Calendario
Info da proba

# GMTA 2 - Río da Fraga

15/07/2018 9:30 - 13:30
Regulamento # GMTA 1: VII Trail Río da Fraga

As inscricións estarán abertas dende o 28/5/2018 ata o 8/7/2018 na web de PROZIS

Trátase dunha das poucas probas que leva organizando GMTA dende o seu primeiro ano, xunto co Galiñeiro e o Courel... que son as únicas que faremos este ano 2018.

Proba atractiva para os recén incorporados ao mundo do trail polo seu perfil sinxelo, unha distancia asequible e un percorrido cheo de auga e ríos que atravesar, que o fan moi divertido e refrescante para unha mañá de verán.

Como xa é tradicional, a auga será un dos principais alicientes desta proba xa que antes do segundo km xa estaredes todos ben empapados ata a cintura. Despois de cruzar o Barranco do Faro e o Río da Fraga 4 ou 5 veces xa tanto vos dará un carreiro de auga.

Se o que vos gusta é fatarvos a rír e chegar lixados a meta esta é a vosa proba raíña.

O percorrido deste ano non terá mutacións substanciais en relación do que tivo o último ano, pero a gran novidade é que haberá versión curta para os menos ousados, así que os datos básicos son:

Trail:

- Distancia: 20, 5 km.
- 900 m D +

Mini Trail

- Distancia: 13, 5 km.
- 400 m D +