Calendario
Info da proba

Vigo

11/11/2018 10:00 - 13:00
Regulamento VIGO + 11
CARREIRA POPULAR
REGULAMENTO
1. A Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo, coa colaboración do
Concello de Vigo, organizan a 12ª Carreira PopularVIGO +11, baixo o control
técnico do Comité Galego de Xuíces
2. Data: 11 de novembro de 2018
3. Saída e Meta: Rúa Concepción Arenal esquina Rúa Luis Taboada
4. Avituallamento para tódolos participantes na rúa Tomás A. Alonso, fronte a
Barreras
5. Inscricións: Poderán participar cantas persoas o desexen, estean ou non
federadas, presencialmente en Deportes Athletics, Avenida de Balaídos 2, de
10:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:30, ou a través da web championchipnorte.com
6. Cota: 5 €, excepto as categorías sub8, sub10, sub12, sub14, sub16 e sub18.
En caso de facer a inscrición no sitio web championchipnorte.com, poderase
confirmar a correcta inscrición pola web de forma inmediata, se aparece nos
listados publicados.
7. Prazo de inscrición: ata o día 7 de novembro ás 24:00 (20:00 no caso das
presenciais). Non admitíndose ningunha inscrición fóra de prazo, nin o mesmo día
da carreira.
8. Entrega de dorsais e chips: Efectuarase en Deportes Athletics (Avenida de
Balaídos 2) 10 de novembro, desde as 10:00 ás 21:00 horas, na Planta 5ª e o día da
Carreira na liña de meta a partir das 9:00.
9. Premios: Recibirán trofeo, os tres primeiros clasificados, tanto masculino como
feminino, de cada categoría. Excepto sub8 da que non se fará clasificación e
recibirán un detalle en meta todos.
Premios en metálico (carreira 10 km):
300 € 1º absoluto masculino 1ª absoluta feminina
150 € 2º absoluto masculino 2ª absoluta feminina
100 € 3º absoluto masculino 3ª absoluta feminina
10.A proba está incluída no circuíto Run Run Vigo do Concello de Vigo.
11. Será motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar
todo o circuíto da carreira, non levar dorsal ou manipular este, falsificar datos
persoais.
12. Non poderán participar atletas estranxeiros con marcas de máis de 950 puntos
de taboa internacional. según de detalla no artigo 3.4. do Regulamento para as
competicións de Campo a Través, Marcha, Ruta, Trail e Pista, para competicións
autonómicas da RFEA, disponible en:
http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento2018/09_ReglamentoCompeticiones.pdf
13. Haberá servizo de duchas no Real Club Náutico de Vigo a disposición de tódolos
atletas ao finalizar as probas.
14. Horarios e Categorías:
Categoría Distancia (aprox.) Hora de saída
Sub8 2012-2013-2014 200 m (recta meta) 10:00
Sub10 2010-2011 1 km (1 volta c.) 10:15
Sub12 2008-2009 1 km (1 volta c.) 10:15
Sub14 2006-2007 2 km (2 voltas c.) 10:30
Sub16 2004-2005 3 km (3 voltas c.) 10:45
Sub18 2002-2003 3 km (3 voltas c.) 10:45
Sub20 2000-2001 10 km 11:11
Sub23 1997-1998-1999 10 km 11:11
Sénior 1996 ata Máster 10 km 11:11
Máster 40 40 ata 44 anos cumpridos 10 km 11:11
Máster 45 45 ata 49 anos cumpridos 10 km 11:11
Máster 50 50 ata 59 anos cumpridos 10 km 11:11
Máster 60 60 ou máis anos cumpridos 10 km 11:11
15. As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó Xuíz
Árbitro da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos
mesmos.
16. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo coas
normativas vixentes da FGA, RFEA e IAAF, nesta orde, así como todo o
regulamentado por instancias superiores.
OUTRAS DISPOSICIÓNS
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á
organización; nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan
acompañar, avituallar ou marcar ritmos aos participantes.
ASISTENCIA MÉDICA: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na
zona de saída/meta. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están
facultados para retirar da carreira a calquera participante que manifeste un mal
estado físico durante o desenvolvemento da mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de
Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se
produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan
excluídos os casos derivados dun padecimiento latente, imprudencia ou
inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos
os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o
mesmo. A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a
continuación se expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda
responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á
organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais
organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus
dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de
Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e
tomar a saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida
ou de xurdir alguna situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao
que dispoña o Comité Organizador e polas normas da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
LOPD: Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu
nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da FGA e mediante a súa inscrición o
corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta
entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros
obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licencia
de día de ranking popular e probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei
de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de
acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo
electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008 A
Coruña.