Calendario
Info da proba

A Estrada

22/06/2018 21:00 - 24:00
Regulamento REGULAMENTO VII NOCTURNA ESTRADENSE 2018
Concello da Estrada, en colaboración co Club Deportivo San Paio, Atletismo A
Estrada e CAI A Estrada, organizan o vindeiro venres día 22 de Xuño a VII Carreira
Nocturna Concello da Estrada; a proba será a terceira carreira puntuable para o VI
Circuito “Corre A Estrada Corre” en todas as categorías.
A proba será nocturna, dándolle un maior atractivo, e será o preludio das festas
patronais de San Paio 2018 nun circuito urbano de asfalto de 4 km o cal os corredores, na
proba absoluta, deberán de dar duas voltas.
Tanto a proba absoluta como as probas escolares celebraranse en circuitos
pechados e valados. Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados. A
organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que
colaborarán no control da carreira.
1. CATEGORÍAS:
Poderán participar todas as persoas, sexan ou non federadas, das seguintes
categorías:
 PITUFOS: Atletas nados/as no ano 2013 e posteriores.
 PRE-BENXAMÍN: Atletas nados/as nos anos 2011 e 2012.
 BENXAMÍN: Atletas nados/as nos anos 2009 e 2010.
 ALEVÍN: Atletas nados/as nos anos 2007 e 2008.
 INFANTIL: Atletas nados/as nos anos 2005 e 2006.
 CADETE: Atletas nados/as nos anos 2003 e 2004.
 XUVENIL: Atletas nados/as nos anos 2001 e 2002.
 JUNIOR: Atletas nados/as nos anos 1999 e 2000.
 PROMESA: Atletas nados/as nos anos 1996, 1997 e 1998.
 SENIOR: Atletas nados/as entre os anos 1984 e 1995.
 VETERÁN/A A: Atletas nados/as entre 1974 e 1983.
 VETERÁN/A B: Atletas nados/as entre 1964 e 1973
 VETERÁN/A C: Atletas nados/as no ano 1963 e anteriores.
2. HORARIOS E PERCORRIDOS:
HORA CATEGORÍA DISTANCIA APROX.
21:00 h PITUFOS 100 m
21:10 h PREBENXAMÍN 400 m (1 volta circuito A)
21:20 h BENXAMÍN 800 m (2 voltas circuito A)
21:45 h ALEVÍN 900 m (1 volta circuito Ojo morado
22:00 h INFANTIL 1.800 m (2 voltas circuito A)
22:30 h ENTREGA DE PREMIOS CARREIRAS CATEGORÍAS INFERIORES
23:00 h CADETE 4.000 m (1 volta circuito C)
XUVENIL E JUNIOR
PROMESA,SENIOR E VETERÁN
8.000 m (2 voltas circuito C)
0:30 h ENTREGA DE PREMIOS CARREIRA ABSOLUTA
3. INSCRICIÓNS:
* ADULTOS: (dende xuvenil ata veteráns) Ata o mércores día 20 de Xuño de 2018 as
23:59 horas na web www.emesports.es (única forma de inscrición). Unha vez dentro da
páxina, seguir as instruccións para formalizar as inscricións que se desexen.
* ESCOLARES: (dende pitufos a cadetes) Ata o mércores día 20 de Xuño de 2018 as
23:59 horas na web www.emesports.es (única forma de inscrición) onde deberán indicar
os datos da inscrición requeridos.
A organización resérvase o dereito de aceptar inscricións fora de prazo. Non se
aceptarán inscricións con datos incompletos ou sin todos os datos obrigatorios presentes
no formulario de inscrición online.
Haberá un límite de 600 inscritos na proba absoluta.
Calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán dirixirse ó teléfono
886.153.589.
Calquera dúbida relacionada coa organización da proba poderán dirixirse os
teléfonos 986.570.030 ou no correo deporte s @aestrada.es
O PREZO da inscrición será o seguinte:
 ADULTOS (xuvenil e superiores): 4,00 €
 CATEGORIAS ESCOLARES (de pitufo a cadetes): GRATUITA
4. RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS:
Realizarase o día da proba nunha caseta habilitada para á organización da
carreira, a partir das 19:00 horas na zona de saída/meta, que será o punto de saída e
chegada.
* CONTROL CON CHIP: A proba absoluta (23:00 horas) estará controlada a través dun
CHIP que se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal e que deberá
colocarse na zapatilla antes da saída da súa proba.
TODOS OS CORREDORES TEÑEN A OBRIGA DE DEVOLVER O CHIP O FINALIZAR A
SÚA PROBA. AQUELES CORREDORES QUE NON ENTREGUEN O CHIP NON
ENTRARAN NAS CLASIFICACIONS NIN RECIBIRÁN NINGUN TIPO DE OBSEQUIO.
(Agás propietarios de chip participantes no IV Circuito “Corre A Estrada Corre”).
5. CLASIFICACIÓNS:
A clasificación farase nas seguintes categorías: prebenxamín, benxamín, alevín,
infantil, cadete, xuvenil, junior, promesa, senior, veterán A, veteran B e veteran C; tanto
masculina como feminina. Establécese a clasificación segundo a orde de entrada en
meta.
O participante que ó longo do percorrido cometa algunha irregularidade será
descualificado.
* DESCUALIFICACIONS: Todo corredor/a que incumpra as normas da competición ou
as establecidas nos regulamentos RFEA e FGA referentes a probas en ruta, será excluído
a criterio dos xuices da FGA que farán a supervisión técnica da proba. Todas as
reclamacións deberán ser dirixidas a organización da proba que as valorará cos xuices da
FGA con prazo máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da proba da
que se efectúe dita reclamación.
6. PREMIOS E TROFEOS:
- Obsequio conmemorativo da proba ata esgotar existencias.
- Trofeos os tres primeiros/as clasificados/as de todas as categorías, excepto na categoría
pitufo, que non haberá trofeos e si medalla para todos os participantes.
- Trofeo os tres primeiros/as estradenses en cruzar a liña de meta na proba absoluta.
- Os gañadores da carreira absoluta na categoría masculina e feminina levarán o seu
peso en botellas de Sidra da Estrada, da Asociación Maceira e Sidra.
- So se poderá optar a trofeo na categoría que corresponda o participante segundo a súa
idade e na que figure inscrito en tempo e forma.
-Os premios son acumulativos.
7. OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGULAMENTARIAS:
- Os corredores/as deberán situarse na zona de saída cinco minutos antes do inicio da
sua proba.
- O longo do percorrido haberá controis a cargo da organización.
- Haberá servizo de vestiarios e duchas no pavillón polideportivo Manuel Coto Ferreiro,
sito na zona deportiva.
- Todos os participantes polo feito de tomar a saída aceptan o presente regulamento.
- A organización do VII Carreira Nocturna Concello da Estrada non se fai responsable de
perdas ou danos materiais que se poidan producir, así como outras persoas lle ocasionen
os participantes desta carreira, nin dos que poidan recibir eles por parte de persoas
ou obxectos.
- Haberá un servizo de urxencia dispoñible durante a duración da carreira.