Calendario
Info da proba

Ribadeo -As Catedrais

15/09/2018 17:30 - 20:00
Regulamento V Media Maratón Ribadeo – As Catedrais
1. Denominación
O Concello de Ribadeo coa colaboración do xornal “El Progreso” organiza a “V Media
Maratón Ribadeo – As Catedrais”
2. Data de celebración
Sábado 15 de setembro de 2018. A saída da proba será ás 17:30 horas dende a casa do
Concello de Ribadeo.
3. Percorrido, categorías e premios
A distancia desta carreira é a dunha media marathón 21.097 m., sobre un pavimento
mixto: asfalto, terra e aglomerado de grava. A saída ten lugar dende a casa do Concello e
realiza un pequeno percorrido urbano pola vila de Ribadeo, tomando logo dirección cara á
praia das Catedrais pola costa, pasando polo Cargadeiro, a illa Pancha, Rinlo e a ruta das
praias (Xuncos, Os Castros, Illas e Esteiro, para rematar nas Catedrais)
Categorias:
 Xuvenil; De 16 a 18 anos
 Sénior; De 19 a 39 anos
 Veteran@ A: De 40 a 49 anos
 Veteran@ B: De 50 a 59 anos
 Veteran@ C: De 60 a 69 anos
 Veteran@ D: 70 anos ou mais
Medallas aos/ás 3 primeiros/as de cada categoría (masculino e feminino).
Trofeo para o corredor e corredora máis xove e máis veterano/a en rematar a proba.
Camiseta conmemorativa para cada atleta que chega á meta.
Bolsa do corredor
RIBADENSES E CLASIFICACIÓN FINAL DA MEDIA MARATÓN:
Trofeos e premios en metálico para os 3 primeiros homes e 3 primeiras mulleres, tanto na
clasificación absoluta como na de R
5. Inscricions e prezos
Alquiler de chips a non propietarios 1 €. Tarifas de inscripción: Ata o 25 de xullo 3 €,
dende o día 26 de xullo ata o 14 de agosto 4 € e dende o 15 de agosto ao 11 de setembro 5
€. Máximo 2.000 persoas inscritas.
INSCRICIONS PARA A CARREIRA
 A través de Internet en www.championchipnorte.com, ata o martes 11 de
setembro ás 23:59 horas.
Poderase verificar a inscrición dos seguintes xeitos:
1.- Visualizando as listaxes de persoas preinscritas publicadas nas webs.
2.- Recibirase un mail na dirección que se introduciu na conta de usuario/a
3.- Poderase ver este xustificante accedendo á conta de usuario/a.
As persoas que non finalicen o proceso de inscrición (segundo a mensaxe
de aceptación) non estarán correctamente inscritas.
 Inscrición presencial nas oficinas das áreas de Deportes e Información Xuvenil do
Concello de Ribadeo (OMIX), Casa da Xuventude (rúa Antonio Otero, 15) antes do
martes 11 de setembro ás 14,00 h., achegando os seguintes datos obrigatorios:
- Nome e apelidos
- DNI con letra
- Data de nacemento completa
- Enderezo
- Club ao que pertence
- Se está federado ou no
- Teléfono de contacto
- Enderezo electrónico para a confirmación da inscrición.
- Se está censado no Concello
- Talle de camiseta
IMPORTANTE: Non se admiten inscricións posteriores ao martes 11 de setembro, nin o
día da proba. Os chips son persoais e intransferibles e van asociados a cada participante.
Deben colocarse na zapatilla, atado debidamente aos cordóns. Unha vez finalizada a proba,
débese devolver o chip á organización.
6. Datos de interese para @s atletas.
 A retirada dos chips e dorsais será o sábado 15 de setembro de 11:15 a 13:15 e de
15:00 a 17:00 horas na casa do concello de Ribadeo
 Estarán a disposición das persoas participantes os vestiarios do Pavillón
Polideportivo Municipal (Avda. de Luarca s/n), tanto para cambiarse antes da proba
coma para ducharse unha vez finalizada.
 Haberá autobuses para trasladar os/as atletas antes da proba, dende a praia das
Catedrais ata a casa do concello de Ribadeo. Dende as 15:00 ata as 16:45 horas non
é recomendable agardar o final xa que os últimos van completos (cada 15 minutos).
 Recollida e traslado de mochilas de participantes dende a casa do concello ata a
praia das Catedrais.
 Durante a proba os/as atletas disporán de varios postos de avituallamento líquido.
 Na meta os/as atletas disporán de avituallamento líquido e sólido
 Camiseta conmemotrativa.
7. Regulamento e normativa particular
1 As persoas participantes correrán polo carril dereito debidamente habilitado para tal fin,
sempre obedecendo as indicacions do persoal de carreira que en todo momento estará
debidamente identificado.
2 Os únicos vehículos autorizados para seguir a carreira son os acreditados pola
organización. Calquera outro vehículo (automóbil, moto, motocicleta ou bicicleta) non
autorizado será expulsado da carreira. Non se permite tampouco ningún vehículo de apoio
a participantes, en dito caso serán ambos expulsados da carreira.
3 A organización, nos casos que sexan precisos e como medida de precaución, poderá
obrigar o/a corredor/a a abandonar a carreira, quedando a organización exonerada de
calquera responsabilidade sobre os danos persoais que poda ocasionar o non acatar por
parte do corredor dita orde.
4 Todas as persoas participantes estarán cubertas por unha póliza de seguros de
responsabilidade civil e de accidentes. A organización declina toda responsabilidade sobre
os danos físicos ou morais que durante a participación nesta proba o/a atleta poida
causarse a si mesmo/a ou a terceiras persoas. A organización da proba non se fai
responsable dos danos ou perxuízos propios e/ou a terceiros que cada participante poida
ocasionar.
5 Toda persoa participante polo simple feito de tomar a saída acepta as condicións do
presente regulamento.