Calendario
Info da proba

Quiroga

30/03/2018 16:15 - 18:15
Regulamento REGLAMENTO DA PROBA
Art. 1 - Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de
vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará a descalificación dos atletas
acompañados.
Art. 2 - O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen
poder facer ningunha modificación nel.
Art. 3 - Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións . A
participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.
Art. 4 - A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou
materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.
Art. 5 - A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou
circunstancia non contemplada neste regulamento.
Art. 6 - A organización reservarase o dereito de non inscribir a que non cubra correctamente
os datos requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na proba.
Art. 7 - Toda inscripción deberá incluir os datos seguintes: Nome e apelidos, data completa
de nacemento, sexo, e clube.
Art.8 - A data límite de inscripción será o día ata o MERCORES 28 de Marzo ás 14:00
horas na web Champion chip norte (única forma de inscrición na proba absoluta). Se
non eres usuario, debes de darte de alta no apartado “REXISTRARSE” e seguir as
instruccións para formalizar as inscricións que desexes.championchipnorte
Os participantes que participan nas carreiras das categorias dende pitufos ata cadete teñen
que inscribirse en championchipnorte tamén contan coa posibilidade de inscribirse o
mesmo día da proba de 15:00 a 16:00 horas diante da Casa do Concello.
- Non se inscribirá a ningún participante despois desa hora.
- Non se admitirá ningunha inscripción na que falten datos.
Art. 9 - A entrega de trofeos e medallas terá lugar diante do concello ás 18:30 horas
aproximadamente. Ademais todos os participantes recibirán unha camiseta e os primeiros
clasificados serán obsequiados cunha botella de viño por cortesía de Bodegas Mondelo.
Art. 10 - Ó remate da proba, no pavillón municipal,os participantes co desexen poderán
ducharse e asearse
PREMIOS
OS 3 PRIMEIROS DA CATEGORIA ABSOLUTA TANTO MASCULINO COMA
FEMENINO RECIBIRAN TROFEO E OBSEQUIO.
Trofeos e medallas para os tres primeiros de cada categoría tanto masculino como
feminino, e os tres primeiros locais(trofeos non acumulables coa absoluta) Tódolos
participantes serán obsequiados cunha camiseta conmemorativa da proba ata esgotar
existencias. Os tres primeiros de cada categoría da carreira de adultos recibirán como
obsequio botellas de viño da nosa comarca.
CATEGORÍAS DOS PARTICIPANTES E DATAS DE NACEMENTO
PITUFO Atletas nados no 2014 e posteriores
PREBENXAMÍN Atletas nados no 2011, 2012 e 2013
BENXAMIN atletas nados no 2009 e 2010
ALEVIN atletas nados no 2007 e 2008
INFANTIL atletas nados no 2005 e 2006
CADETE atletas nados no 2003 e 2004
XUVENIL atletas nados entre 1996 e 2002
SENIOR atletas nados entre 1984 E 1995
VETERANOS A atletas nados entre 1973 e 1983
VETERANOS B atletas nados entre 1963 e 1972
VETERANOS C atletas nados en 1962 e anteriores
VETERANAS A atletas nadas entre 1973 e 1983
VETERANAS B atletas nadas en 1972 e anteriores
HORARIOS E CATEGORÍAS DOS PARTICIPANTES
16.15 h
PITUFO |2014 e posteriores| - 100 metros (ata o bar a Taberna).
16:20 h
PREBENXAMÍN |2011-2012-2013| - 500 metros
BENXAMÍN |2009-2010| - 500 metros -1 volta a Praza de España
16:25 h
ALEVÍN |2007-2008| - 1.000 metros – 1 volta ó bar Zorro.
16:30 h
INFANTIL |2005-2006| - 2.000 metros
CADETE |2003-2004| - 2.000 metros - ata as piscinas municipais e volta a meta.
17:00 h PROBA ABSOLUTA
XUVENIL |nados entre 1996 e 2002|- 9.000 metros
SENIOR |nados entre 1984 e 1995| - 9.000metros
VETERANOS A |nados entre 1973 e 1983| - 9.000 metros
VETERANOS B |nados entre 1963 e 1972| - 9.000 metros
VETERANOS C |nados entre 1962 e anteriores| - 9.000 metros
VETERANAS A FEMENINO atletas nadas entre 1973 e 1983.
VETERANAS B FEMENINO atletas nadas en 1972 e anteriores.- 9.000m
18:30 h ENTREGA DE PREMIOS (diante do concello)
RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS
Realizarase o día da proba no Concello, en horario de 15:00 h ata media hora antes do
inicio de cada proba.
CONTROL CON CHIP: A proba de adultos estará controlada a través dun CHIP que
se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal (agás propietarios de
chip amarelo) e que deberá colocarse na zapatilla antes da saída da súa proba.
TODOS OS CORREDORES TEÑEN A OBRIGA DE DEVOLVER O CHIP O FINALIZAR A
SÚA PROBA (agás propietarios de chip amarelo). AQUELES CORREDORES QUE
NON ENTREGUEN O CHIP NON ENTRARÁN NAS CLASIFICACIONS NIN RECIBIRÁN
NINGUN TIPO DE OBSEQUIO.
DESCALIFICACIONS: Todo corredor/a que incumpla as normas da competición referentes á
proba en ruta quedará descalificado.