Calendario
Info da proba

Mugardos

17/03/2018 19:30 - 21:00
Regulamento II MILLA NOCTURNA CONCELLO DE MUGARDOS
REGULAMENTO E INFORMACIÓN
Artigo 1. DENOMINACIÓN.
O Concello de Mugardos a través da Concellaría de Deportes organiza a II Milla nocturna Concello de
Mugardos o sábado, 17 de marzo de 2018.
Artigo 2. PARTICIPACIÓN.
A II Milla nocturna Concello de Mugardos terá saída e meta no Parque da Constitución, presentará un
circuíto urbano adoquinado, pensado para todas as idades, que abarcará desde los 300 a los 1.609
metros.
Poderán tomar parte nesta proba todas aquelas persoas que o desexen, sempre que estean
correctamente inscritas.
Artigo 3. DISTANCIAS, PERCORRIDO E CATEGORÍAS.
A primeira saída establécese ás 19:30 para a proba de pre-benxamíns, á que se lle sumaran o resto de
categorías segundo o seguinte cadro.
SAÍDA CATEGORÍA HORA DISTANCIA
1 PRE-BENXAMÍN MASC. E FEM. 2011 – 2012 e 2013 19:30 150 M.
2 SUB10 MASCULINO E FEMENINO 2.010 – 2.009 19:40 800 M.
3 SUB 12 MASCULINO E FEMININO 2.008 – 2.007 19:50 800 M.
4 SUB 14 MASCULINO E FEMININO 2.006 – 2.005 20:00 1609 M.
5
SUB 16 MASC E FEM 2.004 – 2.003
20:10 1.609M
SU18 - 20 MASC E FEM 2002 – 1999
6
SUB 23 FEMININA 1.998 -1.997 - 1996
20:30
SENIOR FEMININA 1.995 a 34 años
MÁSTER A FEMININA 35 a 44 años
MÁSTER B FEMININA 45 a 54 años
MÁSTER C FEMININA 55 en diante
7
SUB 23 MASCULINO 1.998 -1.997 -1996
20:50 1.609 M.
SENIOR MASCULINO 1.995 a 34 años
MÁSTER A MASCULINO 35 a 44 años
MÁSTER B MASCULINO 45 a 54 años
MÁSTER C MASCULINO 55 en diante
ENTREGA DE PREMIOS 21:15
Artigo 4. INSCRIPCIÓNS.
As inscricións poderán formalizarse até o mércores 14 de marzo de 2018 ás 17:00h a través da web
www.carreirasgalegas.com da FGA.
Os prezos de inscrición será de:
• Gratuíta para categorías menores ate a Xuvenil-Iunior (Sub18-20)
• 5€ para todos as categorías Promesa (Sub 23) e superiores.
Artigo 5. RETIRADA DE DORSAIS.
O día da proba no Club do Mar de Mugardos dende as 17:30 até media hora antes de cada saída.
A organización poderá pedir un documento de identidade ou a copia da inscrición. No caso, de querer
recoller o dorsal de outra persoa ten que levar unha autorización por escrito e fotocopia del DNI da
persoa á que se lle quere recoller el dorsal. No caso de clubs, un representante acreditado poderá
retirar todos os dorsais do mesmo.
Artigo 6. CRONOMETRAXE.
A cronometraxe da proba realizarase mediante Chip reutilizable, polo que é obrigatoria súa devolución.
Haberá control en saída e meta, debendo pasar todos os corredores obrigatoriamente polas alfombras
de control.
Artigo 7. DESENVOLVEMENTO DA PROBA
A organización fará 6 saídas de como máximo 24 participantes, podendo dividir categorías para
favorecer o bo desenvolvemento das diferentes carreiras.
Artigo 8. PREMIOS.
A organización entregará premio
Artigo 10. CIRCUITO.
O circuíto estará pechado ao tráfico rodado dende a rotonda de entrada ao peirao mugardés na Avenida
do Mar até o Parque da Constitución. Neste tramo restrinxirase o aparcamento e o acceso rodado. O
circuíto contará con 800 m. Proba oficial da FGA con distancia non homologada
Plano da proba
Artigo 11.
As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non máis tarde de 30 minutos
despois de comunicarse oficialmente os resultados.
Artigo 12.
Será motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar o circuíto da
carreira, non levar dorsal, ou manipular os datos persoais.
Todo o non disposto no presente regulamento rexerase polas normas de competición da FGA,
RFEA e a IAAF.
Comité Organizador
Presidenta : María del Pilar Díaz Otero, Alcaldesa do Concello de Mugardos.
Vicepresidente: Dolores González Lorenzo, Presidenta da Comisión de Deportes.
Secretaria: María del Mar Nóvoa Conde, Presidente da Comisión de Deportes.
Vogais: Manuel Polo Técnico de deportes do Concello de Mugardos e un representante da
FGA.
Comité executivo
Presidenta : María del Pilar Díaz Otero, Alcaldesa do Concello de Mugardos.
Vicepresidente: Dolores González Lorenzo, Presidenta da Comisión de Deportes.
Secretaria: María del Mar Nóvoa Conde Administrativa da Comisión de Deportes.
Vogais: Manuel Polo Técnico de deportes do Concello de Mugardos, Responsable de policía e
protección civil do Concello de Mugardos e un representante da FGA.
OUTRAS DISPOSICIÓNS Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo
alleo á organización; nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan
acompañar, avituallar ou marcar ritmos aos participantes.
ASISTENCIA MÉDICA E SEGUROS: A organización contará con servizos médicos e ambulancia
na zona de saída/meta desde unha hora antes do comezo das probas e ata media hora despois
da finalización. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para
retirar da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o
desenvolvemento da mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil
e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia
directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecimiento
latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén
quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde
o mesmo. A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se
expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da
participación no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou
sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante
cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de
Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a
saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir alguna
situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador
e polas normas da FGA, RFEA e IAAF en vigor.