Calendario
Info da proba

Carnota

01/04/2018 10:30 - 14:00
Regulamento REGULAMENTO DA VI
CARREIRA VIQUINGA
CONCELLO DE CARNOTA

Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o
desexen, tanto nenos/as como adultos/as.
CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO DISTANCIAS
Pitufos 2011 – 2014 300 m
Cativos I 2007– 2010 1.000 m
Cativos II 2003 – 2006 3.000 m
Absoluta 2002 e anteriores 19.000 m
NORMATIVA XERAL
1. A carreira estará controlada mediante cronometraxe electrónica.
2. A proba terá unha distancia de 19.000 metros.
3. A saída estará situada na Casa do Concello.
*Nota: os horarios non están libres de sufrir algunha
modificación se se presenta algún imprevisto de última hora. No
caso de que para o día da celebración da proba se decrete unha
alerta laranxa, a proba será suspendida automaticamente.
4. O comezo da carreira será ás 10:30 h, aproximadamente.
5. A organización da proba resérvase o dereito a modificar os
horarios ou o percorrido, así como a aprazar ou suspender a
carreira, se así o estima oportuno, por razóns climatolóxicas ou
de seguridade.
6. Os/as atletas que, durante o transcurso da proba, circulen por
fóra do espazo delimitado polos vehículos de sinalización de
inicio e fin de carreira considéranse, para todos os efectos,
usuarios normais da vía.
CONCELLO DE CARNOTA
Praza San Gregorio, 19
15293 CARNOTA (A Coruña)
C.I.F.: P-1502000-A
Tel.: 981 857032
Fax: 981 857251
7. Toda persoa que corra sen estar inscrita farao baixo a súa
responsabilidade e non poderá participar de trofeos nin
obsequios. Tampouco estará amparada polos seguros da proba.
8. Cada participante toma parte na carreira baixo a súa
responsabilidade e ha de ter un nivel de condición física e saúde
suficiente para afrontala.
9. Debido ao carácter estritamente deportivo e popular da proba,
non se admitirán reclamacións. A participación é libre e leva
implícita a aceptación do Regulamento xeral da proba. O
Concello de Carnota non se fará responsable dos danos físicos,
morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.
Os aspectos non recollidos neste Regulamento resolveranse
segundo o criterio da comisión organizadora, cuxas decisións
serán inapelables.
10. A organización porá á disposición das persoas participantes un
servizo de ambulancia para os/as atletas que presenten algún
síntoma ou lesión.
11. A organización non pode garantir a cobertura ao longo de todo o
percorrido.
12. Ofrécese un servizo de gardarroupa para todo aquel corredor
ou corredora que o precise.
13. A organización pon á disposición dos/das participantes na
carreira o Pavillón Polideportivo Municipal de Carnota para que
se poidan asear.
14. O tempo máximo de duración da proba será de 1:30 h, a partir
da entrada en meta do primeiro corredor ou corredora. A partir
dese intre, os corredores e as corredoras que permanezan en
ruta deberán abandonala e non se garantirá a súa cobertura.
15. Existirá un posto de avituallamento intermedio,
aproximadamente no quilómetro 7, no que se habilitarán
papeleiras para tirar os residuos.
CONCELLO DE CARNOTA
Praza San Gregorio, 19
15293 CARNOTA (A Coruña)
C.I.F.: P-1502000-A
Tel.: 981 857032
Fax: 981 857251
16. Está prohibido tirar desperdicios ou envoltorios ao longo da
carreira. No avituallamento haberá servizo de recollida de
desperdicios.
17. Os únicos vehícul
CONCELLO DE CARNOTA
Praza San Gregorio, 19
15293 CARNOTA (A Coruña)
C.I.F.: P-1502000-A
Tel.: 981 857032
Fax: 981 857251
 Non será posible formalizar inscricións fóra de prazo.
 En ningún caso se devolverá o importe da inscrición.
3. A entrega de dorsais abrirase ás 09:00 horas na Casa do
Concello e permanecerá aberta ata 15 minutos antes do inicio da
proba.
4. Calquera atleta con problemas médicos (alerxia, atencións
especiais, etc.) deberá facelo constar no reverso do dorsal da
proba.
5. As inscricións realizaranse nos lugares que se indican no
regulamento dentro dos prazos sinalados. Quen non se axuste a
estas indicacións non poderá participar na proba.
CLASIFICACIÓNS, TROFEOS, MEDALLAS E A SÚA ENTREGA
1. Establécense os seguintes premios:
 Trofeo ou medalla aos/ás 3 primeiros clasificados e
clasificadas da categoría Sénior e M50.
 Trofeo ao/á mellor clasificado/a empadroado/a ou nado/a no
concello de Carnota.
 Medalla para todas as persoas participantes nas categorías
base. En categoríaPitufo levarán medalla todos/as os/as
participantes. Nas categorías Cativos I e Cativos II, levarán
medalla todos/as os/as participantes, e subirán ao podio
os/as tres primeiros/as de cada unha destas categorías.
 Agasallo conmemorativo para todas as persoas participantes
na carreira.
2. As clasificacións da carreira poderán consultarse na páxina web
de Galitiming.
CONCELLO DE CARNOTA
Praza San Gregorio, 19
15293 CARNOTA (A Coruña)
C.I.F.: P-1502000-A
Tel.: 981 857032
Fax: 981 857251
PERCORRIDOS E HORARIOS
SÉNIOR E M50
O percorrido e o track das categorías Sénior e M50 poderase
consultar en https://es.wikiloc.com/rutas-carrera-por-montana/trailcarreira-vikinga-carnota-2018-22653350
CATEGORÍA IDADES DISTANCIA HORARIOS
Pitufo Mixto 2011 – 2014 300 m (aprox.) 11:30 horas
Cativos I Masculino 2007 – 2010 1.000 m (aprox.) 11:15 horas Feminino
Cativos II Masculino 2003 – 2006 3.000 m (aprox.) 10:45 horas Feminino
Sénior Masculino 2002- 1969 19.000 m (aprox.) 10:30 horas Feminino
M50 Masculino 1968 e
anteriores 19.000 m (aprox.) 10:30 horas Feminino
CONCELLO DE CARNOTA
Praza San Gregorio, 19
15293 CARNOTA (A Coruña)
C.I.F.: P-1502000-A
Tel.: 981 857032
Fax: 981 857251
*Nota: os horarios non están libres de sufrir algunha modificación se
se presenta algún imprevisto de última hora. No caso de que para o
día da celebración da proba se decrete unha alerta laranxa, a proba
será suspendida automaticamente.