Calendario
Info da proba

Santiago -APLAZADA

11/03/2018 10:00 - 14:00
Regulamento A Carreira Popular We Are Ready Universidade de Santiago de Compostela está organizada por
Redkampus Press, S.L. coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela e conta co
patrocinio de El Corte Inglés.
DÍA: 11 de marzo
HORA: 11:00
LUGAR: Estadio de Atletismo da USC – Campus Sur de Santiago de Compostela.
DISTANCIA: 10KM, tempo máximo para completala 1 hora e 30 minutos.
Haberá unha carreira non competitiva e SOLIDARIA POLA EDUCACIÓN de 100 m. con saída as 10:45
horas. de carácter gratuíto aínda que existe a posibilidade de facer unha doazón de 2, 3 ó 5 euros, que
irán parar íntegros ao proxecto deportivo que decida a Universidade.
SAIDA e META: Estadio de atletismo da USC
INSCRICIÓNS en http://www.weareready.es ata o xoves 8 de marzo ás 23:59 e na pranta de deportes
de El Corte Inglés de Santiago o venres 9 de marzo de 15 a 21 h. e sábado 10 de marzo de 11 a 15 ou
ata esgotar as inscricións dispoñibles. Non se admitirán inscricións despois desta data e hora. O límite
de inscricións é de 2.000. realizaranse na páxina e o custo será de 8 euros, dos cales 3 euros irán parar
a un proxecto solidario elixido pola USC.
As inscricións para os 100 m SOLIDARIOS POLA EDUCACION poderán realizarse ata o mesmo día da
carreira xusto antes da saída na carpa habilitada para iso na zona de After Running, ou por anticipado
escribindo a info@weareready.es .Os participantes recibirán coa inscrición un dorsal conmemorativo co
número ‘000’
RECOLLIDA DE DORSAIS
A recollida de dorsais será na sección de Deportes do Corte Inglés de Santiago de Compostela o venres
9 de marzo de 15 a 22 h. e o sábado 10 de marzo de 11 a 21 h. Para iso será imprescindible presentar o
e-mail de confirmación da inscrición ou DNI.
Os inscritos nos 100 m SOLIDARIOS POLA EDUCACION recibirán unicamente un dorsal.
NO SE ENTREGARÁN DORSALES EN LA LÍNEA DE SALIDA PARA LA CARRERA DE 10 km.
PERCORRIDO: (Anexo II)
SAÍDA: Pistas de Atletismo da USC, Av. das Ciencias, Av. do Profesor Legaz Lagambra, Av. das Burgas, Av.
de Novoa Santos, Rúa de José María Suárez Núñez, Estrada de San Lorenzo, Rúa de San Lorenzo, Rúa de
Poza de Bar, Rúa do Cruceiro do Gaio, Rúa das Galeras, Rúa do Morón, Rúa dos Pelamios, Parque da
Múseca, Av. Burgo das Nacións, Av. de Castelao, Rúa de Vista Alegre, Rúa de Salvadas, Rúa de Morón,
Rúa das Galeras, Rúa do Cruceiro do Gaio, Rúa de Poza de Bar, Rúa de San Lorenzo, Av.de Novoa Santos.
META: Estadio de Atletismo da Universidade de Santiago de Compostela.
CRONOMETRAXE E CLASIFICACIÓNS
A cronometraxe será efectuado pola Federación Galega de Atletismo mediante chip desechable no
dorsal.
Ao finalizar a proba publicaranse de forma oficiosa as clasificacións de todas as categorías, realizando a
convocatoria para a cerimonia de entrega de premios aos atletas correspondentes e posteriormente
publicarase a clasificación oficial na páxina www.weareready.es
DEREITOS DE INSCRICIÓN 10 km #WeAreReadyUSC


1. Participación na carreira
2. Camiseta técnica.
3. Participación nos sorteos.
4. After running con avituallamiento, música e sorteos.
5. Dorsal-chip.
6. Seguro de accidentes.
7. Servizo de gardarroupa en zona after running
8. Asistencia sanitaria en carreira.
Os participantes, ao realizar a inscrición, consenten que se publiquen os seus nomes e apelidos xunto co
número de dorsal na web de inscrición e nas listas da zona de recollida de dorsal, así como o seu tempo
e clasificación no taboleiro oficial da proba e na web da proba.
CATEGORÍAS
•Popular absoluta (Masculina e Feminina) *Idade mínima 16 anos con autorización paterna (Anexo I)
•Universitaria Alumnos USC (Masculina y Feminina)
•Universitaria PAS/PDI USC (Masculina y Feminina)
PREMIOS
Recibirán medallas os 3 primeiros clasificados de cada categoría, tanto masculinos como femininos e
tamén recibirán:
1º Cartón Regalo


PROTECCIÓN DE DATOS
O participante autoriza a Redkampus Press S. L., empresa produtora e á Universidade de Santiago de
Compostela, para que incorpore os seus datos a un ficheiro da súa titularidade coa única finalidade de
xestionar a promoción.
O participante autoriza ao Corte Inglés S.A. para que incorpore os seus datos a un ficheiro da súa
titularidade coa finalidade de facerlle chegar ofertas comerciais do seu interese, así como a cesión dos
mesmos ao resto das empresas do grupo El Corte Inglés, coa mesma finalidade.
Os participantes poderán exercitar en calquera momento, os dereitos de acceso, rectificación,
cancelación ou oposición previstos na LOPD. Para ese efecto, deberán dirixir unha solicitude por
escrito á clientes@elcorteingles.es ou ò correo postal: EL CORTE ÍNGLES, S.A., REF. L.Ou. P.D., Rúa
Hermosilla, 112. 28009-Madrid, indicando a petición en que se concreta a solicitude.
A inscrición leva consigo a autorización ao organizador, promotor e produtor para a gravación dos
participantes por calquera medio, así como a cesión dos seus dereitos de imaxe nos distintos soportes
para darlles uso publicitario, incluíndo a súa difusión por calquera medio, sen dereito a recibir
compensación económica algunha.
CAMBIOS NA PROBA POR CAUSAS DE FORZA MAIOR
Por causas meteorolóxicas, de seguridade ou calquera outra causa de forza maior, a organización
poderá modificar os horarios, datas ou mesmo o percorrido da proba se fose necesario para a
adecuada celebración da proba, mesmo poderá realizar a cancelación da proba coa devolución
correspondente do custo da inscrición. A organización non atenderá reclamacións relativas a estes
cambios.
ACEPTACIÓN DEL REGLAMENTO
Todos os participantes polo feito de tomar a saída na carreira, aceptan o presente Regulamento, e en
caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non reflectida no mesmo, estarase ao que dispoña o
Comité Organizador.
A inscrición implica ler, entendido e adquirido o compromiso que a continuación se expón:
“Certifico que estou en bo estado físico e psicolóxico. Eximo á organización, a empresa promotora, a
empresa produtora e os patrocinadores de toda responsabilidade que da participación no evento
puidese derivar, tal como a perda de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias. Renuncio a
toda acción legal que puidese derivarse da participación no evento. Autorizo aos organizadores,
promotores e produtores do evento á gravación total ou parcial da miña participación no mesmo
mediante fotografías, películas, televisión, radio, vídeo e calquera outro medio coñecido ou por
coñecer, e cedo todos os dereitos relativos á súa explotación comercial e publicitaria que consideren
oportuno exercitar, sen dereito pola miña banda a recibir compensación económica algunha”.
A inscrición na carreira é persoal e intransferible. Non se admitirán devolucións, baixo ningunha causa
do importe da inscrición.
A organización non asumirá ningunha responsabilidade se o evento suspéndese ou apraza por razóns
de forza maior.
A organización resérvase o dereito de realizar algún cambio no presente regulamento se así o
considerase, debendo comunicalo na web e na información do corredor.
AFTER RUNNING
O evento conta cunha zona de After Running onde poderedes gozar das diferentes actividades e
servizos como gardarroupa.
A zona abrirase unha hora antes da saída para dar cabida ao servizo de guardarropía, e pechará
despois de que teñan lugar todas as actividades, sorteos e entrega de premios.
HORARIOS DE INTERÉS
RECOLLIDA DE DORSAIS en El CORTE INGLÉS – Sección de Deportes
VENRES 9 DE MARZO
15:00 a 21:00
SÁBADO 10 DE MARZO
11:00 a 21:00
CARREIRA
DOMINGO 11 DE MARZO
10:00 APERTURA DA ZONA AFTER RUNNING
10:45 SAÍDA 100m. SOLIDARIOS POLA EDUCACION
11:00 SAÍDA 10 Km #WeAreReadyUSC
11:30 CHEGADA APROXIMADA PRIMEIRO CLASIFICADO
12:30 PECHE CARREIRA 10 km.
12:15 ACTIVIDADES
13:00 ENTREGA DE TROFEOS E SORTEOS
14:00 PECHE DA ZONA AFTER RUNNING