promesa-absoluta (senior) e master.
As inscricións realizaránse a través da web www.emesports.es. Non se aceptarán inscricións fora de prazo, con datos incompletos ou sin todos os obrigatorios presentes no formulario de inscrición online.

PREZOS DA INSCRICIÓN:

- CATEGORÍAS ESCOLARES: GRATUITA
- ADULTOS (De junior ata veteranos): 5,00 €

*INSCRICIÓN POR CLUBES FEDERADO

*Os equipos, clubes, centros… que desexen optar ós premios en metálico deberán formalizar a inscrición individual de cada atleta na web www.emesports.es e remitir un correo electrónico á dirección de correo FGAsantiago@gmail.com cos datos do clube xunto co listado de atletas que participarán na proba selado pola Federación Galega de Atletismo ou delegación correspondente no seu defecto. SEN ESTE CORREO ELECTRONICO NON PODERAN OPTAR OS PREMIOS POR CLUBES. Na clasificaión por clubes poderán entrar os atletas das categorías junior, promesa, senior e veteráns.

Admitiránse inscricións ata o xoves 10 de maio as 23.59. NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO. Os dorsais recolleránse na Secretaría da Competición sita na Praza Pública de Ponte Carreira ata media hora antes do inicio de cada proba. O dorsal deberá levarse en todo momento durante o transcurso da proba colocado de forma visible na zona do peito.

.Os atletas da proba absoluta correrán cun CHIP que lles será entregado na Secretaría no momento de recoller o dorsal.

Para calquer información adicional poderán chamar ao teléfono 600852222 (Lino).

4-Haberá servizo de vestiario e duchas a disposición de todos os atletas sito no Pavillón Municipal ao carón do CPI de Ponte Carreira (a 700 metros da saida).

A organización disporá a disposición de todos os atletas un servicio de fisioterapia, ropero e ademais de persoal sanitario e ambulancia.

Tamén haberá inchables para os mais pequenos.

5-RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS

Realizaránse o día da proba na Secretaría da Competición sita na Praza Pública de Ponte Carreira ata media hora antes do inicio de cada proba.

*CONTROL CON CHIP: A proba de adultos estará controlada a través dun CHIP que se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal e que deberá colocarse nas zapatillas antes da saída da súa proba.

E obrigatorio una vez crucen a liña de meta entrégalo nuns recipientes habilitados para tal efecto.

Todos os corredores teñen a obriga de devolver o CHIP o finalizar a súa proba.

6-O longo do percorrido á organización ubicará controis nos canles poderase descalificar a calquera atleta que incumpla a normativa da competición (sairse do percorrido, sacar o dorsal, obstaculizar ou empurrar a outros atletas…).

7. Todo atleta que chega a liña de meta sen o su dorsal colocado correctamente na zona do peito será descalificado.


8- PREMIOS ESPECIAS DA CARREIRA POPULAR

- Haberá trofeos para os 3 primeiros clasificados de cada categoría (en mulleres e homes), tamén para as categorías pitufo e prebenxamín.

- Trofeo para as 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes da carreira absoluta (junior, promesa, senior e master).

- Trofeos para os 3 primeiros clasificados/as empadroados no Concello.

- Trofeos para os 3 primeiros equipos masculinos e femeninos clasificados na clasificación final.

- Trofeo para o clube, entidade ou colexio que aporte mais participantes na proba.

- Medallas para tódolos participantes escolares (de pitufo a cadete).

- Os trofeos non serán acumulativos agás os correspondentes os atletas locais.

- Entrega de camisetas técnicas para tódolos participantes.

AO REMATE DA PROBA HABERÁ FROITA E BEBIDA PARA TÓDOLOS PARTICIPANTES.

PREMIOS EN METÁLICO
(Só para a Carreira Absoluta: JUNIOR-PROMESA-SENIOR e MASTER).

PREMIOS INDIVIDUAIS

1º Clasificado/a: 250 €
2º Clasificado/a: 150 €
3º Clasificado/a: 100 €
4º Clasificado/a: 75 €
5º Clasificado/a: 50 €

PREMIOS POR CLUBES

1º Clube federado masc/fem: 150 €
2º Clube federado masc/fem: 100 €
3º Clube federado masc/fem: 50 €

A clasificación por clubes será establecida a través dos 6 primeiros corredores en cruzar a liña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade. En caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu 6º componente.Os equipos poderán ser masculinos ou femeninos (non mixtos) .

SÓ SE ADMITIRÁ A PARTICIPACIÓN DE CLUBES FEDERADOS NOS PREMIOS EN METÁLICO, que terán que presentar o listado dos atletas co selo oficial da Federación Gallega de Atletismo ou no seu defecto da Delegación correspondente. Na confección do clube non poderán entrar atletas pertencentes a outros clubes nin filiais do mesmo.

O premios serán aboados por transferencia bancaria, para o cal os atletas e equipos gañadores terán que facilitar os datos bancarios e persoais (fotocopia do DNI) unha vez finalizada a carreira.

9.A participación de atletas estranxeiros e de outras federacións autonómicas rexirase de acordó co disposto no artigo 3.4 do “Reglamento para las competiciones de la temporada de campo a través, marcha, carreras en carretera, y reuniones de pista cubierta y aire libre da tempada 2017-2018, artigo que se pode consultar no seguinte enlace:

http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento2017/03reglamento_comp.pdf

10- As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente o Xuiz Árbitro da Competición, non mais tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.

11- Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co disposto nos regulamento da FGA e RFEA en vigor para probas en ruta.


12- Tódolos participantes polo feito de inscribirse na proba, aceptan o presente regulamento. En caso de dúbida prevalecerá o criterio da organización, prohibindo a participación sen estar inscrito ou sin levar dorsal.
[/align]