Calendario
Info da proba

Outes

17/05/2018 10:30 - 13:00
Regulamento REGULAMENTO
A concelleria de Deportes do Concello de Outes será o organizador da XI
Carreira Pedestre de Outes.
Esta carreira estará dentro do VI CIRCUITO PROVINCIAL DE CARREIRAS
POPULARES da Deputación da Coruña.
Celebrarase o xoves 17 de maio, con saida na Prza de Galicia en Serra de
Outes
CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORAS DE SAIDA
CATEGORIA ANO NACEMENTO DISTANCIA HORA DE
SAIDA
CHUPETES 2015E POSTERIOR 50 metros 12.50
PITUFOS 2013 – 2014 100 metros 12.45
PREBENXAMIN 2011 – 2012 225 metros 12.40
BENXAMIN 2009 – 2010 450 metros 12.35
ALEVIN SUB 12 2007 – 2008 1 km 10.30
INFANTIL SUB 14 2005 – 2006 1 Km 10.30
CADETE SUB 16 2003 – 2004 3 km 10.45
XUVENIL SUB 18 2001 – 2002 3 km 10.45
ABSOLUTA 3km 2000 E ANTERIOR 3 km 10.45
JUNIOR SUB 20 1999 – 2000 10 km. 11.20
PROMESA SUB 23 1996 – 1997 -1998 10 km. 11.20
SENIOR 1995 ATA 1984 10 km. 11.20
VETERANOS 1 1983 ATA 1978 10 km. 11.20
VETERANOS 2 1977 ATA 1969 10 km. 11.20
VETERANOS 3 1938 ATA 1959 10 km. 11.20
VETERANOS 4 A PARTIR DE 1958 10 km. 11.20
INSCRICIÓNS
Ata as 24:00 h do luns 14 de maio a través da web de championchip
(www.championchipnorte.com). Para as categorías participantes na carreira de
10 km e Carreira Absoluta de 3Km a inscrición terá un custo de 4 euros para
os non propietarios de chip (2 euros alquiler + 2 euros de inscrición), e de 2
euros para os propietarios de chip amarelo; para o resto de categorías a
inscrición é gratuíta e débese marcar o desconto correspondente na
inscrición. As persoas da carreira absoluta (10 Km) que marquen o desconto
que non lles corresponde, serán eliminados da inscrición.
Ante calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición na web de
championchip, podédesvos dirixir ao teléfono 982816884 ou ao enderezo
electrónico consulta@championchipnorte.com
Os nenos das categorías de chupetes, pitufos e prebenxamín tamén deberán
inscribirse a través de championchip (si quedan fóra do prazo de inscrición
poderán participar igual na carreira. Nestas categorías todos os participantes
inscritos pola web recibirán una medalla.)
DATOS OBRIGATORIOS PARA AS INSCRICIÓNS:
NIF con letra, Nome e Apelidos, Data de Nacemento completa, Sexo,
Localidade, Provincia, Teléfono de contacto (se o ten), Mail de contacto (se o
ten), Nome do Club (se o ten) e Licencia federativa (se ten). Deberá indicar
tamén se está empadroado no Concello de Outes para puntuar nos premios
locais(non vale estar vivindo en outes, hai que estar empadroado).
As inscricións sen datos obrigatorios ou fóra do prazo fixado, tanto para a
proba de 10 Km como as carreiras curtas, non serán admitidas.
RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS, SAÍDA E META
No pavillón polideportivo da Serra, dentro do campo de fútbol, poderanse
retirar os dorsais e os chips ata 30 minutos antes do comezo da carreira na
que o corredor vaia participar. Para facilitar a xestión das carreiras non se
darán dorsais nin chips fóra dese prazo.
Na praza de Galicia situarase a saída e a meta de tódalas carreiras, agás a de
chupetes, pituf@s, prebenxamíns e benxamíns (50, 100, 225 e 450 metros)
que terá lugar dentro do recinto do campo de fútbol.
PREMIOS
Medallas para todos os participantes nas categorias chupetes, pituf@s
prebenxamins e benxamins.
Os corredores de Outes deben indicalo á hora de inscribirse para poder optar
ós premios locais (e necesario estar empadroados).
Trofeos para os 3 primeir@s clasificados en tódalas categorías agás
chupetes, pituf@s, e prebenxamins (nestas categorías todos levarán medalla).
Trofeos para os 3 primeir@s da categoría xeral (10 Km) e para a carreira
absoluta de 3KM.
Trofeo para o primeir@ de Outes da categoría xeral (10 Km) e na carreira
absoluta de 3KM.
Trofeo para o primeir@ de Outes nas categorías: benxamin, alevin, infantil,
cadete e xuvenil.
Trofeo para os tres primeiros clubes na carreira absoluta.
Trofeo para o clube con máis participantes.
Non haberá premios económicos.
Os trofeos non serán acumulativos.
CONTROL DA CARREIRA
A carreira estará controlada pola federación galega de atletismo que
considerará conductas antirregulamentarias do/a atleta polas que poden ser
descalificados:
 Non levar o dorsal perfectamente colocado
 Participar cun dorsal que corresponda a outro corredor.
 Non realizar o percorrido da carreira completo
 Non atender as indicacións dos membros da organización
 Entrar fóra da hora prevista pola organización
 Realizar a inscrición alterando os datos de maeira maliciosa
 Nas carreiras de 1 Km, 3 Km e 10 Km utilizarase un chip como xeito de
cronometraxe electrónica, da empresa Championchip. Este entregaráselle ao
corredor, xunto co dorsal antes do comezo da proba. O chip hai que colocalo
na zapatilla, enganchándoo co cordón. Se o chip vai colocado noutro sitio
córrese o risco de que non funcione correctamente. Ao rematar a carreira hai
que quitalo e entregarllo aos encargados de recoller os chips (na mesa de
entrega de dorsais ou a chegada na linea de meta onde se colocarán unhas
caixas para a súa recollida).
 Calquera outras de análoga natureza, que a xuízo da organización da
carreira poida ser considerada como conducta antideportiva merecedora de
sanción disciplinaria.
 O acompañamento aos corredores por xente allea á organización ou
por vehículos non autorizados será motivo de descalificación
CLAUSULAS ADICIONAIS
- O Concello de Outes, a comisión organizadora e os seus colaboradores non
se fan responsables dos posibles danos morais, físicos ou materiais que a si
mesmos ou a outras persoas lles ocasionen os participantes nesta proba
deportiva, nin outros que con motivo da competición poidan corresponder ante
o seguro deportivo ou outra mutualidade.
- Tódolos participantes, polo feito de tomar a saída, aceptan as presentes
bases e regulamento. En caso de dúbida, decidirá o comité organizador.
- Está prohibido cortar ou dobrar os dorsais.
- E obligatorio devolver o chip
- Os participantes deberán situarse na saída 10 minutos antes do comezo da
proba.
- Na carreira de 10km o percorrido estará sinalizado e contará cun
avituallamento na metade do percorrido.
- O control de chegada na carreira de 10 Km pecharase 40 minutos
despois de que entre na meta o primeiro corredor clasificado.
- A entrega de trofeos está prevista para as 13:05 h dentro do pavillón
polideportivo de Outes.
- Os corredores poderán utilizar o pavillón e os vestiarios do campo de fútbol
para asearse e ducharse despois da carreira.
- O descoñecemento destas bases e do regulamento non exime do seu
cumprimento.
- Tódolos participantes, polo feito de tomar a saída, aceptan as presentes
bases e regulamento. En caso de dúbida, decidirá o comité organizador.
- Todo o non recollido neste regulamento resolverase de acordó co
regulamento da RFEA e a FGA para probas de ruta en vigor.
- Polo ben de todos, rógase aos participantes, acompañantes e demais
público que presencie a proba, un comportamento exemplar cara aos
compañeiros, público, organización e a proba en xeral.
- Todo participante na proba permitirá a divulgación de imaxes desta.