Calendario
Info da proba

Moeche

09/06/2018 18:00 - 20:00
Regulamento V CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MOECHE



Consultas sobre a Popular de Moeche neste tema do foro

REGULAMENTO DA V CARREIRA POPULAR DE MOECHE

1. ORGANIZACIÓN:
O Concello de Moeche organiza a V Carreira Popular de Moeche. A proba terá lugar o Sábado 9 de Xuño de 2018 dende as 18:00 horas, con saída e chegada nas inmediacións da Casa do Concello e discorrerá polas vías do Concello de Moeche. Esta proba está incluída no “ III Circuíto Corre polo Norte”, o cal ten o seu propio regulamento que tamén rexe esta carreira, e que se pode consultar en www.prueba-t.es.. Haberá control técnico por parte da empresa de servizos deportivos PRUEBA-T en todas as categorías.
Para levar a cabo esta carreira cóntase coa colaboración da Deputación da Coruña, Protección Civil, Lácteos Moeche, Supermercado O Cruce, Supermercado Moeche e Supermercado Ubaldo.

2. PARTICIPACIÓN:
A proba estará aberta a todos/as os/as atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade.

3. CATEGORÍAS:
CATEGORÍA....ANO NACEMENTO......DISTANCIA.......SAIDA
- Pitufos M/F...........2011-2016..............150 m.......18:00 * as/os máis pequerrechas/os farán antes unha carreira non competitiva de 30 metros e poderán ir acompañadas/os do seu pai/nai.
- Benxamín M/F.......2010-2009..............500 m......18:10
- Alevín M/F............2008-2007.............1000 m......18:20
- Infantil M/F..........2006-2005..............1000 m......18:30
- Cadete M/F..........2004 - 2001............2000 m......18:40
- Absoluta M/F.....2000 e anteriores.....6500 m....19:00
CATEGORÍAS INCLUÍDAS NA ABSOLUTA:
Senior M/F: 2000-1984
Veterán A M/F: 1983-1967
Veterán B M/F: 1966 e anteriores

4. INSCRICIÓNS:
- A inscrición será gratuíta para os/as atletas das categorías menores (nados no ano 2001 ou posteriores) e de 4 € para os/as atletas da categoría absoluta (nados no ano 2000 ou anteriores) ; e poderá realizarse a través da páxina web da empresa de servizos deportivos PRUEBA-T: www.prueba-t.es , ou na plataforma de eventos deportivos : www.ranckr.com
Calquera dúbida ou máis información serán atendidas no teléfono 639417975 ou por correo electrónico: daniel.feijoo@moeche.gal.
- O prazo de inscrición rematará o Xoves 7 de Xuño ás 23:59 h.
- Límite de prazas: 350
- Non se admitirán inscricións fóra do prazo.
- A inscrición da proba é persoal e intransferible.
- A realización da inscrición implica ter lido, entendido e aceptado o regulamento da proba.
- A realización da inscrición inclúe como agasallo unha camiseta conmemorativa para os/as adultos e unha mochila para os/as menores, que se entregarán a cada corredor na recollida de dorsais.
- A proba estará controlada polo persoal da empresa de servizos deportivos PRUEBA-T e estarán capacitados para descualificar a calquera atleta que incumpra o regulamento.

Protección de datos: Todos/as os/as corredores/as ao realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe na clasificación, medios de comunicación, cartelería e/ou internet. Mediante a inscrición o corredor/a consinte expresamente que os seus datos sexan empregados pola organización para comunicacións acerca da súa actividade. En todo caso e tal e como establece a Ley de Protección de datos, o interesado pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante un escrito ou correo electrónico.

5. ENTREGA DE DORSAIS:
Os dorsais entregaranse o día da proba na zona habilitada pola organización (Casa do Concello), ata media hora antes da saída de cada proba.

6. GARDARROUPA:
A organización habilitará un servizo de gardarroupa, pero non se responsabiliza dos efectos depositados no interior das bolsas. Estará instalado na Casa de Concello.

7. SERVIZO DE DUCHAS:
A organización poñerá a disposición dos/as corredores servizo de duchas. (Pavillón Municipal de Deportes).

8. PERCORRIDOS:
- A saída e meta situaranse na casa do Concello de Moeche e as diferentes carreiras realizaranse no entorno próximo arredor de toda a localidade.
- É obrigatorio que os corredores leven durante toda a carreira o dorsal no peito, debendo chegar á meta con el.
- En todas as carreiras haberá ciclistas abrindo e pechando o grupo de atletas.
- Na carreira de adultos, en caso de haber dobrados, estes deberán facilitar o paso dos/as atletas máis rápidos botándose cara a esquerda do trazado.
- Nos tramos de dobre sentido de carreira, os/as corredores/as deberán ir pola esquerda da calzada para non entorpecer o paso dos/as demais corredores/as.
- O percorrido da categoría absoluta é maioritariamente sobre asfalto, con pequenos tramos de herba e terra.
- As distancias sinaladas son aproximadas.
- A organización resérvase o dereito de realizar modificacións ou cambios no percorrido se a seguridade o require; e na distribución das saídas dependendo da cantidade de inscritos.

9. AVITUALLAMENTO:
Haberá servizo de avituallamento sólido e líquido ao final da proba por cortesía de SUPERMERCADO MOECHE , SUPERMERCADO O CRUCE E SUPERMERCADO UBALDO.

10. VEHÍCULOS:
Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba son os designados pola organización, que regularán o tráfico ao longo do percorrido. Queda totalmente prohibido seguir aos corredores en coche, moto ou bicicleta, polo perigo que puidera supoñer para os atletas, así como a participación de animais.

11. PREMIOS :
- A organización premiará aos tres primeiros/ras clasificados/as de cada categoría Masculina e Feminina a partir da categoría Benxamín . Os primeiros clasificados de cada categoría masculina e feminina tamén levarán como agasallo un queixo doado por LÁCTEOS MOECHE.
- Os/as corredores da categoría Pitufos recibirán todos/as unha medalla.
- Trofeo para o mellor Modestino e mellor Modestina (empadroados) en categoría absoluta.
- A entrega de trofeos realizarase unha vez remate a proba da categoría absoluta.

12. III CIRCUÍTO CORRE POLO NORTE:
Poderán optar á clasificación do Circuíto os/as atletas de categorías sénior e veteráns.
Os puntos de cada deportista serán en función da posición que ocupen na entrada en meta, da seguinte maneira:
POSTO PUNTOS
1º 25
2º 21
3º 18
4º 16
5º 15
6º 14
7º 13
8º 12
9º 11
...............
19º 1
20º 1
seguintes 1

O/a deportista que queira optar á clasificación final deberá completar polo menos 5 probas das 7 posibles. No caso de que aumente o número de probas co circuíto xa iniciado, deberase completar o 70% das probas totais.
O/a deportista que completara todas as probas, recibirá 50 puntos extra para a clasificación final.
O/a vencedor/a final do Circuíto será o/a que obteña a maior puntuación. En caso de empate, se terá en conta:
1º o maior número de probas completadas.
2º o maior número de mellores postos.
O premio final do circuíto constará dun trofeo e premio económico ao deportista con mellor puntuación, home ou muller que participe na categoría sénior, veterán A ou veterán B.

13. SEGURO:
A proba conta cun seguro de accidentes para todos/as os/as corredores/as que cubre os posibles danos e responsabilidade civil.
Esta carreira disporá de ambulancia medicalizada para atender posibles incidencias.
Igualmente o atleta declara estar en condicións físicas óptimas para realizar dita proba. Todos/as os/as participantes polo feito de inscribirse, aceptan o presente regulamento i en caso de dúbida ou de surxir algunha situación non reflexada no mesmo, acatarase o que dispoña o Comité Organizador da proba.

14. DESCUALIFICACIÓNS:
A proba estará controlada por técnicos da empresa de servizos deportivos Prueba-t e polo persoal do concello de Moeche; e estarán capacitados para descalificar a calquera atleta que incumpra o regulamento ou mostre unha actitude antideportiva e irrespetuosa contra participantes, organización, espectadores e medioambiente.

Consultas sobre a Popular de Moeche neste tema do foro