Calendario
Info da proba

Oleiros

16/03/2018 20:00 - 22:00
Regulamento Carrera de la Luz IES Miraflores

Fecha: 16-03-2018

A “II Carrera de la Luz IES Miraflores” é unha iniciativa pioneira na que desde o centro escolar organízase unha actividade deportiva, popular e solidaria. Os fondos recadados polas inscricións dos participantes serán doados na súa totalidade á ONG Dididai. Esta organización sen ánimo de lucro traballa en Bal Mandir, o maior orfanato do Nepal, que acolle mozos e mozas con diversidade funcional. Dididai colabora con este centro de Katmandú para que os menores reciban educación e atención especializada, de forma que melloren as condicións de vida deles e das persoas que os atenden. A proba está organizada polo Instituto de Ensino Secundario Miraflores de Oleiros (A Coruña). O percorrido da proba será en circuíto de asfalto, no Polígono industrial de Iñás (Oleiros), pechado ao tráfico e iluminado. Pasará por Rúa Barbanza, Rúa Salnés, Rúa Soneira e Rúa Silvas. A saída e a meta estarán instaladas nas naves do viveiro municipal de empresas. O horario de comezo da proba será as 20.00. A orde de saída das diferentes categorías será o seguinte:

20:00 BIBERÓNS 2015 e post.
100 m.

20:10 PITUFOS 2013 e 2014
200 m.

20:20 PREBENXAMÍN 2011 e 2012, BENXAMÍN 2009 e 2010, ALEVÍN 2007 e 2008
600 m.

20:30 INFANTIL 2005 e 2006, CADETE 2003 e 2004
1.500 m.

20:40 XUVENIL 2001 e 2002, XUNIOR 1999 e 2000
3 Km.

21:00 PROMESA 1996, 1997 e 1998, SENIOR 1995 a 34 años, VETERANO 35-45 años, SÚPER VETERANO 46 en adiante
6 Km.

INSCRICIÓNS.

Ata o xoves 15 de Marzo ás 24:00.

Límite de inscritos: 500 corredores por orde de formalización.

Prezo das inscricións: Menores de 18 anos. Donativo de 4€. A partir de 18 anos (cumpridos o 16/03/2018). Donativo de 6€.

Dorsal Cero: Habilítase unha inscrición opcional denominada “dorsal cero”, para aquelas persoas que queiran colaborar cos proxectos da ONG Dididai. Poderanse realizar inscricións presenciais, o día da carreira, ata as 20:00 da tarde.

PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN.

A.- Utilizando o formulario desta páxina web no seguinte enlace:


FORMULARIO DE INSCRICIÓN


B.- Enviando un e mail a carreradelaluzmiraflores@gmail.com antes das 24:00 do 15 de marzo de 2018 coa seguinte información:

Datos persoais: nome e apelidos, data nacemento, Nº DNI.

Resgardo ingreso en conta: IES MIRAFLORES ES08 2080 0064 9230 4001 6160

C.- Presentándose no IES MIRAFLORES (Avda. Miguel Hernández 8-15173 Oleiros - A Coruña 881 880845). Neste caso pódese realizar o pago da inscrición en efectivo.

Pola mañá do 12 ao 15 de marzo de 10:00 a 10:30 e de 12:00 a 12:30. Pola tarde o luns 12 e martes 13 de marzo de 16:00 a 18:00.