Calendario
Info da proba

Teo

21/04/2018 16:30 - 18:45
Regulamento CARREIRA PEDESTRE BATALLA DE CACHEIRAS 2018 CONCELLO DE TEO
A Concellaría de Deportes do Concello de Teo organizará o sábado 21 de abril de 2018 en
horario de mañá e de tarde a Carreira Pedestre Batalla de Cacheiras 2018 - Concello de Teo.
A carreira pedestre Batalla de Cacheiras recuperará como a pasada edición a tradición de
conmemorar os acontecementos sucedidos o 23 de abril de 1846, xa que a súa proba
absoluta e andaina discorrerán polos camiños por onde as tropas do xeneral de La Concha
avanzaron para enfrontarse ó exercito sublevado liderado polo xeneral Solís. Camiños
cheos de historia, de cultura, de paisaxe e arquitectura popular que atravesan as
parroquias de Bamonde, Oza e Cacheiras no Concello de Teo. Unha ruta lineal que comeza
ó pé da reitoral de Bamonde e rematará no cumio de Montouto.
As probas estarán baixo control técnico da Federación Galega de Atletismo e seguirán o
seguinte:
REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados, aínda que haberá unha soa clasificación
conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de
Atletismo.
2. CATEGORÍAS DOS/AS PARTICIPANTES
PEQUES: atletas nadas/os no ano 2013 e posteriores
PREBENXAMÍN: atletas nadas/os nos anos 2011 e 2012
SUB 10 (benx.) : atletas nadas/os nos anos 2009 e 2010
SUB 12 (alev.): atletas nadas/os nos anos 2007 e 2008
SUB 14 (inf.): atletas nadas/os nos anos 2005 e 2006
SUB 16 (cad.): atletas nadas/os nos anos 2003 e 2004
SUB 18 (xuv.): atletas nadas/os entre 2001 e 2002
SUB 20 (jun.)-SUB 23 (prom.): atletas nadas/os entre 1996 e 2000
SÉNIOR: atletas nadas/os en 1995 e ata máster 1
MÁSTER 1 H/M: atletas de 35 a 40 anos cumpridos ata o día da proba
MÁSTER 2 H/M: atletas de 41 a 49 anos cumpridos ata o día da proba
MÁSTER 3 H/M: atletas de 50 a 59 anos cumpridos ata o día da proba
MÁSTER 4 H/M: atletas de 60 anos ou máis cumpridos ata o día da proba
ANDAINA: a partir de 12 anos
3. HORARIOS E DISTANCIAS
As probas escolares celebraranse en horario de mañá no parque dos Tilos, a carón da
piscina municipal. Ningún/ha corredor/a poderá participar con axuda externa (pais, nais...).
A proba absoluta celebrarase en horario de tarde e sairá desde Bamonde con meta no
cumio de Montouto (punto xeodésico).
A andaina celebrarase en horario de tarde e sairá desde Bamonde con meta no cumio de
Montouto (p
A inscrición non se completará ata que se realice o pago no momento de rexistrarse na web
www.emesports.es.
Para calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán dirixirse ó teléfono: 981
815 700 (Departamento de Deportes) ou no mail deportes@teo.gal
RECOMÉNDASE A TODAS AS PERSOAS INSCRITAS QUE COMPROBEN A LISTAXE DE
PARTICIPANTES EN www.emesports.es ANTES DE QUE REMATE O PRAZO DE
INSCRICIÓN.
Todos/as aqueles/as participantes que non saian nas listaxes da páxina web non
poderán participar o día da carreira.
CAMISETA CONMEMORATIVA
Todos os participantes recibirán unha camiseta conmemorativa do evento.
5. RECOLLIDA DE DORSAIS E CAMISETA CONMEMORATIVA
 Probas escolares: a partir das 09.00 horas no lugar de saída (a carón da piscina
municipal dos Tilos) e ata 30’ antes da súa proba.
 Proba absoluta: a partir das 15:30 horas no lugar da meta (alto de Montouto – Nave
de Augas de Teo) e ata 30’ antes do inicio da proba respectando o horario de
autobuses establecido pola organización.
 Andaina: a partir das 15:00 horas no lugar da meta (alto de Montouto – Nave de
Augas de Teo).
 Todo/a atleta que entre na liña de meta sen o seu dorsal ou sen que estea
debidamente colocado na parte anterior do corpo en toda a súa extensión será
automaticamente descualificado.
6. SERVIZO DE AUTOBUSES E DE ROUPEIRO NA PROBA ABSOLUTA E NA ANDAINA
Unha vez recollido o dorsal os/as atletas adultos/as e participantes na andaina que o
necesiten serán trasladados en autobús ata o punto de saída.
Horario de saída dos autobuses:
Andaina: 16:15 h
Carreira absoluta: a partir das 16:15 h, o último sairá ás 17.05 h
Haberá servizo de roupeiro na liñas de saída (Bamonde) e meta (Nave de Augas de Teo).
7. TROFEOS PARA OS CORREDORES/AS
Haberá trofeo para:
› Os 3 primeiros/as clasificados/as en todas as categorías establecidas (homes e mulleres).
› As 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes da proba absoluta.
› O/A participante máis novo/a e o/a máis veterano/a que logre concluír a proba polos
seus propios medios e sen axudas externas.
› O primeiro equipo federado masculino e femenino clasificado na clasificación final.
› O centro escolar do Concello de Teo que achegue máis participantes que logren concluír
a proba (deberá indicarse o centro educativo na inscrición).
› O/A primeiro/a clasificado/a empadroado/a en Teo en cada categoría, homes e mulleres,
(deberá indicarse se está empadroado/a ou non no concello de Teo na inscrición), o/a
participante que non o especificara correctamente na inscrición non poderá reclamar o
trofeo.
Os trofeos non serán acumulativos, excepto os trofeos ás e ós atletas locais.
A clasificación por clubs da proba absoluta será establecida a través dos 6 primeiros/as
corredores en cruzar a liña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos
puntos acade. En caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu 6º compoñente
(imprescindible facer a inscrición como club). Haberá equipos masculinos e femeninos nesta
clasificación.
Para optar ó premio ó mellor club federado da proba absoluta deberán anotarse os atletas
individualmente na web www.emesports.es e remitir un correo á dirección
santiago@atletismo.gal indicando os datos do club e a listaxe dos/as atletas inscritos.
Para o premio ó centro escolar do concello de Teo que achegue máis participantes ás probas,
deberán realizar a inscrición do mesmo xeito, inscribindo os atletas individualmente na web
www.emesports.es e remitindo un correo electrónico á dirección indicada
(santiago@atletismo.gal).
8. RECLAMACIÓNS
As reclamacións sobre os resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó xuíz árbitro da
Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación destes. Todo o non previsto
no presente regulamento resolverase de acordo co Regulamento da RFEA e FGA en vigor
para probas en ruta.
9. SERVIZO DE DUCHAS
Haberá servizo de duchas a disposición dos/as atletas nas instalacións da Piscina Municipal
dos Tilos para as carreiras escolares e no pavillón dos Tilos para á carreira absoluta.
10.DEREITOS DE IMAXE
O/a participante nas carreiras e na andaina autoriza o uso de fotografías propias sempre que
o seu uso garde relación co evento no que se subscribe. Coa realización da inscrición o/a
participante admite que o organizador, poida facer uso da imaxe de todos os/as participantes
en calquera formato xa sexa gráfico ou dixital e en todas as súas formas (vídeo, foto, dvd,
internet, carteis, medios de comunicación, etc…).
Todos os dereitos de imaxe pertencen á organización (Concello de Teo).