Calendario
Info da proba

Vigo - Cidade Universitaria

22/04/2018 9:30 - 12:30
Regulamento Happy Go Running - Andaina

A andaina HappyGoRunning - Cidade Universitaria é unha iniciativa da Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo na que colabora o Concello de Vigo e Cidade Universitaria S.A.

A andaina terá unha distancia de 10 km recorrendo os arredores do campus Lagoas-Marcosende.

> Inscricións:
As inscricións efectuaranse exclusivamente a través do enlace coa páxina web deporxest.uvigo.es ata o 18 de abril de 2018.

> Outros servizos:
As persoas participantes terán a súa disposición servizo de comedor, cafeterias, ludoteca, duchas, vestiarios e gardarroupa.

> Máis información:
Para máis información consultade a web da Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo.