Calendario
Info da proba

Vigo - San Xoán

23/06/2018 21:00 - 22:00
Regulamento XXXV CARREIRA NOCTURNA DE SAN XOÁN
REGULAMENTO
1. Co patrocinio e colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Vigo, a Agrupación
Viguesa de Atletismo organiza a XXXV Carrera Nocturna de San Xoán, a celebrar o 23 de xuño de
2018 en Vigo.
Esta carreira está incluida no Circuito de Carreiras RUNRUN VIGO do Concello de Vigo.
2. A carreira dispútase nun circuíto urbán de aproximadamente 7,7 km con saída ás 21:00 dende a Praza
do Rei, e co seguinte percorrido: Camelias, Romil, Pi i Margall, López Mora, Bar Boo, Avda de A
Coruña, Tomás A. Alonso, Paulino Freire, Beiramar, finalizando diante dos soportais da praza do
Berbés.
3. Poderán participar cantas persoas maiores de 14 anos o desexen estén ou non federadas. As
inscricións formalizaranse no sitio web de RUN RUNVIGO (http://runrunvigo.com) ou ben na páxina
de championchip norte (https://championchipnorte.com), ata o 21 de xuño. Non se admitirán
inscripcións o día da carreira.
4. A cuota de inscripción é de 8 €.
5. Os atletas participarán cos dorsais e chip que se entregarán o 23 de xuño de 19:00 a 20:15 na Lonxa
do Concello de Vigo (Praza do Rei). Non se entregarán imperdibles, cada participante deberá traer os
seus. Os chips devolveranse á chegada da carreira.
6. Concederánse trofeos ós tres primeiros e primeiras clasificadas por cada unha das seguintes
categorías: tanto en homes como mulleres
A de 14 a 18 anos
B de 19 a 35 anos
C de 36 a 45 anos
D de 46 anos ou máis,
7. PREMIOS:
A Organización entregará un xamón ó primeiro e á primeira da clasificación xeral, e unha paletilla
ós/ás primeiras/os de cada categoría. Haberá un sorteo de agasallos entre as/os participantes, recibindo
estos/as un tícket numerado á entrada en meta para dito sorteo. Tamén haberá sardiñas asadas para as/os
participantes ó remate da carreira.
8. Colaboran neste evento; a Asociación de veciños do Casco Vello, Coca Cola, Cofradía de pescadores
San Francisco, Autoescolas Faro-Paso-Salaberri, Policía Local de Vigo, Protección Civil de Vigo,
Voluntarios do Concello de Vigo e Fundación VIDE, Porto de Vigo, Visual Publinet, Clínica Dentfor,
Frutas Sol, Balneario de Mondariz e Zunfer S.A..
9. A Organización ten contratado un seguro de accidentes para as/os participantes da proba.

A Agrupación Viguesa de Atletismo