Calendario
Info da proba

Barreiros

17/06/2018 11:30 - 14:00
Regulamento BASES “VI CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS”
ORGANIZA: Peña Barcelonista San Miguel
COLABORA: Café Bar Moderno – Hotel Ría do Masma – Actiboot – Casa Elena Turismo Rural - Taxi
Valea - Pinturas Centeno - Concello de Barreiros - Agrupación Protección Civil de Barreiros -
Deputación de Lugo
DATA: 17 de xuño de 2018
HORA: 11.15 H. Probas infantiles – 12.30 H. Proba adultos
LUGAR: PUNTA ANGUIEIRA – SAN BARTOLO – BARREIROS – (LUGO). Diante Hotel Ría do
Masma.
SAIDA ADULTOS: Praia de Arealonga, Santiago de Reinante, xunto Restaurante La Yenka.
CHEGADA ADULTOS: Diante do Hotel Ría do Masma
CARREIRAS INFANTILES: En praia de Altar
RECOLLICA DE DORSALES: Hotel Ría do Masma (zona meta)
CRONOMETRAXE: Adultos con chip a través da empresa Galitime
INSCRIPCIÓNS:
Inscripción e información a través da web www.carreiradaspraias.galitiming.com e
www.carreirapopulardaspraias.jimdo.com
Adultos: 5 €
Nenos ata cadete: gratuita
O prazo remata o día 13 de xuño
Tfnos: 649 571 360
Datos a aportar polos participantes: Apelidos e Nome, DNI, data nacemento, sexo, tfno. contacto, e-mail.
Recollida de dorsais: Día da carreira ata 15 minutos antes da cada proba, na mesa adicada a tal fin diante
do Hotel Ría do Masma, en Punta Anguieira, San Bartolo.
CATEGORIAS E DISTANCIAS:
- PITUFOS: NADOS 2014 - 2018 / 100 m. – Carreira non competitiva
- PREBENXAMIN: 2011- 2013/ 200 m. – Carreira non competitiva
- BENXAMIN: 2009 – 2010 / 400 m.
- ALEVIN: 2007 – 2008 / 800 m.
- INFANTIL: 2005 - 2006 / 1.200 m.
- CADETE: 2001- 2004 / 2.000 m.
CATEGORIAS ADULTOS – 10 KM
- ALTAR: 1983 – 2000
- LONGARA: 1973 – 1982
- AS PASADAS: 1963 – 1972
- AREALONGA: NACIDOS ANTES DE 1963
PREMIOS:
Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría, tanto masculino como femenino.
Asimesmo haberá premio para os gañadores absolutos masculino e femenino.
A organización ofrecerá obsequios varios e avituallamento ós participantes.
Por tratarse dunha proba deportiva popular non haberá premios en metálico.
PERCORRIDOS:
Os percorridos infantís serán na propia praia de Altar, con varias distancias dependendo das categorías.
Adultos. Saida na Praia de Arealonga (en Santiago de Reinante, xunto ó Restaurante La yenka) e a
chegada será na praia de Altar, diante do Hotel Ría do Masma.
Existirá un avituallamento líquido a metade de carreira.
Con este novo percorrido, os participantes pasarán por toda-las praias de mar do Concello de Barreiros.
Arealonga, As Pasadas, Lóngara, Fontela-Balea, Coto, Remior, San Bartolo e Altar. Asimesmo
pasaremos polo Castro de San Miguel de Reinante, carreiros de pescadores e paseo marítimo, algo que fai
desta carreira algo especial.
VARIOS:
A organización poñerá a disposición dos participantes un servicio de autobús para o desprazamento
dende a zona de meta á zona de saida.
O servizo de autobuses empezará ás 11.30 h e remata á 12.10 h.
A organización entregará os participantes unha mochila co seu número de dorsal, para que estos a usen se
así o desexan para mandar algunha prenda de abrigo dende a liña de saida ata a meta. Estas bolsas
entregaranse a un responsable da organización antes da saida e poderanse recoller na zona de meta á sua
chegada, identificándose co dorsal.
Haberá servizo de duchas na zona de meta.
Por tratarse dunha proba deportiva e popular, sen ánimo de lucro, a organización non se fai responsable
dos danos físicos, materiais, morais e de calquer índole que poidan sufrir os participantes ou os seus
acompañantes.
Os participantes deberán levar sempre visible e na parte dianteira o dorsal que facilitará a organización.
En caso contrario poderán ser descalificados, coa conseguinte pérdida de dereitos.
Os participantes deberán pasar por todos os puntos sinalados do percorrido. O incumprimento disto dará
lugar á descalificación do infractor.
Os participantes poderán ser descalificados por comportamento antideportivo ou outro tipo de accións que
a organización considere inapropiadas.
Os participantes aceptan o regulamento desta proba, así como autorizan á organización á publicación de
fotografías, vídeos, e clasificacións nas que poidan aparecer.
A organización poderá pedir un documento acreditativo da identidade.
Aseos e aparcadoiro na área de Punta Anguieira.
Os circuitos poderanse consultar na web da carreira