Calendario
Info da proba

Pazos de Borbén

18/03/2018 10:30 - 13:00
Regulamento IV TRAIL E ANDAINA MONTES DA ERMIDA
INFORMACIÓN E REGULAMENTO
Data: domingo, 18 de Marzo de 2018
Lugar: A Ermida, Pazos de Borbén.
Organiza: Asociación Deportiva CAR.
Colabora: Concello de Pazos de Borbén.
Hora de saída: Andaina ás 10:00 h. Carreira ás 10:30 h.
A saída se dará lugar na Casa da Escola da Ermida.
A meta estará situada no mesmo lugar da saída, asi como o avituallamento final.
Recollida de dorsais: Efectuarase dende as 9 da mañá na zona de saída ata media hora antes do
inicio de cada proba.
Percorrido: 19km e 500m de desnivel positivo para a carreira, 11km e 300m de desnivel positivo
para a andaina.
As inscripcións serán a través de https://championchipnorte.com/ ou presencialmente en Zapatería
Susuela (Rúa do Adro 32, Redondela)
Habrerá un límite de 200 inscritos no trail e 150 na andaina, os dorsais son intransferibles.
Data límite xoves 15 de Marzo ás 23:59.
Non se admitirán inscricións no mesmo día da proba.
O prezo da inscripción é de 8€ para a carreira e de 5€ para a andaina, os pagos efectuaranse
mediante a pasarela de pago de championchipnorte.com
1€ de cada inscripción irá destinado á Asociación de veciños da Ermida co obxetivo da repoblación
dos montes queimados.
Participación, clasificación e trofeos
Poderán participar na carreira todos aqueles corredores, que tendo cumprido os 18 anos de
idade no día da proba, e baixo a súa responsabilidade, se consideren en condicións físicas aptas para
afrontala. Na andaina non haberá límites de idade, podendo participar menores baixo a custodia
dun responsable con unha autorización firmada e acollendose á premisa anterior.
O control de tempos na carreira se efectuará na liña de meta de forma manual. Para
facilitar a toma de tempos, todos os corredores deben levar no peito de forma que esté ben visible o
seu dorsal, de non ser así non aparecerá na clasificación final.
Haberá trofeos para os 3 primeiros clasificados masculino e feminino das seguintes categorías:
Senior – menores de 40 anos
Veteranos – de 40 en diante
Tamén haberá trofeo para o clube mellor clasificado, no que deberá haber un mínimo de
catro integrantes, homes ou mulleres. A clasificación se confeccionará sumando os postos dos catro
primeiros clasificados de cada clube. O vencedor será o que menos postos sume.
Post carreira e andaina:
Os participantes disporán se duchas a algo máis de 2 km do punto de saída - meta, no
Pavillón Municipal de Pazos de Borben.
Ó finalizar as probas, despois da chegada a meta do último participante, disfrutaremos dun
avituallamento sólido final e se procederá á entrega de trofeos.
Durante a proba:
Haberá un ou dous puntos de avituallamento líquido intermedio nunha zona do percorrido
acotada para tal fin, da cal non se poderá saír cos envases dispostos.
Sendo respetuosos co medio, queda prohibido tirar desperdicios ou envoltorios ó longo do
percorrido das probas.
Seguirase en todo momento o percorrido marcado e balizado pola organización.
Todo participante ten o deber de prestar socorro a outro participante que esté en perigo ou
accidentado. A privación de auxilio será penalizada coa descalificación inmediata. No caso de
retirada, avisarase ó persoal da organización.
Todos os participantes quedarán cubertos por un seguro de accidentes, así como pola
presencia dos servicios de protección civil e unha ambulancia que se situará na zona de chegada.
Os participantes autorizan ós organizadores ó posible rexistro e publicación de fotos e
vídeos en relación coa súa participación no evento.
A organización non garante a cobertura en todo o percorrido, sendo o participante o
principal responsable de sí mesmo, en coñecemento da súa forma física e saúde.
A Asociación Deportiva CAR non se fará responsable dos danos físicos, morais ou materiais
derivados da participación neste evento.
Para a participación no evento é preciso declarar no momento da inscripción o coñecemento
e aceptación do regulamento que se acaba de mostrar.
Mais información no Facebok ou en http://car-asociondeportiva.es.tl/